Aarau
Coordenadas: 47°24′N 8°03′L / 47.400, -8.050

Aarau é unha cidade de Suíza, capital do cantón de Argovia, na ribeira do río Aar. No ano 2016 tiña 20.782 habitantes.
Foi fundada no 1415 como fortaleza de Berna. Foi capital da República Helvética do 22 de maio ao 20 de setembro de 1798.
A súa economía baséase na industria téxtil, na fabricación de instrumentos de precisión e de produtos químicos e alimenticios. A maioría da poboación é de fala alemá (85%), hai minorías de lingua serbocroata e italiana. A relixión protestante (43,5%) é a maioritaria, con minorías de católicos (29,2%), musulmáns (4,8%), ortodoxos (3,2%).
A biblioteca cantonal contén valiosos manuscritos procedentes dos mosteiros suprimidos no cantón durante a Reforma protestante.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aarau |