Igrexa vella de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa vella de Delft
Delft Oude Kerk 123.jpg
Vista nocturna da canle Oude Delft coa igrexa vella de Delft ao fondo.
Datos xerais
PaísFlag of the Netherlands.svgPaíses Baixos
RexiónFlag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
TipoIgrexa
AdvocaciónSan Bertomeu
LocalizaciónCoat of arms of Delft.svg Delft
Coordenadas52°00′45″N 4°21′19″L / 52.0125, 4.355278Coordenadas: 52°00′45″N 4°21′19″L / 52.0125, 4.355278
Culto
CultoProtestante
Arquitectura
Construción1246
EstiloArquitectura gótica
Páxina weboudekerk-delft.nl
editar datos en Wikidata ]

Igrexa vella de Delft (en neerlandés: Oude Kerk) é o nome como se coñece a antiga igrexa gótica dos Países Baixos do século XIII situada no centro da cidade de Delft, na Holanda Meridional. O edificio, construído ao pé da canle Oude Delft, foi declarado monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument) en 1967.[1]

Orixinalmente denominouse igrexa de Santo Hipólito e posteriormente pasou a coñecerse como igrexa de San Bertomeu, a partir de mediados do século XIII, para conmemorar o nome do santo patrón do seu fundador, Bartholomeus van der Made.

Historia[editar | editar a fonte]

Idade Media[editar | editar a fonte]

Habitualmente dáse o ano 1246 como o de nacemento da igrexa, aínda que a súa historia é máis antiga. Algúns séculos antes de que o conde Guillerme II lle concedese a Delft os dereitos de cidade, os habitantes do núcleo rural xa asistían á misa no mesmo lugar. Asúmese xeralmente que arredor do ano 1050 existía alí unha igrexa de madeira.[2]

Bartholomeus van der Made emprendeu a mediados do século XIII a primeira reforma e a ampliación da igrexa parroquial, de xeito que á igrexa orixinal se lle engadiron dúas naves de cruceiro. Nos anos seguintes houbo catro novas fases da reconstrución. Durante unha delas (1325-1350) engadíuselle a torre gótica e ergueuse a agulla de ladrillo e as catro torres angulares.

A súa torre, que se pode divisar desde case toda a cidade, ten unha altura de 75 metros e unha inclinación de arredor de dous metros, e alberga a segunda campá máis pesada dos Países Baixos, con 9 toneladas.

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Vista xeral da igrexa vella desde a parte superior da igrexa nova

Na primeira metade do século XV renovouse completamente a nave central e a igrexa adoptou a aparencia e as características dunha basílica, xa que a nave central se elevou sobre as laterais. E á súa vez, as naves laterais prolongáronse ata a parte dianteira da torre. No transcurso do século XV ampliouse o edificio con diversas capelas e portais. O portal da fachada norte, que se transformou nunha capela, e o portal da torre son mostras destas modificacións.

A última renovación radical da igrexa tivo lugar a comezos do século XVI. O plan consistiu en transformar o edificio nunha basílica cruciforme de pedra natural. Para poder realizar este proxecto pediuse a colaboración de Anthonis Keldermans, descendente dunha famosa familia flamenga de arquitectos e escultores. En moitas cidades flamengas, zelandeses e holandeses pódense atopar mostras do gótico de varias xeracións de Keldermans.[3]

Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]

As vidreiras actuais foron elaboradas en 1972 polo artista da pintura sobre vidro Joep Nicolas.

Personaxes soterrados na Igrexa Vella[editar | editar a fonte]

Numerosas lápidas forman parte hoxe da pavimentación da igrexa. Entre as figuras senlleiras que alí descansan pódense salientar as seguintes:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)
  2. Notas sobre a xénese da igrexa vella. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
  3. Información sobre as ampliacións da igrexa. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
  4. "Preminent people". Retratos e notas biográficas dos personaxes soterrados na igrexa. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]