Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft (en neerlandésDelftse Werkgroep Homoseksualiteit -DWH-) é unha organización independente dos Países Baixos centrada na homosexualiodade, que enfoca as súas actividades na vila de Delft, na Holanda Meridional, e na súa área de influencia. O seu obxectivo é o aumento e o mantemento da aceptación da homosexualidade por parte da sociedade, incidindo particularmente nas campañas de información no ámbito escolar. A asociación tamén é un lugar de encontro para homes e mulleres homosexuais e bisexuais de todas as idades.

Forman parte da DWH a Asociación de Homes Novos Homesexuais Outsite (Homojongerenvereniging Outsite) e o Grupo de Traballo de Mulleres Femmes Fatales (Vrouwenwerkgroep Femmes Fatales). Ademais, a DWH mantén colaboración coas asociacións de homosexuais Roze Blok, de Delft, e COC Nederland, que actúa en todo o país.

A DWH publica varios números ao ano da súa revista oficial: Andersblad.

Historia[editar | editar a fonte]

O Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft fundouse en 1968. Nos primeiros anos estaba estreitamente vinculado ao mundo estudantil e formou parte da Federación de Grupos de Traballo de Estudantes sobre Homosexualidade (Federatie Studenten Werkgroepen Homoseksualiteit -FSWH-). Aínda que moitas das asociacións que formaban parte desta federación acabaron finalmente integradas en COC Nederland, a DWH sempre se mantivo como entidade independente.

En abril de 1989, o daquela presidente da DWH, Hans-Paul Verhoef, saltou á actualidade internacional cando foi detido nos Estados Unidos por padecer a SIDA. Verhoef ocultara este dato no seu ingreso, xa que se non fose así se lle negaría o acceso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]