Saltar ao contido

Universidade de Tecnoloxía de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Tecnoloxía de Delft
 Instancia de
 Lingua usada
Persoas e organizacións
 Fundador/a
 Reitor/a
Tim van der Hagen (pt) Traducir 1 de xaneiro de 2018
Karel Luyben 2010 - 31 de decembro de 2017 Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
5421 (2018)
5189 (2017)
4939 (2016)
4754 (2015) Editar o valor en Wikidata
 Número estudiantes
24703 (2018)
23457 (2017)
16978 (2009) Editar o valor en Wikidata
 Ten en propiendade
Mekelweg 2 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Fundación
1842 Editar o valor en Wikidata
 Substitúe a
Premios
 Premios
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: TUDelft Twitter: tudelft Instagram: tudelft LinkedIn: tu-delft Youtube: UC2Cn5pOKmQWrhcEFjZB8HuA Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade de Tecnoloxía de Delft (en neerlandés: Technische Universiteit Delft), coñecida internacionalmente como TU Delft, é un dos centros de ensino superior máis importantes dos Países Baixos e unha das universidades tecnolóxicas con máis prestixio de Europa e do mundo.

Fundouse na cidade de Delft, na Holanda Meridional, o 8 de xaneiro de 1842 co nome de Academia Real (Koninklijke Akademie), que despois cambiaría polo de Alta Escola Tecnolóxica (Technische Hogeschool) e finalmente, en 1986, polo de universidade.[1]

Foi catalogada por Times Higher Education como a número 15 do mundo en enxeñaría e tecnoloxía da información (mellor da Unión Europea) e número 83 do mundo.[2][3]

Facultades e centros de investigación

[editar | editar a fonte]

Facultades

[editar | editar a fonte]

Conta con oito facultades, a maior parte delas situadas ao sueste do concello de Delft, onde forman un campus, conxuntamente con empresas de investigación e laboratorios.[4]

  • Enxeñaría mecánica, naval e dos materiais (Werktuigbouwkunde, Maritieme Techniek & Technische Materiaalwetenschappen -3mE-). O seu edificio recibiu en 2011 a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[5]
  • Arquitectura (Bouwkunde -BK-).
  • Enxeñaría civil e Xeoloxía (Civiele Techniek en Geowetenschappen -CiTG-), coas seguintes seccións:
    • Transportes e urbanismo.
    • Construción.
    • Xeotecnoloxía.
    • Xestión da auga.
    • Hidráulica e marítima.
  • Edificio da facultade de Enxeñaría eléctrica, Matemáticas e Informática (EWI)
    Enxeñaría eléctrica, Matemáticas e Informática (Elektrotechniek, Wiskunde en Informatica -EWI-).
  • Enxeñaría en deseño industrial (Industrieel Ontwerpen -IO-).
  •  Enxeñaría aeronáutica e aeroespacial (Luchtvaart en Ruimtevaarttechniek -LR-).
  • Ciencias aplicadas (Technische Natuurwetenschappen -TNW-).
  • Tecnoloxía, Dirección e Xestión (Techniek, Bestuur en Management -TBM-).

Centros de investigación

[editar | editar a fonte]

A investigación desenvólvese nestes sete institutos principais, aos que se suman outros centros máis específicos en cada área. Os sete institutos da TU Delft son os seguintes:[6]

  • TU Delft Climate Institute.
  • TU Delft Process Technology Institute.
  • TU Delft Robotics Institute.
  • TU Delft Transport Institute.
  • TU Delft Safety & Security Institute DSys.
  • TU Delft Space Institute.
  • TU Delft Sports Engineering Institute.
  • TU Delft Wind Energy Institute (DUWIND).
  • TU Delft Institute for Computational Science and Engineering.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]