Ádega de Catania
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de setembro de 235 (Gregoriano) San Giovanni Galermoinglés, Italia |
| Morte | 5 de febreiro de 261 Catania, Italia |
| Causa da morte | tortura |
| Lugar de sepultura | Catedral de Catania |
| Relixión | Cristianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | Virxe |
| Período | Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 5 de febreiro |
| Símbolo iconográfico | Seo, tenaces e palma do martirio |
| Cronoloxía | |
| extirpación do peito | |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Ádega,[1][2] nada en Catania no 230 e finada na mesma vila no 251, foi unha mártir cristiá siciliana.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a tradición, en tempos da persecución de Dacio contra dos cristiáns, Ádega, de familia nobre, rexeitou os requirimentos amorosos do prefecto romano Quintiano. Este, para se vingar, meteuna nun bordel para a someter á violación ritual, pero ela milagrosamente mantivo a súa virxindade, polo que foi sometida a tortura ata lle esnaquizar os peitos, pero á volta á prisión San Pedro cúraa. Quintiano manda entón deitala nun leito cheo de vidros escachados e carbóns ardendo ata a súa morte. Un ano despois da súa morte o monte Etna entrou en erupción e un río de lava dirixiuse cara a Catania, polo que os seus habitantes colocan o seu cadaleito diante a lava e conseguen salvar a cidade.
A Igrexa católica celebra a súa festa o 5 de febreiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ádega de Catania |