Saltar ao contido

Estación de tren de Delft Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de tren de Delft Sur

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
EpónimoDelft Editar o valor en Wikidata
Uso(s)en funcionamento Editar o valor en Wikidata
InstalaciónsAseosServizos adaptadosAparcadoiro
Localización
Mapa
 51°59′26″N 4°21′54″L / 51.99056, 4.365
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasHolanda Meridional
ConcelloDelft Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1970 Editar o valor en Wikidata
Inauguración31 de maio de 1970 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Código de estación ferroviariaDtcp Editar o valor en Wikidata
Número de plataformas2 Editar o valor en Wikidata
Liña de trenAmsterdam–Haarlem–Rotterdam railway (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Servizo de conexiónSprinter (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProximidadesLiña Ámsterdam-Rotterdam da Nederlandse Spoorwegen (NS):
Sprinter 5000
Sprinter 5100
Persoas e organizacións
Propietario/aNederlandse Spoorwegen Editar o valor en Wikidata
Arquitecto/aCees Douma Editar o valor en Wikidata
Operador/aNederlandse Spoorwegen Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBns.nl… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A estación de tren de Delft Sur (en neerlandés: Station Delft Zuid) é unha estación de ferrocarril da vila surholandesa de Delft, nos Países Baixos, situada na liña entre A Haia e Rotterdam, que presta servizos ás poboacións dos distritos de Tanthof e Voorhof, no sur da cidade. Ten case 5.000 usuarios diarios.[1]

A estación, inaugurada o 31 de maio de 1970, está debaixo do viaduto Kruithuisweg, desde o que se pode acceder ás plataformas mediante unhas escaleiras

Historia e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
O antigo edificio sextant da estación de Delft Sur

O antigo edificio da estación tiña forma hexagonal, igual que outros moitos edificios de estacións dos Países Baixos entre os anos 1968 e 1979, coñecidos como de tipo "sextante". Logo de quedar en desuso en 2003, finalmente o edificio foi derrubado en 2006.

Entre 2009 e 2011 leváronse a cabo obras de acondicionamento de toda a contorna da estación, co obxectivo de mellorar a seguranza e os accesos, dotar de novos aparcadoiros para automóbiles e bicicletas e deixar prevista calquera operación posterior de desenvolvemento da zona. Ademais, engadiuse unha nova ruta de autobuses para comunicar a estación.

Na contorna da estación hai máis de 600 prazas de aparcadoiro de bicicletas, un medio de desprazamento moi habitual entre os holandeses. No lado leste, ampliouse o carril destinado a elas que vai da estación cara ao campus da Universidade de Tectoloxía de Delft, e instalouse unha nova iluminación pública. No lado oeste, pola súa parte, hai instalados postos para o alugamento destes vehículos.

Proxectos

[editar | editar a fonte]

Houbo diversos plans para a mellora e a expansión da estación de Delft Sur e dos seus servizos, que non chegaron a ver a luz debido á crise económica. En 2016 presentouse un novo plan de ampliación, que previsiblemente dará comezo en 2023.[2]

Conforme o calendario e os horarios de 2017, na estación de tren de Delft Sur operan os seguintes trens:[3]

  • Servizo de proximidades (sprinter). Dous por hora: A Haia - Rotterdam - Dordrecht - Breda.
  • Servizo de proximidades (sprinter). Dous por hora: A Haia - Rotterdam - Dordrecht - Roosendaal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]