Wikipedia:A Taberna (axuda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esta é a sección de axuda da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg

Esta sección úsase para pedir axuda aos demais usuarios.

Comezar un novo fío de conversa

Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24

Revisión da tradución de Citation Hunt en translatewiki[editar a fonte]

Boas! Igual debería escribir isto no apartado Xeral da Taberna, pero penso que aquí igual o ve máis xente. De cara á campaña # Lib1Ref que comeza mañá traducín ao galego a ferramenta Citation Hunt, que está moi relacionada. Alguén con conta en translatewiki que se anime a revisala aquí? Doutra maneira non pode ser publicada.Non é moito texto, afortunadamente. Graciñas!

Nota
E se alguén se anima a revisar tamén as páxinas da campaña que me deu tempo a mirar, sería estupendo, pero non é imprescindible. (grazas!)Maria zaos (conversa) 14 de xaneiro de 2020 ás 21:51 (UTC)

Axuda coas parroquias de Santiago.[editar a fonte]

Boas, estaba facendo un mapa coas parroquias de Santiago, pero estoume volvendo tolo co número exacto de parroquias que ten o concello. ¿Son 28 ou 29? Según a Galipedia, son 29, sin embargo nos mapas que atopo en google imaxes, so teñen 28, falta a parroquia de Sar ¿onde foi? Jorjum (conversa) 13 de febreiro de 2020 ás 13:08 (UTC)

Jorjum, acabo de revisalo no Nomenclátor da Xunta e son 29. Sar é unha parroquia e a posible parroquia que che falte é a da propia cidade de Santiago. E ollo, na Galipedia e no Nomenclátor falamos de parroquia civil, que non sempre coincide coa parroquia eclesiástica. Este é un claro exemplo, na parroquia civil de Santiago hai varias parroquias eclesiásticas, Santa Marta, O Pilar, San Fernando..., podes velas aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2020 ás 00:08 (UTC)
Hola, gracias pola resposta. Efectivamente son 29, aquí outra fonte que o corrobora. En canto a Sar é unha parroquia pero eu falaba de parroquias civiles, quizais iso me levaba a confusión. Saudos Jorjum (conversa) 14 de febreiro de 2020 ás 08:55 (UTC)

Versión antiga[editar a fonte]

Boas. Alguén pode dicirme por que nalgúns artigos ao entrar sen iniciar sesión vexo unha versión antiga do artigo, sen os últimos cambios? Ocórreme dende o ordenador, probado con varios navegadores. Mentres que co móbil si se ve a última versión. Nonsonninguen (conversa) 1 de abril de 2020 ás 18:41 (UTC)

Será cuestión da caché gardada no ordenador; se lle dás a F5 ou a actualizar, debería ir ben. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de abril de 2020 ás 18:51 (UTC)

Help with translation[editar a fonte]

(I apologize for posting in English ): Dear colleagues, We are organizing a project called WPWP that focus on the use of images collected as part of various contest and photowalks on Wikipedia articles across all languages and our team needs your help with translations into the language of this community. Here is the translation link: https://meta.wikimedia.org/w/index.php?title=Special:Translate&group=page-Wikipedia+Pages+Wanting+Photos&language=en&action=page&filter= I am sorry if I post in the won't venue. Thanks in anticipation. T Cells (conversa) 13 de abril de 2020 ás 17:04 (UTC)

Modelo Hab Info[editar a fonte]

Boa tarde. Alguén que saiba como funciona o Modelo:Hab info para colocar a poboación dos concellos, podería ampliar o número de celas até 2021. Dá a impresión de, que este momento, rematan en 2018 polo que non se pode actualizar a poboación. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 28 de maio de 2020 ás 18:01 (UTC)

MAGHOI, xa está cambiado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2020 ás 20:06 (UTC)
@Elisardojm Graciñas

Células nai / células nais[editar a fonte]

Unha pregunta lingüística por se alguén sabe. Na formación do plural de termos formados por dúas palabras, e no caso concreto de célula nai, como sería, células nai ou células nais? É dicir, fago o plural tamén na segunda palabra ou non? Estou facendo páxinas sobre iso e non afecta ao título porque está en singular, pero si ao texto interno do artigo e probablemente a algunha categoría creada. Grazas.--Miguelferig (conversa) 3 de xuño de 2020 ás 16:28 (UTC)

Pódelo consultar no Dicionario da RAG. Tes un exemplo en "frases e expresións" con célula, que penso que cho aclarará. --Dodro (conversa) 3 de xuño de 2020 ás 16:39 (UTC)
Si, grazas. Non abrira o de frases e expresións. Parece ser que é células nai, tal como poñen eles nun exemplo.--Miguelferig (conversa) 3 de xuño de 2020 ás 19:14 (UTC)

