Museo Lambert van Meerten (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Museo Lambert van Meerten
Lambert van Meerten Delft.JPG
Fachada da casa de Van Meerten, antiga sede do museo
Edificio
Nome inicialOud Holland
TipoEdificio residencial
EstiloNeorrenacentista
EnderezoOude Delft, 199. 2611HD Delft
LocalizaciónCoat of arms of Delft.svg Delft
Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Coordenadas52°00′48″N 4°21′16″L / 52.013333, 4.354444Coordenadas: 52°00′48″N 4°21′16″L / 52.013333, 4.354444
Propietario1897-1901: Lambert van Meerten.
1901-1907; Fundación Huis Lambert van Meerten.
1907-2016: Concello de Delft.
Asociación Hendrick de Keyser.
Uso(s)Residencial e museístico
Construción
Inicio1893
Construción1897
Dimensións
Pisos3
Equipo
Arquitecto(s)Adolf le Comte.
Jan Schouten.
editar datos en Wikidata ]

O Museo Lambert van Meerten foi un museo situado na vila surholandesa de Delft, nos Países Baixos, creado a partir dos fondos da colección privada de arte e antigüidades de Lambert van Meerten, un adiñeirado empresario das destilarías e a fabricación de cervexa. O museo estivo activo entre 1909 e 2013.[1]

O edificio[editar | editar a fonte]

O museo tivo a súa sede na que foi residencia de Van Meerten, no número 199 da rúa e canle Oude Delft, nun edificio neorenacentista con fachada de pedra con detalles suntuosos e unha alta cuberta transversal de lousa, que foi declarado monumento nacional dos Países Baixos (Rijksmonument).[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Prolegómenos[editar | editar a fonte]

Lambert Van Meerten encargou a construción do edificio (ao que se lle chamou "Oud Holand") entre 1891 e 1897, seguindo o deseño dos seus amigos o profesor Adolf le Comte e o enxeñeiro Jan Schouten, ambos artistas moi vinculados á cidade de Delft. Moitos dos elementos utilizados na construción procedían da propia colección de Van Meerten.

Adolf le Comte, impulsor e primeiro director do museo

O desexo de Van Meerten era que, logo do seu pasamento, a súa casa pasase a ser patrimonio da cidade de Delft, coa condición de que se convertese nun museo. Pero en 1902, tres anos antes da súa morte, Van Meerten entrou en creba e o edificio foi obxecto dunha poxa pública. Os seus amigos Le Comte e Schouten crearon entón a fundación Huis Lambert van Meerten, co obxectivo de darlle luz ao proxecto do museo. A fundación fíxose coa casa e con parte da moblaxe na poxa e, en 1907, transferiulla ao Concello de Delft.[3]

A vida do museo[editar | editar a fonte]

Dous anos máis tarde, o 16 de outubro de 1909, o museo abriu por primeira vez as súas portas ao público, baixo a dirección de Adolf le Comte, que máis tarde foi sucedido por Ida Peelen.

En 1920 engadíuselle á colección inicial a extensa colección de azulexos, louza de Delft, porcelana chinesa e fragmentos de edificios derrubados (bouwfragmenten) reunida por Jan Schouten.

En 2013, o museo foi pechado por mor dunha reestruturación do uso das propiedades municipais por mor da mala situación financira. A colección foi trasladada integramente ao Museo Prinsenhof, na mesma cidade de Delft, onde se pode visitar actualmente.[4]

En 2016, a asociación Hendrick de Keyser, institución restauradora que opera en todo o país, comproulle ao Concello de Delft o edificio, coa axuda financeira da lotaría BankGiro e dun doador privado anónimo, coa idea de restaurar o edificio e dedicalo a oficinas, salas de convencións e, novamente, museo.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Meerten van, Lambert". En WikiDelft.nl (en neerlandés)
  2. Ficha do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  3. "Aanwinst: Huis Lamber Van Meerten in Delft[Ligazón morta]". Na páxina web da Asiciación Hendrick de Keyser. 3 de maio de 2016 (en neerlandés)
  4. Jaarverslag Erfgoed Delft 2013 ("Informe Anual do Legado de Delft"), páxina 28, no sitio web oficial do Museo Princehof: Museum Lambert van Meerten is in 2013 gesloten. De voortzetting Lambert van Meerten als museum in het huidige financiële klimaat niet haalbaar ("A continuidade de Lambert van Meerten como museo no clima financeiro actual non é factible"). (en neerlandés)
  5. Huis Lambert van Meerten krijgt nieuwe bestemming ("A casa Lambert van Meerten pasa a un novo destino"). En DelftOpZondag,nl. 2 de maio de 2016 (en neerlandés)
  6. Binnenkijken bij Lambert van Meerten: van rommeltje naar museum ("Ollando dentro, Lamber van Meerten: dun desastre a un museo"). En Indebuurt.nl (en neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]