DHC Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
DHC Delft
NomeDelfia Hollandia Combinate
Fundación17 de marzo de 1910
EstadioBrasserkade, Delft
PresidenteVacante
AdestradorRob de Lange
LigaSunday Hoofdklasse A (2014-2015)
Páxina webPáxina web
Na casa

Delfia Hollandia Combinatie (coñecido habitualmente polas súas siglas DHC), é un club de fútbol da cidade de Delft, na Holanda Meridional (Países Baixos). Na tempada 2016-2017 xoga na liga de fútbol afeccionado Hoofdklasse A.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A Selección dos Países Baixos en 1933. O xogador máis á dereita é Joop van Nellen, do DHC Delft

O equipo foi fundado o 17 de marzo de 1910. O DHC participou nas competicións de fútbol profesional desde 1955 a 1968, chegando a rematar dúas veces en segunda posición na segunda categoría do país (Eerste Divisie). Previamente, en 1933, un dos seus xogadores, Joop van Nellen, chegou a formar parte da Selección dos Países Baixos nun partido xogado ante a Selección de Bélxica.

En 1967, o DHC acadou a derradeira posición na Eerste Divisie e, por mor dos problemas financeiros derivados dese feito, o club viuse obrigado a fusionarse cunha sección do Xerxes de Rotterdam, que daquela xogaba na  primeira división do país. No entanto, os problemas financeiros non acabaron e a entidade acabou por disolverse.

Un ano antes da fusión co Xerxes, en 1966, e fóra do fútbol profesional, o DHC puxo en marcha unha nova sección de afeccionados que comezou competindo na Vierde Klasse (a sétima categoría do fútbol holandés da época). Algo máis dunha década máis tarde, o DHC acadou as ligas superiores do fútbol afeccionado, ata que en 1983 e en 1985 conseguiu o campionato do fútbol afeccionado holandés.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Indelingen Divisies en hoofdklassen bekend". Voetbal Rotterdam. 28 de xuño de 2017. (En neerlandés)
  2. "DHC – Heden & verleden"[Ligazón morta]. En DHC-delft.nl. (En neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]