Black Lives Matter Logo in different languages[editar a fonte]

Please help to translate the Black Lives Matter Logo for this wikipedia.
Follow this Link to get to the request. Thank you --Mrmw (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 20:14 (UTC)

Actualización de coordenadas na listaxe de castelos[editar a fonte]

Boas. Engadín un par de novas coordenadas na listaxe de castelos, en concreto as torres de Goiáns e o castelo da Frouxeira. Pero vexo que non se actualiza automaticamente o mapa de OSM que aparece arriba á dereita. . Alguén sabe como se fai? Moitas grazas!--AArizaga (conversa) 19 de xuño de 2020 ás 09:31 (UTC)

AArizaga, creo que é un erro xeral nalgún módulo de wikimedia, fixen probas en listas de eswiki e enwiki e tampouco se actualizan cos novos datos que engadín. Tentarei buscar máis información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2020 ás 11:21 (UTC)
Graciñas, Elisardojm. Ademais do anterior, vexo que tampouco funcionan os arquivos gpx e kml que se poden descargar. É unha mágoa, porque tanto o mapa como estes arquivos son moi útiles, para esta listaxe e para outras moitas. Apertas, --AArizaga (conversa) 19 de xuño de 2020 ás 11:44 (UTC)
AArizaga, é posible que tan só haxa un atraso na actualización do mapa, agora xa aparecen as últimas coordenadas que se engadiron á listaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2020 ás 15:39 (UTC)
Moitas grazas, Elisardojm. Si, tes razón. Agora parece que funciona. De todos modos, permanece o erro cos arquivos que se descargan en gpx e kml. Non se poden abrir. Saúdos e grazas de novo, --AArizaga (conversa) 21 de xuño de 2020 ás 15:29 (UTC)
AArizaga, copiei a ligazón do modelo de eswiki e agora a descarga en formato KLM xa vai. En formato GPX parece que non está ben, probei en artigos de eswiki e enwiki e tampouco funcionaron. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xuño de 2020 ás 16:28 (UTC)

Problema con Wikidata[editar a fonte]

Moi boas. Teño un problema con Wikidata. Veño de crear a páxina "Hamada" e ao ligala con Wikidata, se me enlazou con Hamada (unha cidade xaponesa). Estiven intentando amañalo mais como non controlo nada de Wikidata, deixeino para non estragar aínda máis. Agradecería que alguén lle botara unha ollada. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 16 de xullo de 2020 ás 09:34 (UTC)

Amañado, o problema é que en wikidata hai dúas Hamada. Borrei a ligazón na cidade xaponesa e púxeno no deserto. 16 de xullo de 2020 ás 10:12 (UTC)
@Xas (conversa) Efectivamente. Pero non sabía como modificar iso en Wikidata, por iso, preferín non tocar. Moitas grazas. --MAGHOI (conversa) 16 de xullo de 2020 ás 10:49 (UTC)

Formato numérico accesible[editar a fonte]

Boas! Habería forma de engadir á Galipedia o Modelo Val da Wikipedia en inglés?

Contexto[editar a fonte]

Separador: Como sabedes o estándar internacional de separación numérica dos grupos de 3 cifras (milleiros) é un espazo fino non separable, tanto no lado enteiro coma no decimal. Accesibilidade: Algúns lectores automáticos non interpretan correctamente os números expresados deste xeito. Isto afecta sobre todo en artigos técnicos e científicos, nos que a cantidade de cifras pode ser alta e as súas magnitudes poden ser grandes. Por desgraza non atopei datos concretos da cantidade de usuarios que poden estar afectados.

Solución[editar a fonte]

A Wikipedia en inglés ten un Modelo Val que crea un espazo visual conforme ao estándar, mais invisíbel para os sistemas de lectura automáticos, mellorando a accesibilidade.

Este Modelo en concreto está programado en Lua, e ten unha extensa documentación. O aspecto técnico non sería un problema, pois é a miña profesión, teño algo de experiencia con Lua e podería axudar ou facerme cargo se ninguén se animase a participar :)

É posible ou viable copiar ese Modelo e poder usalo na Galipedia?

