Saltar ao contido

Gemeenlandshuis (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gemeenlandshuis
("Casa común")
Sede do Hoogheemraadschap van Delfland
("Consello das Augas de Delfland")
Delft Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Rúa
 Coordenadas
Patrimonio
Rijksmonument  
Data29 de xuño de 1967
Identificador12026
Códigos e identificadores
Código postal2611HB Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Gemeenlandshuis (en galego: "Casa común") é un edificio singular sito na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que foi a sede principal do Consello das Augas de Delfland (en neerlandés: Hoogheemraadschap van Delfland), unha autoridade pública típica dos Países Baixos que se encarga da xestión das augas públicas das diversas cuncas fluviais[1][2]

O edificio

[editar | editar a fonte]
Detalle dos escudos labrados na fachada

O edificio, sito no número 167 da rúa e canle Oude Delft, foi construído en 1505 nun suntuoso estilo Gótico tardío.[3]

A súa fachada, revestida de arenito, que sobreviviu ao grande incendio da cidade de 1536, está amplamente adornada con escudos de armas policromados e pechada por unha balaustrada calada. A súa cubrición é a dúas augas entre pinches de ladrillo inclinado, coroada por chemineas tamén de ladrillo.

O seu primeiro propietario foi Jan de Huyter, preboste de Delft e alguacil da comarca de Delfland. Máis tarde converteuse en residencia de Filipe de Hohenlohe, que estaba casado con María de Nassau, filla de Guillerme I.

Non foi ata 1645 cando se estableceu alí o Hoogheemraadschap van Delfland.

Hoxe o edificio, que goza da consideración de monumento nacional des Países Baixos (Rijksmonument), alberga unha extensa colección de mapas antigos da comarca de Delfland. [4]

  1. "Artikel: Gemeenlandshuis van Delfland Arquivado 21 de abril de 2018 en Wayback Machine.". En Delft-guide.nl (en neerlandés)
  2. "Gemeenlandshuis van Delfland". En Openmonumentendagdelft.nl (en neerlandés e inglés)
  3. "Delftse mysteries: Waar staat het oudste woonhuis van Delft?". En Indebuurt.nl (en neerlandés)
  4. Ficha do edificio[Ligazón morta] no Rijksmonumentenregister (en neerlandés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]