Economía dos Emiratos Árabes Unidos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Economía de Emiratos Árabes Unidos | |
---|---|
Moeda | Dirham dos Emiratos Árabes Unidos |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OPEP |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 269,8 mil millóns (2013) |
Posición do PIB | 50ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 4% (2013) |
PIB per cápita | 29 900 (2013) |
PIB por sector | agricultura 0,6%, industria 61,1%, servizos 38,2% (2013) |
Inflación | 1,3% (2013) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 4.588.000 (2013) |
Forza de traballo por sector | agricultura 7%, industria 15%, servizos 78% (2000) |
Desemprego | 2,4% (2013) |
Industrias | petróleo e petroquímica, pesca, aluminio, cemento, fertilizantes, reparación de barcos comerciais, materiais de construción, construción de barcos, artesania, téxtiles |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 368,9 mil millóns (2013) |
Produtos de exportación | petróleo bruto 45%, gas natural, reexportacións, peixe seco, dátiles |
Principais mercados | Xapón 15.4%, India 13.4%, Irán 10.7%, Tailandia 5.5%, Singapur 5.5%, Corea do Sur 5.3% (2013) |
Importacións | 249,6 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos de transporte, produtos químicos, alimentos |
Principais mercados | India 17%, República Popular da China 13.7%, Estados Unidos 10.5 %, Alemaña 5.1%, Xapón 4.2% (2013) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 167,9 mil millóns (2013) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Os Emiratos Árabes Unidos teñen unha economía aberta con elevado PIB per cápita e expresivos superavits comerciais[1]. É a segunda máis grande do mundo árabe, despois da de Arabia Saudita.
As actividades económicas tradicionais do país son a recolla de dátiles, de perlas, a cría de camelos e a pesca. Dende os anos 1970 a explotación de petróleo e gas natural son as actividades máis importantes. Os esforzos realizados no sentido de diversificar a economía reduciron a participación do petróleo e do gas natural no Produto interior bruto a só un 25%[1].
Desde o descubrimento de petróleo nos Emiratos hai máis de 30 anos, o país pasou por unha profunda transformación, dunha rexión de principados empobrecidos no medio do deserto a un país moderno cun alto nivel de vida. O gasto do goberno ampliou a creación de empregos, e a expansión das infraestruturas aumentou a contribución económica do sector privado[1]. En abril de 2004 o país firmou cos Estados Unidos un tratado de comercio e investimento e en novembro do mesmo ano concordou en comezar a negociar un acordo de libre comercio. A pesar disto, as negociacións non seguiron adiante[1].
A crise financeira global, reducindo o crédito internacional e os prezos dos activos afectou ao país en 2009. O goberno intentou reducir o impacto da crise aumentando os seus gastos e aumentando a liquidez do sector bancario[1]. O Banco Central dos Emiratos e os bancos localizados en Abu Dabi recibiron a parte máis grande dos investimentos[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 11 de maio de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).