Museo Histórico do Tabaco (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Histórico do Tabaco
(Tabaks Historisch Museum)
Museo Histórico do Tabaco de Delft
Coordenadas52°0′41″N 4°20′55″L / 52.01139, -4.34861
PaísPaíses Baixos Países Baixos
Cidade Delft
TipoEtnográfico
DirectorLouis Bracco Gartner
editar datos en Wikidata ]

O Museo Histórico do Tabaco (en neerlandésTabaks Historisch Museum) é unha institución museística sita na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que ofrece unha visión xeral da industria do tabaco nesa cidade desde o século XVII.[1][2][3]

A colección do Museo Histórico do Tabaco, que ten a súa orixe na colección privada de Louis Bracco Gartner, está composta por unha grande diversidade de artigos relacionados co mundo do tabaco, tales como cachimbas, puros, cuspideiras, caixas de tabaco, tarxetas postais, anuncios publicitarios, embalaxes e ferramentas.

Unha parte da colección amosa obxectos específicos da cidade de Delft, como as clásicas cachimbas do século XVII, frascos de tabaco feitos en "louza de Delft" e composicións de azulexos que representan personaxes fumando en cachimbas.

Caixa de tabaco de marca Het Rode Anker, fabricada en Delft

O museo localízase nunha antiga fábrica de cigarros e a súa visita só é posible cunha cita previa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Localización do Museo Histórico do Tabaco de Delft Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  2. "Tabaks Historisch Museum Delft". En WhichMuseum.nl (en neerlandés)
  3. "Tabaks Historisch Museum Delft Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En MuseosdeHolanda.es (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wentholt, Arnold. Nusantara. Highlights from Museum Nusantara Delft. C. Zwartenkot Art Books. Leiden, 2014 [ISBN 978-90-5450-013-1]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]