Science Centre Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Science Centre Delft
(Centro de Ciencia de Delft)
Edificio
TipoMuseo científico
LocalizaciónCoat of arms of Delft.svg Delft
Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Coordenadas52°00′25″N 4°22′11″L / 52.0069, 4.3696Coordenadas: 52°00′25″N 4°22′11″L / 52.0069, 4.3696
Uso(s)Desde 2008, museo científico e centro de investigación.
Construción
Construción1912
Equipo
Arquitecto(s)Jan Vrijman
editar datos en Wikidata ]

O Science Centre Delft (en galego: "Centro de Ciencia de Delft") é unha  institución que alterna o seu papel de museo técnico e científico coas tarefas de investigación, sita na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Organicamente, forma parte da Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft).[1]

O Science Center Delft amósalles aos visitantes dun xeito participativo o papel da tecnoloxía en temas actuais diversos, como o cambio climático, a seguranza e os xogos informáticos de carácter formativo.

A colección[editar | editar a fonte]

O centro é un escaparate das innovacións científicas e das liñas de investigación que se desenvolven na TU Delft.[2]

No principal espazo expositivo, chamado Amazing Technology, expóñense produtos finais de proxectos dos estudantes desa universidade.[3][4]

O edificio[editar | editar a fonte]

O Science Center Delft ocupa parte das instalacións da antiga facultade de Minaría e Extracción Petrolífera, no segundo andar dun edificio construído en 1912 segundo o proxecto de Jan Vrijman, o arquitecto do Goberno dos Países Baixos que se encargaba do deseño dos centros educativos. Este edificio recibiu en 2002 a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[5]

Ata a década de 1960, no segundo andar deste edificio exhibíase a colección colonial do Museo Mineralóxico-Xeolóxico.

Ademais do Science Center Delft, o edificio alberga outras institucións públicas e privadas.

Historia[editar | editar a fonte]

Prologómenos[editar | editar a fonte]

O nacemento do museo remóntase á década de 1970, co nome de Centro de Exposicións Técnicas (en neerlandés: Technisch Tentoonstellingscentrum), que realizou unha serie de exitosas exhibicións itinerantes. Xa nos anos oitenta, aquel centro transformouse en Museo Técnico de Delft (Techniek Museum Delft). Este xermolo do centro actual estivo ata marzo de 2008 nas instalacións do antigo Laboratorio de Mecánica e Construción Naval da TU Delft. Nesa época, o museo exhibía permanentemente algunhas das coleccións históricas da universidade, con obxectos como máquinas-ferramenta, motores de vapor, gas e diésel, calculadoras mecánicas e robots, e para os cativos había diversas actividades e obradoiros.

A sede actual[editar | editar a fonte]

Debido a que o propietario do edificio, o municipio de Delft, quería darlle ao edificio un destino diferente, e tendo en conta ademais que este xa quedara demasiado pequeno para a envergadura que o centro tomara, a finais de 2007 decidiuse pechar o Techniek Museum Delft, que en marzo de 2008 renaceu como Science Center Delft, xa na súa localiación actual.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Science Center Delft". En Delta.tudelft.nl (en neerlandés)
  2. "The making of a science centre". En Delta.Tudelft.nl (en inglés)
  3. "Fun With Science". En DeltaTudelft.nl (en inglés)
  4. "Vrolijk visitekaartje". En Delta.Tudelft.nl (en neerlandés)
  5. Ficha do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]