Igrexa valoa de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa valoa
Waalse kerk
A igrexa valoa. En segundo termo o Prinsenhof e ao fondo a torre da Igrexa Vella
Datos xerais
PaísPaíses Baixos
TipoCapela anexa a convento
AdvocaciónSanta Ádega
Localización Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Coordenadas52°00′44″N 4°21′17″L / 52.012257, 4.354738Coordenadas: 52°00′44″N 4°21′17″L / 52.012257, 4.354738
Culto
CultoAta 1585: Católico
Posteriormente: Protestante
DioceseClassis de Delft.
Arquitectura
ConstruciónCa. 14301480
EstiloArquitectura gótica
editar datos en Wikidata ]

A igrexa valoa de Delft (en neerlandés: Waalse kerk), sita nesta cidade da Holanda Meridional, nos Países Baixos, foi unha parte do antigo convento de Santa Ádega, máis coñecido como Prinsenhof, que acadou en 1414 o dereito a posuír unha capela propia e un cemiterio.[1]

A capela foi utilizada para o culto desde 1585 pola Igrexa Reformada de Valonia, motivo polo cal é coñecida como "igrexa valoa" ou "igrexa francesa".

A igrexa foi declarada en 1967 monumento nacional dos Países Baixos (Rijksmonument).[2]

Historia[editar | editar a fonte]

As igrexas valoas[editar | editar a fonte]

As coñecidas como igrexas valoas son igrexas calvinistas radicadas nos Países Baixos e nas súas ex-colonias, cuxas comunidades de fieis proceden do sur dos Países Baixos e de Francia e nas que o idioma oficial é o francés. Os seus membros proceden dos reformados valóns, diferenciados historicamente dos reformados baixoalemáns, que utilizan o neerlandés.

Tras as conquistas españolas no sur dos Países Baixos a finais do século XVI, moitos calvinistas fuxiron destas rexións cara ao norte, principalmente cara a Holanda, para evitar a persecución dos católicos romanos. Os valóns chegaron en grandes cantidades e chegaron a establecer 43 municipalidades francófonas que funcionaban independentemente das comunidades da reforma baixoalemá. Ademais, a finais do século XVII, tras a revogación do Edicto de Nantes en 1685, moitos hugonotes fuxiron de Francia cara aos Países Baixos e tamén foron admitidos nestas comunidades ou crearon outras novas, chegando a existir 80.

Por mor da progresiva integración destes refuxiados na sociedade neerlandesa, especialmente no século VXVIII, o número de comunidades descendeu notablemente. E finalmente, en 2004 pasaron a formar parte formalmente da Igrexa Protestante nos Países Baixos.[3]

A igrexa valoa de Delft[editar | editar a fonte]

Interior da igrexa valoa de Delft

Das investigacións realizadas co gallo da restauración do Prinsenhof despréndese que a capela do antigo convento de Santa Ádega se construíu entre 1430 e 1480.

A grande afluencia de refuxiados protestantes franceses motivou a necesidade dunha ampliación cara ao ano 1650, motivo polo cal se engadiron, no lado norte, dúas capelas anexas, que foron eliminadas en 1950 por non se axustar ao contorno arquitectónico.

Durante as súas estadías en Delft, o Príncipe Guillerme de Orange (O Taciturno) asistía con regularidade a esta igrexa. Hoff, na súa obra Historien, sostén que foi durante un deses cultos cando o príncipe recibiu a mensaxe da liberación de Leiden, o 3 de outubro de 1574.[4]

A comunidade valoa de Delft, fundada en 1585, foi sempre a encargada de manter o templo, coa única exceción do período entre 1621 e 1635, cando a igrexa e parte do Prinsenhof foron cedidos a unha sociedade de comerciantes ingleses de tecidos. Desde o 29 de maio de 1808, a Igrexa Valoa é a propietaria formal do templo, segundo lle recoñeceu o Concello de Delft.

O órgano actual foi construído en 1869 polo mestre fabricante de órganos C. G. F. Witte (casa Bätz), e substitúe o anterior construído por Duijschot, arredor de 1700.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos de localización e contacto (en neerlandés)
  2. Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister[Ligazón morta] (en neerlandés)
  3. "Les origines Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". Reunion Wallonne (comunidade das igrexas valoas dos Países Baixos) (en francés)
  4. Hooft. Netherlandsche Historien. Obra monumental sobre a historia da revolta holandesa contra o rei de España, escrita desde 1628 ata a muerte de Hooft en 1647 (en neerlandés)
  5. "La chapelle Arquivado 31 de agosto de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web oficial da igrexa (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]