Saltar ao contido

Burj al-Arab

Burj al-Arab
Dubai Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Estilo
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
Jumeirah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Enxeñeiro estrutural
Atkins (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1999 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1 de decembro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
 321 m Editar o valor en Wikidata
 Pisos sobre o solo
 56 Editar o valor en Wikidata
 Pisos subterráneos
 3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF388144782714151116218 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02mzm9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: burjalarab Twitter: BurjAlArab Instagram: burjalarab Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Burj al-Arab (en árabe: برج العرب; en galego: Torre dos árabes) é un hotel que se atopa na cidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos). Foi inaugurado o 1 de decembro de 1999.

Características

[editar | editar a fonte]

Cunha altura de 321 metros, é o edificio máis alto de uso exclusivo como hotel de todo o mundo e un dos edificios hostaleiros máis representativos. Está situado no mar, sobre unha illa artificial localizada a 280 metros da praia no Golfo Pérsico. Está conectado con terra firme mediante unha estrada.

A construción do edificio iniciouse en 1994 e inaugurouse oficialmente o 1 de decembro de 1999. A súa construción intenta recordar un barco e está situado de forma que a súa sombra non cubra a praia. No punto máis alto do hotel atópase un heliporto.

O hotel está catalogado como de sete estrelas, categoría que vai máis aló da clasificación normal dos hoteis, de 1 a 5, debido ás súas características realmente excepcionais que o diferencian de calquera outro tipo de hotel no mundo. No Burj al-Arab non teñen habitacións normais senón que ten 202 suites dobres. A máis pequena destas suites ocupa unha área de 169 m² mentres que a maior cobre unha área de 780 m².

O hotel ten unha suite real a cal vale 28000 dólares a noite. Tamén ten un servizo de automóbiles Rolls-Royce de luxo dispoñible para cada hóspede. Ademais na súa cociña conta con afamados chef. As reservas pódense facer desde a páxina oficial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]