Moitas grazas Ignlg (conversa) 2 de agosto de 2020 ás 10:57 (UTC)

Ola, @Ignlg:! Síntete libre para traducir o modelo, por suposto! Ao igual ca os artigos, os modelos da Wikipedia tamén usan a licenza CC-BY-SA 3.0 e a GFDL, polo que debes indicar a orixe da información. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de agosto de 2020 ás 11:06 (UTC)
Grazas Estevo(aei). Trouxen un par de módulos que precisaba e xa está funcionando coma un reloxo suízo :)

Eleccións municipais en Ribadeo[editar a fonte]

Boas. Estou a actualizar as páxinas de resultados das eleccións municipais e na última na que traballei (Eleccións municipais en Ribadeo) hai partes que se separan da estrutura común do resto das páxinas e, ao meterlle a táboa comparativa que non tiña, resulta redundante. Mesmo hai apartados que están metidos dentro dunha táboa, como se ve na pantalla de edición. Non toquei nada porque podería estropear algo pero non estaría de máis que algún administrador lle botara un ollo para que analizase a conveniencia de que quede así ou de modificar algo. Graciñas e saúdos.--MAGHOI (conversa) 3 de agosto de 2020 ás 11:41 (UTC)

Ola, @MAGHOI:; eu creo que era ben eliminar as imaxes por dous motivos. Dunha banda están desfasadas, con datos só até 2015; ademais, no resto de artigos sobre eleccións municipais hai consenso respecto ás cores asignadas aos partidos, mentres que nesas imaxes os resultados non resultan intuitivos; algo similar pasa co resto de información noutros anos, que se pode axeitar e reformular. Quizais era boa cousa saber a opinión de Usuario:Agremon. Non obstante, síntete libre para amañar o artigo segundo o teu criterio; graciñas polo teu traballo ao respecto co resto de concellos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de agosto de 2020 ás 12:30 (UTC)

Problema cun modelo e módulo[editar a fonte]

Ola. Creei o modelo Chem2 sobre fórmulas químicas. Requiría o módulo Chem2, que tamén creei. Pero o conxunto non funciona porque di que non existe o módulo Chem2. Non sei exactamente que ocorre e como funcionan eses módulos, creo que é un módulo de Lua e dalgunha maneira non o detecta. Utiliceino na páxina bilano, pero dá erro. Non se me ocorre que solución pode ter isto.--Miguelferig (conversa) 7 de agosto de 2020 ás 11:55 (UTC)

Miguelferig, hai que poñer os interwikis nos artigos, pero tamén nos modelos e módulos, así facilítase o acceso ás orixes das cousas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de agosto de 2020 ás 13:00 (UTC)
Feito! Arranxado. Miguelferig: O problema era que creaches o módulo no espazo de nomes "modelo" e logo trasladácheo ao de "módulo". Iso non funciona, polo que copiei o contido nun novo módulo (Módulo:Chem2/1) para que funcione. Saúdos USI2020 (conversa) 7 de agosto de 2020 ás 13:13 (UTC)
USI2020, mellor será movelo a Módulo:Chem2 e que teña o nome correcto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de agosto de 2020 ás 13:16 (UTC)
Iso non é tecnicamente posible, porque o sistema identifica o módulo coma unha páxina normal ao movelo dende alí. USI2020 (conversa) 7 de agosto de 2020 ás 13:20 (UTC)
Grazas. Pero creo que non me funcionaba cando quixen poñer as Interwikis en wikidata. Certo que lle chamei ao principio Modelo en vez de Módulo porque non me dera conta, e despois cando me decatei cambieille o nome.--Miguelferig (conversa) 7 de agosto de 2020 ás 15:11 (UTC)
Creo que atopei o problema da páxina, supoño que ó mover a páxina dun espazo ó outro o "Modelo do contido da páxina" non se actualizara correctamente quedando como "texto wiki" cando debería ser "Scribunto", para solucionalo hai que ir a Especial:ChangeContentModel e cambiar o modelo de contido desa páxina para que sexa Scribunto. Isto ten que facelo un administrador porque os usuarios normais non temos permisos para facelo, así que a ver se alguén pode cambialo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de agosto de 2020 ás 22:26 (UTC)
Cambiado o Módulo Chem2 a Scribunto. O tema é que o módulo Chem2/1 aparece cos termos das ligazóns internas en galego, mentres que polo que vin no historial o Módulo Chem2 orixinariamente non (ou mirei mal). Podo mover o Chem2/1 a Chem2, borrando o contido actual nel, pero confirmádemo, non vaia ser. Saúdos Miguelferig, Elisardojm, USI2020.--Maria zaos (conversa) 8 de agosto de 2020 ás 18:05 (UTC)
Cambiouno Elisardojm para a versión antiga —sen traducir—, non sei por que. O módulo volve estar traducido. Saúdos USI2020 (conversa) 8 de agosto de 2020 ás 18:15 (UTC)
Arranxei o modelo para que invoque a Módulo:Chem2. Maria zaos: xa podes borrar Módulo:Chem2/1. USI2020 (conversa) 8 de agosto de 2020 ás 18:25 (UTC)
Eu, a verdade, destas cousas non entendo moito, pero agora o modelo funciona.--Miguelferig (conversa) 8 de agosto de 2020 ás 18:09 (UTC)
Feito! Feito!Graciñas USI2020.--Maria zaos (conversa) 8 de agosto de 2020 ás 18:30 (UTC)

