Canle Brabantse Turfmarkt (Delft)
| Tipo | canle rúa | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Delft, Países Baixos | |||
| ||||
Brabantse Turfmarkt é o nome dunha canle e da súa rúa anexa, na zona antiga da cidade surholandela de Delft, nos Países Baixos. Cara ao sur, esta canle conflúe coa canle Achteron.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome desta canle débese á turba (neerlandés: turf) que se esparexeu pola súa rúa anexa e que foi traída da provincia de Brabante.[1]
Esta canle formaba parte no século XIII do límite oriental de Delft, determinado por unha vía principal constituída polas canles Achterom, Brabantse Turfmarkt, Burgwal e Verwersdijk.[2]
A parte norte de Brabantse Turfmarkt e a zona de Burgwalgracht foron ocupadas en 1860 para aumentar o espazo dispoñible para o mercado de gando que se celebraba na praza Beestenmarkt.
Actividade comercial
[editar | editar a fonte]Todos os xoves hai un mercado de flores en Brabants Turfmarkt.[3] No sitio web oficial do Concello de Delft (en neerlandés) Ademais, os sábados de 9:00 a 17:00 celébrase alí un popular mercado de produtos da horta.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Delftse Mysteries: hoe komt de Brabantse Turfmarkt aan zijn naam?". En Indebuurt.nl (en neerlandés)
- ↑ Opsteller W. F- Weve. Cultuurhistorische aspecten Gasthuisplaats.[Ligazón morta permanente] 2006 (en neerlandés)
- ↑ "Los mejores mercados de Delft". www.holland.com (en castelán). 28 de agosto de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ "Markt Delft: zaterdag op de Brabantse Turfmarkt". En Indebuurt.nl (en neerlandés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canle Brabantse Turfmarkt |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen. Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)
