Museo Real do Exército dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Legermuseum (Delft)»)
Non confundir con: Koninklijk Legermuseum (Museo Real do Exército), con sede en Bruxelas, Bélxica
Museo Real do Exército dos Países Baixos
(Koninklijk Nederlands Legermuseum)
Edificio Armamentarium
O edificio Armamentarium en 2005, cando aínda albergaba o Legermuseum
Edificio
TipoEdificio histórico
Localización Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Coordenadas52°00′23″N 4°21′36″L / 52.0065, 4.36Coordenadas: 52°00′23″N 4°21′36″L / 52.0065, 4.36
Uso(s)De 1986 a 2013: Legermuseum (museo militar).
Actualmente: sede da TU Delft e outros.
Construción
Construción1601-1602
Remodelación1660 e 1692
editar datos en Wikidata ]

O Koninklijk Nederlands Legermuseum (en galego: "Museo Real do Exército dos Países Baixos), máis coñecido pola súa forma abreviada Legermuseum, foi o museo nacional das Forzas Armadas dos Países Baixos, con sede no edificio coñecido como Armamentarium, ao pé da canle Oude Delft, na vila surholandesa de Delft, desde 1986 ata 2013. O edificio recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument) en 1967.[1]

A partir dese ano fusionouse co Museo da Aviación Militar (Militaire Luchtvaartmuseum), vinculado á antiga base aérea de Soesterberg, na provincia de Utrecht, onde se estableceu o novo Museo Militar Nacional (Nationaal Militair Museum).

Historia[editar | editar a fonte]

Prolegómenos en Arnhem e Leiden[editar | editar a fonte]

O museo orixinouse a partir da colección privada de Federic Adolph Hoefer, quen adquiriu o castelo de Doorwerth, próximo á vila de Arnhem, na provincia de Güeldres, para o amosar ao público. O 5 de agosto de 1913 inaugurouse alí o Museo de Artillaría dos Países Baixos (Nederlandsch Artillerie Museum), que o Goberno rebautizou posteriormente como Fundación Museo do Exército dos Países Baixos

Pouco despois do estoupido da segunda guerra mundial decidiuse trasladar o museo desde o castelo de Doorwerth ao Pesthuis (un grande edificio de 1661 cualificado como monumento nacional), na localidade de Leiden, mais a guerra demorou os traballos de restauración e o traslado non chegou a producirse ata 1956.

En 1959 a Fundación pasou a xestionar tamén o edifificio coñecido como Armamentarium (construído entre 1601 e 1692 e que recibira a condición de "real" en 1973), en Delft, onde se levou a cabo unha exhibición temporal, xa en 1986, inaugurada polo Príncipe Bernardo, marido da Raíña Xuliana

Legermuseum de Delft[editar | editar a fonte]

Escudo nunha das fachadas do Armamentarium, colocado en 1692, cando concluíron as ampliacións do edificio

O museo quedou entón aberto nas súas novas instalacións de Delft, que foron inauguradas oficialmente en 1989 pola Raíña Beatriz.

O novo complexo pasou a albergar o chamado Real Museo Histórico Militar (Koninklijk Militair Historisch Museum), co propósito de proporcionar aos visitantes unha visión completa das guerras nas que participaron os Países Baixos. Mentres o museo permaneceu en Delft tivo unha media de 61.000 visitantes anuais.[2]

Logo da fusión[editar | editar a fonte]

A partir da fusión co Museo da Aviación Militar en Soestermberg e do traslado das exposicións en 2013, buscouse un novo uso para o edificio do Armamentarium.

Unha parte das instalacións é utilizada desde 2014 temporalmente pola Universidade de Tecnoloxía de Delft.[3][4]

En 2015 o edificio vendeuse a unha sociedade de investimentos que proxecta destinar as instalacións nos próximos anos a un hotel e un restaurante.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  2. Estatísticas de 2006[Ligazón morta] na web do Concello de Delft. (En neerlandés)
  3. Anuncio do comezo das actividades da Universidade de Tecnoloxía de Delft nas instalcións do Armamentarium[Ligazón morta]. No sitio web oficial do edificio. (En neerlandés)
  4. "Classes at the Armamentarium". En Delta.TUDelft.nl. (En inglés)
  5. "Armamentarium. Reurbanización do edificio histórico no centro de Delft". En ArsenalDelft-nl. (En neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Van der Meij, J. Catalogus van de Historische Bibliotheek van het Koninklijk Nederlands Legermuseum. Historische Bibliotheek. Delft. 1975.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]