Menonita[editar a fonte]

Bo día. Quería chamar a atención dos administradores sobre a conveniencia de manter ou non a segunda parte do artigo Menonita , que tampouco ten formato wiki e quizais podería estar noutro lugar. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 10 de agosto de 2020 ás 20:25 (UTC)

Marina Nuñez Del Prado, ayuda[editar a fonte]

Bo día, creei o artigo Marina Nuñez del Prado traducido a partir de eswiki, aprecio se podes botarlle unha ollada, o meu dominio do idioma é básico. Este artigo está dentro do interese do wikiproxecto Women in Cover, cuxo propósito é amosar unha wikibiografía de mulleres todos os días do ano, ao que convido a participar. Pódese ver aquí. --Ytha67 (conversa) 18 de agosto de 2020 ás 09:46 (UTC) E cree un erro por erros Usuario:Marina Nuñez del Prado, aínda non sei como solicitar a súa eliminación. --Ytha67 (conversa) 18 de agosto de 2020 ás 09:49 (UTC)

Feito! Feito! Agora reviso o artigo.Ytja67 o libro de estilo na Galipedia é diferente do libro de estilo en español, (ver aquí por favor, teno en conta en próximas contribucións. Grazas polo teu traballo e parabéns pola iniciativa.--Maria zaos (conversa) 18 de agosto de 2020 ás 13:31 (UTC)

Poltergeist[editar a fonte]

Ola! a ver se unha mente lúcida me pode axudar a resolver o misterio. A miña páxina de usuaria dá opción "outros idiomas" (xa era raro). E sae español. Cando premes a ligazón en teoría iría á páxina de usuaria de Beatriz Costa. Revisei en WD por se viña de aí o tema, pero non, non hai ligazóns dende esta artista xa finada á miña páxina. Alguén da vella escola que saiba como eliminar unha interwiki que non debería estar aí, por favor? Grazas!Maria zaos (conversa) 1 de setembro de 2020 ás 16:30 (UTC)

Maria zaos Tes que quitar o interwiki da túa páxina, o texto *[[es:Beatriz da Costa]] Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de setembro de 2020 ás 16:34 (UTC)
aaah, grazas!!! -Maria zaos (conversa) 1 de setembro de 2020 ás 16:36 (UTC)

Eleccións municipais en Carballedo[editar a fonte]

Moi boas. Agradecería que alguén lle botara un ollo ao gráfico comparativo deste artigo porque hai un problemiña que non consigo arranxar. Na columna de 1979 debe haber 13 concelleiros (está correcto) e na de 1983, 11. Aquí está o problema porque non consigo que esta baixe até esa cifra. Os gráficos de cada elección son correctos, os datos da comparativa tamén; na lenda (queda todo moi amazacotado) pero tamén indiquei as correccións (13 concelleiros; 1983: 11 concelleiros; 1987 de novo, 13 concelleiros, e de 1995 en adiante, 11 concelleiros), pero non consigo que esa columna baixe 2 concelleiros. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 08:56 (UTC)

Creo que xa está MAGHOI. Saúdos, --Elisardojm (conversa)[ 9 de setembro de 2020 ás 09:23 (UTC)
@Elisardojm (conversa) Graciñas.--MAGHOI (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 09:50 (UTC)

Modelo:Xeoloxía en progeso con s[editar a fonte]

Fixen o Modelo:Xeoloxía en progreso pero o que aparece en pantalla é xeoloxías en vez de xeoloxía e non sei por que. Alguén ten idea de que pode ser? Védeo aquí:


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

.--Miguelferig (conversa) 14 de setembro de 2020 ás 19:01 (UTC)

Ola, Miguel; o modelo incluía o parámetro plural=s. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de setembro de 2020 ás 19:07 (UTC)
Non me decatei diso. Revisei que eu puxera "xeoloxía", polo que estaba ben, pero non reparei niso. O que é non saber! Grazas.--Miguelferig (conversa) 15 de setembro de 2020 ás 08:22 (UTC)