Canle Achterom (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°00′25″N 4°21′43″L / 52.007042, 4.362078

Canle Achterom
A canle Achterom
TipoloxíaCanle urbana
Localización
InicioCanle Brabantse Turfmarkt
FinCanle Nieuwe Delft
Circulación
TránsitoAcuático (pola canle)
Peonil e rodado (pola rúa paralela)

Achterom é o nome dunha canle e da súa rúa anexa, na zona vella da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.

Historicamente foi unha canle de moito tránsito de mercadorías, xa que se localiza nun punto da cidade entre dúas canles e rúas de moita actividade comercial.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XIII, a canle, que comezaba na Brabantse Turfmarkt, marcaba o límite oriental da cidade. 

Aínda cara a 1350, malia que as vivendas de Achteron pertencían a Delft, as terras adxacentes eran reclamadas pola abadía de Rijnsburg.

En 1355 tivo lugar unha forte controversia acerca da titularidade da zona e, finalmente, a xurisdición de Delft non foi a que prevaleceu. Entre outras consecuencias, esta área converteuse en refuxio dos delincuentes expulsados da cidade.[1]

Edificios de interese[editar | editar a fonte]

Porta do edificio histórico do número 47-53, coa data de construción inscrita (rijksmonument)

A listaxe de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument) inclúe catro edificios ao pé desta canle, nos números 2, 6, 45 e 47.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Toen in Delft: Hoe de straat Achterom aan zijn naam komt". En Indebuurt.nl. (En neerlandés)
  2. "Monumenten aan het Achteron Arquivado 30 de xullo de 2016 en Wayback Machine.". En Wikidelft.nl. (En neerlandés)
  3. Monumentos de interese[Ligazón morta]. No sitio web do concello de Delft. (En neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen. Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)