Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°00′43″N 04°21′34″L / 52.01194, -4.35944

Delft
Delft
Flag of Delft.svg
Coat of arms of Delft.svg
Delft (13).JPG
Delft
Localización
Delft en Países Baixos
Delft
Delft
País Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
Xeografía
Altitude 1 msnm
Superficie 24,08 km²
Demografía
Poboación 98 679 hab. (2012)
Densidade 4 201 hab/km²
Outros datos
Código postal 2600–2629
Alcalde Marja van Bijsterveldt(CDA)
Páxina oficial

Delft é unha cidade e un concello da Holanda Meridional, nos Países Baixos, a metade de camiño entre Rótterdam e A Haia. Conta con 94.098 habitantes (2005). É particularmente salientable a zona vella no centro da cidade, tradicionalmente neerlandesa e estruturada con canles. É tamén coñecida pola súa cerámica, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft e pola súa asociación coa familia real.

Historia[editar | editar a fonte]

Coñécese a existencia da cidade desde o século XIII. Recibiu o seu foro o 15 de abril de 1246 de mans do conde Guillerme II. En 1536 gran parte da cidade foi destruída por un incendio.

O vínculo da Casa de Orange con Delft comezou cando Guillerme I de Orange (o Taciturno) fixo do lugar a súa residencia, en 1572. Guillermo dirixiu a loita contra España durante a Guerra dos Oitenta Anos.

Delft era naquel momento a terceira cidade máis importante dos Países Baixos, tras Dordrecht e Haarlem, e dispuña de murallas. Á morte de Guillerme en 1584, asasinado por Balthasar Gérard no coñecido como Pazo do Príncipe, o panteón da familia en Breda estaba nas mans dos españois. Foi enterrado naigrexa nova (Nieuwe Kerk), o que iniciou unha tradición para a casa de Orange que continúa ata o noso tempo.

Durante o século XVII, e grazas á industria da cerámica e á apertura dunha sede da Compañía das Indias Orientais, Delft viviu a súa idade de ouro. No entanto, en 1654 unha parte da cidade foi destruída novamente pola explosión dunha polvoreira. Tras a declaración de guerra e invasión dos Países Baixos por parte de Inglaterra, Francia, Colonia e Münster en 1672, comezou o decaemento da economía da cidade, que pasou a ser superada en importancia política e económica polas súas veciñas A Haia, como centro de goberno, e Rótterdam, como cidade portuaria. No século XIX só quedaba unha fábrica de porcelana aberta, De Porceleyne Fles, que continúa a existir nos día de hoxe.[1]

Cultura[editar | editar a fonte]

Artesanía[editar | editar a fonte]

Prato do século XVIII, representativo da porcelana de Delft

Delft é famosa pola súa produción de maiólica inspirada nas porcelanas importadas da China a partir do século XVII.[2]

Cine[editar | editar a fonte]

O cineasta Werner Herzog filmou nesta localidade os exteriores da longametraxe Nosferatu: Phantom der Nacht (1979).[3]

Turismo[editar | editar a fonte]

O centro da cidade posúe numerosos edificios antigos e moitas rúas están atravesadas por canles, habitados por peixes e plantas.[4]

  • Oude Kerk ("Igrexa Vella"), data de 1246, e é a igrexa máis antiga de Delft. Entre 1325 e 1350 engadíuselle a torre de planta cadrada. Cómpre salientar que a torre está sensiblemente inclinada debido á pouca firmeza do terreo sobre o que se asenta; con 75 metros de altura, actualmente presenta unha desviación de 1,96 metros da vertical.[5]
  • Nieuwe Kerk ("Igrexa Nova"), construída entre 1381 e 1496. No seu interior atópase o panteón da familia real holandesa. A súa torre, con 108,75 metros, é a segunda máis alta dos Países Baixos.[6]
  • Torre do Prinsenhof ou Pazo do Príncipe.
    O Prinsenhof ("Pazo do Príncipe"), hoxe en día un museo. Inicialmente foi un mosteiro, fundado en 1403 e dedicado a Santa Águeda. O edificio sufriu repetidas ampliacións consonte o crecemento da orde. Guillermo de Orange residiu habitualmente no devandito mosteiro entre 1572 e 1584, ano en que foi asasinado (de aí o nome actual do edificio).[7]
  • O edificio do Concello (Stadhuis van Delft), de estilo renacentista, situado na Praza do Mercado (Grote Markt), fronte á Igrexa Nova, hoxe de uso unicamente protocolario.[8]

Ensino[editar | editar a fonte]

Campus da TU Delft, co edificio da biblioteca ao fondo

Destaca a Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft), instituída en 1842 e de carácter público, recoñecida como unha das universidades tecnolóxicas máis importantes do mundo.[9][10]

Personaxes célebres[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "History of Delft". No sitio web oficial de Delft. (En inglés)
  2. "La cerámica azul de Delft". En Holland.com. (En castelán)
  3. "Filming locations". Na ficha da película en IMDb.com. (En inglés)
  4. Dunford, M. The Rough Guide to The Netherlands. Penguin, 2010. [ISBN 978-1-84836-882-8] (En inglés)
  5. "Old Church". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
  6. "New Church". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
  7. "Prinsenhof". Na web de turismo da cidade de Delf. (En inglés)
  8. "Town Hall". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
  9. Times Higher Education-QS World. Engineering and information technology. University Rankings 2009. (En inglés)
  10. Times Higher Education-QS World. University Rankings 2009. Top 200 world universities. (En inglés)
  11. "Johannes Vermeer". En Biografías y Vidas. (En castelán)
  12. "Anton van Leeuwenhoek". En Biografías y Vidas. (En castelán)
  13. "Hugo Grocio". En Biografía y Vidas. (En castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bailey, Anthony. Vermeer: a View of Delft. Ed. Henry Holt & Company. Nova York, 2001. [ISBN 0-8050-6718-3]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]