Capela de Santo Hipólito (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Capela de Santo Hipólito
(Sint-Hippolytuskapel)
Hippolytuskapel Delft.jpg
A capela de Santo Hipólito, na cidade vella de Delft
Datos xerais
PaísPaíses Baixos Países Baixos
RexiónFlag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
TipoServizos relixiosos
AdvocaciónSanto Hipólito
LocalizaciónCoat of arms of Delft.svg Delft
Coordenadas52°00′40″N 4°21′23″L / 52.011111, 4.356389Coordenadas: 52°00′40″N 4°21′23″L / 52.011111, 4.356389
CatalogaciónRijksmonument (12090)
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseWapen bisdom Rotterdam.svg Diocese de Rotterdam
Orde relixiosaNos seus inicios: Irmás do Espírito Santo
Arquitectura
ConstruciónCa. 1400
EstiloArquitectura gótica
editar datos en Wikidata ]

Capela de Santo Hipólito (neerlandésSint-Hippolytuskapel) é unha capela situada ao pé da canle Oude Delft, na cidade surholandesa de Delft. É un dos edificios máis antigos da cidade e desde 1967 ten a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (Rijksmonument).[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

igrexa, de estilo gótico, construíuse arredor do ano 1400, no lado oeste da cidade vella de Delft, onde conflúe a súa canle principal coa rúa Nieuwstraat. Ata a Reforma, a Igrexa Vella (Oude Kerk) estivo consagrada a Santo Hipólito, patrón da cidade, e o nome da capela provén do barrio da cidade.[3]

"Muller cunha lapa". Escultura obra de Henk Etienne (Delft, 1895 - A Haia, 1968), situada na esquina da fachada da capela de Santo Hipólito

No momento da súa fundación, era unha parte da comunidade relixiosa feminina xa existente, similar a un mosteiro, co nome de Casa das Irmás do Espírito Santo (Heilige Geestzusterhuis). 

Foi construída sobre os alicerces dunha capela anterior e consagrouse en 1412. En 1536 resultou gravemente danada por un lume e foi restaurada posteriormente. 

En 1572, durante a Reforma, baleirouse todo o interior da capela e retiráronse da súa torre o reloxo e a cruz. Despois de 1581 pasou a utilizarse como almacén, aínda que unha parte da capela se seguía a utilizar para os servizos relixiosos polos protestantes.

Entre 1910 e 1924 a capela tivo varias restauracións, coa conseguinte alteración do deseño da súa fachada, facendo que esta resultase máis semellante á orixinal, ademais de engadírselle un andar, co que se ampliou a súa superficie útil ao dobre. Desde 1924 e ata a construción do novo campus da Universidade de Tecnoloxía de Delft en 1966, as cerimonias de doutoramento da universidade celebrábanse nesta capela. 

En 1972, a súa titularidade foi transferida á Igrexa católica que a utiliza para os seus servizos relixiosos desde o 30 de xullo dese ano. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A capela de Santo Hipólito, antiga capela de Santo Hipólito Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine." (Sint-Hippolytuskapel Voormalige Heilige Geestzusterskapel). En Architectuurgidsdelft.nl. (En neerlandés)
  2. Catalogación do edificio no Rijksmonumentenregister. (En neerlandés)
  3. Notas acerca da historia do edificio Arquivado 18 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.. Na web oficial da capela. (En neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]