Saltar ao contido

Ponte Oudemanhuisbrug (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte Oudemanhuisbrug
Delft Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2009)
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Localización
 Enderezo
Oudemanhuisbrug over Voldersgracht t.o. Oudemanhuissteeg Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
Rijksmonument  
Data29 de xuño de 1967
Identificador12297
Wikidata C:Commons

A Oudemanhuisbrug é unha ponte de arco de pedra de cachotaría que une as dúas beiras da canle Voldersgracht, na zona vella da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.

A ponte foi declarada monumento nacional (Rijksmonument) en 1967.[1]

Fronte a esta ponte construírase en 1411 un fogar de anciáns denominado Oudeman huis ("Casa do vello"), que lle deu o nome á ponte e á rúa que pasa por ela.

Xa no século XVII estableceuse ao pé da ponte, na beira oeste da canle, o gremio de artistas e artesáns de San Lucas, a zona onde pasou a súa vida e onde estableceu o seu estudio o pintor Johannes Vermeer, nado en Delft e moi vinculado a esta cidade.  

Descoñécese a data de construción da ponte, aínda que hai datos de que en 1885 tivo unha ampliación.[2]

  1. "Oudemanhuisbrug in Delft". En Rijksmonumenten.nl (en neerlandés)
  2. "Oudemanhuisbrug over Voldersgracht t.o. oudemanhuissteeg, Delft". En Drimble.nl (en neerlandés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Visser. Delfts Bruggen. Waltman. Delft. 1957.
  • Delft over bruggen. Deltech. Delft, 1997, Páxina 110. [ISBN 9075095341]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]