Saltar ao contido

Museo Paul Tétar van Elven (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Paul Tétar van Elven
Delft Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Formas de pago
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Localización
 Sede
 Rúa
 Enderezo
Koornmarkt 67 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Patrimonio
Rijksmonument  
Data29 de xuño de 1967
Identificador11825
Códigos e identificadores
Código postal2611EC Editar o valor en Wikidata
VIAF145682315 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121780470 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+31-15-212-4206 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Museo Paul Tétar van Elven é unha pinacoteca situada no número 67 da rúa Koornmarkt, ao pé da canle Neuwe Delft, da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.[1][2]

A casa familiar de Paul Tétar van Elven

[editar | editar a fonte]

O edificio que o alberga é unha casa familiar do século XVI, construída pouco despois do grande incendio de Delft de 1536, con fachada simple de ladrillo e fiestras arqueadas, de tres andares mais un faiado, que foi restaurada en diversas ocasións ao longo do tempo. En 1967 foi recoñecida como monumento nacional dos Países Baixos (Rijksmonument).[3]

Autorretrato de Paul Tétar van Elven (1823-1896)

Coñécese unha restauración do edificio en 1674, cando se lle anexou unha estreita calella que corría pola súa parte esquerda. Xa no século XVIII dividíronse varios cuartos e construíronselle varios corredores.[4]

O 7 de xaneiro de 1864 a casa foi comprada para a súa residencia familiar por Paul Constantin Dominique Tétar van Elven, pintor da academia holandesa, coleccionista de pintura e de cerámica, copista e profesor da Escola Politécnica de Delft, precursora da actual Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft). Tétar non modificou a fisonomía externa do edifico, pero si o interior, decorando da súa man a parte superior das portas e encargándolle ao pintor Abraham Gips a pintura do teito do salón.

Paul Tetar van Elven e a súa dona. Cesar Mitkiewicz, ca, 1896

Tétart dispuxo que á súa morte (que se produciu en 1896) quedase como legado para a comunidade o propio edificio, os seus traballos e a súa colección, coa condición de que, tras o pasamento da súa viúva, se convertesen nun museo na súa memoria. A súa segunda esposa, Mechelina van Duuren, faleceu en 1926 e, xa en 1927, cumpriuse a súa derradeira vontade coa apertura ao público do museo, logo dun acondicionamento profundo do seu interior.[5][6]

No museo pódense atopar mostras da maioría do traballo de Tétar van Elven, desde pezas históricas a retratos e copias de vellos mestres. Ademais, a exposición compleméntase con pinturas de contemporáneos e cunha colección de antigüidades e curiosidades de séculos anteriores, incluíndo unha gran colección de porcelana oriental e de louza de Delft, mobles, disfraces e armas.[7]

O interior do edificio do museo está conisderado como un dos cen mellor conservados dos Países Baixos. Isto permítelle amosarlle ao visitante unha boa impresión do gusto e da forma de vida da burguesía do século XIX.

O museo ofrece visitas didácticas guiadas e actividades educativas, como charlas e obradoiros, para grupos de alumnado, que son gratuítas para os menores de 18 anos.[8] Nas súas salas son tamén frecuentes diversas actividades culturais, como exposicións temporais ou concertos de música.

O Museo Paul Tétar van Elven atraía na primeira década deste século uns 6.800 visitantes anuais, aproximadamente.[9]

  1. "Museum Paul Tétar van Elven". No sitio web do Concello de Delft (en neerlandés)
  2. "Museum Paul Tétar van Elven". Informacións prácticas: enderezo, horarios, prezos, etc. (en neerlandés)
  3. Ficha do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  4. Información sobre o edificio Arquivado 16 de abril de 2016 en Wayback Machine. en ArchitectuurgidsDelft.nl (en neerlandés)
  5. "Paul Tetar van Elven (1823-1896) Arquivado 03 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web do museo (en inglés)
  6. "The house of Paul Tetar van Elven. A gem at the canal Arquivado 03 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web do museo (en inglés)
  7. "The collection Arquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web do museo (en inglés)
  8. "Educatie in het museum Arquivado 12 de abril de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web do museo (en inglés)
  9. "Bezoekersaantallen 2001-2006". Jaarverslag 2006[Ligazón morta].Delft Marketing, páxina 4 (en neerlandés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]