Canle Oude Delft (Delft)
Coordenadas: 52°0′45.1″N 4°21′18.8″O / 52.012528, -4.355222
Oude Delft (Canle vella de Delft) | |
---|---|
![]() A canle Oude Delft | |
Tipoloxía | Canle |
Localización | |
Inicio | Cruzamento de Kolk |
Fin | Zuidwal |
Circulación | |
Tránsito | Acuático (pola canle) Peonil e rodado (pola rúa paralela) |
A canle Oude Delft (en galego: "canle vella de Delft") é a máis antiga das canles que sucan a vila surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Corre en sentido norte a sur e atravesa a parte occidental da cidade. A canle dálle o nome, tamén, á súa rúa anexa.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
É probable que a antiga delf (unha palabra do neerlandés antigo que significa "canle") fose escavada arredor do ano 1100, cando a cidade de Delft aínda non existía, e daquela serviría para liberar os terreos circundantes do exceso de humidade. Supuña unha ampliación dunha parte do sistema de canles do río Gantel, que une as vilas de Monster e Poeldijk.
Cando a finais do século XII se escavou unha segunda gabia paralela á primitiva, empezáronse a utilizar, para as diferenciar, os nomes de Oude Delft e Nieuwe Delft ("canle nova"). Tanto no seu límite norte coma no sur, ambas as canles estaban unidas por un estanque.
Os terreos intermedios entrambas as canles, que foron reforzados e elevados coa arxila retirada durante a escavación da segunda canle, constituíron a base da futura cidade de Delft. Nesa zona comezaron a establecerse os comerciantes máis prósperos e levantáronse grandes mansións, algunhas delas aínda hoxe conservadas e dotadas da consideración de monumento nacional Rijksmonument.[2]
Edificios principais[editar | editar a fonte]
Estes son algúns dos edificios máis importantes situados ás beiras da canle Oude Delft:[3]
- O Legermuseum, antigo museo do exército.
- O convento de Santa Bárbara.
- A capela de Santo Hipólito.
- O Gemeenlandshuis, antiga sede do Consello das Augas.
- O Prinsenhof, antiga residencia do Príncipe de Orange Guillerme o Taciturno.
- A Igrexa Vella.
- O Jongenshuis, unha das grandes casas patricias da cidade do século XIX.
Pontes[editar | editar a fonte]
De norte a sur:
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gracht de Oude Delft". En Traveltalia.com (en neerlandés)
- ↑ "El Oude Delft, el canal más antiguo de la ciudad". En Sobreholanda.com (en castelán)
- ↑ Listaxe de monumentos da canle Oude Delft (en neerlandés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)