Praza Cameretten (Delft)
Praza Cameretten | |
---|---|
A Praza Cameretten nunha imaxe dos anos 60, co Visbank á dereita | |
Tipoloxía | Praza |
Localización | |
Inicio | Gran Praza |
Fin | Wijnhaven |
Circulación | |
Tránsito | Peonil e rodado |
A praza Cameretten é unha praza situada no extremo noroeste da Gran Praza da localidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Noutros momentos recibiu tamén o nome de "praza do Peixe" (neerlandés: Vismarkt). [1]
Baixo a Cameretten flúe a canle Voldersgracht, que se atopa aí coas Wijnhaven e Hippolytusbuurt.
Na Idade Media, este era un lugar destinado ao comercio e dividíase en catro espazos, que foron ocupados entre 1338 e 1474 por banqueiros de orixe lombarda. A este feito pódese deber a orixe da denominación de "cámaras" para estes espazos.
Nesta praza localízanse varios edificios coa catalogación de Rijksmonument (monumento nacional), entre os que cabe salientar o Visbank ("mercado do peixe"), unha pintoresca construción do século XVIII dedicada ao comercio de peixe que aínda hoxe mantén a súa función.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Camaretten". En LensOnLeeuwenhoek.net. (En neerlandés)
- ↑ Catalogación dese edifico no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza Cameretten |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (en neerlandés)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cameretten, 1. Estudo e descrición do edificio nacional (rijksmonument) do número 1 da praza (en neerlandés)
- Cameretten, 2. Estudo e descrición do edificio nacional (rijksmonument) do número 2 da praza (en neerlandés)
- Fotografías da praza Cameretten