Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Babel, lingua galesa[editar a fonte]

Estou a facer a miña páxina de usuario e preciso engadir a etiqueta cy-1 (lingua galesa) o caso e que o modelo das etiquetas de galés non está na Galipedia. Sabedes como teño que facer para metelo?

  • Fixen os modelos para a lingua galesa, podes velos en Modelo:Babel cy. Para poñer o nivel 1 tes que poñer {{User cy-1}} na túa páxina de usuario --Banjo tell me 17:50, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Tradución do inglés[editar a fonte]

Incorporei unha nova licenza de imaxes (Modelo:LGPL) procedente de Commons (Commons:Template:LGPL). Apoieime na tradución que había para outras linguas (Commons:Template:LGPL/es). ¿Alguén podería revisala?, non me agrada o resultado. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 15:21, 1 xaneiro 2008 (UTC)

  • Pois a mín seméllame unha boa traducción :) --Banjo tell me 17:21, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • Eu faría algúns cambios, con todo respecto :)

Esta librería é software libre; pode redistribuíla ou modificala segundo os termos da Licenza Pública Xeral Menor de GNU tal e como foi publicada pola Fundación de Software libre; xa for a versión 2.1 da Licenza, ou (se o desexar) calquera outra versión máis recente. Esta librería é distribuída coa esperanza de ser útil, pero SEN NINGUNHA GARANTÍA; mesmo sen a garantía implícita da MERCANTIBILIDADE ou a IDONEIDADE PARA ALGÚN PROPÓSITO CONCRETO. Vexa a Licenza Pública Xeral Menor de GNU para máis detalles.

O da mercantibilidade soa estrañísimo mais atópase en moitísimas páxinas de software libre, precisamente nesta mesma frase. Espero ter sido de axuda. Un saúdo.

--Manudosde 15:22, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Cores das Categorías[editar a fonte]

Esta pregunta pode soar estúpida, seino: que quere dicir o feito de que unha categoría apareza en vermello? Eu pensaba que era o mesmo ca os artigos, quer dicir, que non existía, mais vendo a lista de categoría existentes, moitas que teñen cor vermella conteñen artigos. Son quizais categorías non aprobadas? grazas e un saúdo. --Manudosde 15:40, 6 xaneiro 2008 (UTC)

  • A ver se me dou explicado :). Realmente non existen, non están creadas. Se miras en Especial:Wantedcategories amosan o número de artigos que ligan con elas, pero non é que esas categorías conteñan a eses artigos, xa que non están creadas. Moitas non están aprobadas (a maioría porque están traídas sen máis ao traducir) e habería que eliminar as ligazóns dos artigos correspondentes, outras simplemente aínda non están creadas. Espero que isto o aclare :) --Banjo tell me 16:14, 6 xaneiro 2008 (UTC)
  • Perfectamente claro, grazas :). Preguntaba máis que nada por curiosidade. Un saúdo.--Manudosde 10:20, 7 xaneiro 2008 (UTC)

[:Imaxe:EscudoCatoiraOficial.jpg][editar a fonte]

[Ficheiro:EscudoCatoiraOficial.jpg|miniatura|Imaxe:EscudoCatoiraOficial.jpg]¿Son eu o único que non pode ver esta imaxe por cousa da miña lenta conexión? Se ninguén a ve, haberá que borrala--Lmbuga Commons - Galipedia 16:40, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Eu tampouco vexo nada (salvo o nome da imaxe (lol) ElviraConversa con mi 16:43, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Esta que pos eiqui, pa mín é igual ca de commons : [1] ? ElviraConversa con mi 18:47, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Licenzas ImageShack[editar a fonte]

Moi boas, si, son o pesado de sempre:) desculpade, pero teño outra dúbida: alguén sabe como podo averiguar que tipo de licenza ten unha imaxe colgada en ImageShack? A ligazón atopeina nunha páxina que afirma contar con licenza Creative Commons, pero non sei se se aplica á imaxe. Tentei consultar a política de licenzas en ImageShack pero non hai xeito de que cargue a páxina. Estas son a páxina e a imaxe en cuestión:

Probabelmente dirédesme que non vale, pero por se acaso... :)

Una saúdo e grazas por adiantado. (Son o webmaster da Web da ligazón, as imaxes que dis non precisan de licenza Creative Commons, Apertas :) )

--Manudosde 13:16, 12 xaneiro 2008 (UTC)

Copy/Paste dun artigo doutra língoa[editar a fonte]

¿Pódese facer un copy/paste do código fonte dun artigo noutra língoa e logo ir traducindo sobre a marcha?? Pregunto... Dese xeito facilitaría bastante a laboura (polo menos a mín) --Baaden 11:16, 2 febreiro 2008 (UTC)

  • Ninguén cho pode quitar de facer... pero eu non o recomendo. Se queres facer algo así terías que engadirlle o marcador {{entradución}}. Ademáis ten en conta que os espazos de nomes cambian dunha wiki a outra, os modelos tamén, etc. --Banjo tell me 12:27, 2 febreiro 2008 (UTC)
  • Ok, é o que quería saber. En todo caso, pódese "limpiar" e quitar parte do código que me resulte "raro". Realmente eu preguntaba por arramblar con todo: formato, imaxes e links. Un que é vago por natureza...
  • Pois eu de feito fago así, un copy/paste das partes interesantes ou de todo un artigo, ou partes interesantes de varios artigos de varias linguas, poño o marcador {{entradución}}, agrego a miñas pequenas aportacións e doulle a estructura inicial ó artigo, e comezo a traducir machacando os formatos que non coinciden e mellorando, reciclando, adaptando os modelos doutras wikis ós modelos da Galipedia, as veces (as menos) incluso creo ou traduzo os citados modelos, e dende logo vaise moito máis rápido, teño que dicir que tamén apuro por que normalmente pillo artigos para traducir en "batería", quero dicir, pillo p.e. o planeta Haumea, lúas, familia de colisión e obxectos semellantes ou ligados a este planeta, co cal sempre pode face-lo copy/paste de citas que xa traduciches, ou incluso de partes doutros artigos traducidos, xa que o ser de temática semellante, sempre hai cousas que coinciden (sobre todo as citas, fontes, e libros), a parte de cometer menos erros traducindo.

Illa Kolguev[editar a fonte]

Bon día. Acabo de traducir da versión inglesa este artigo, e teño varias preguntas: a) o nome ruso é kol-gu-ev, ou sexa, que sería kolgüev. Parece ser que os amigos de fala inglesa non teñen o problema do "gu" ou "gü", e o nome é craramente importado do ruso. ¿Cómo deixo unha nota sobre iso? b) Hai, na versión inglesa, un tag agochado que imaxino que servirá para as procuras, perdón pero o jargon que usades todavía non o sei, que indica as coordenadas latitude/lonxitude...¿isto pódese incluir? Imaxino, tamén, que habrá que cambiar algún modelo/formato para dar soporte a esta característica. c) Se alguen ten a bondade de darlle un repaso... Acabo de ler arriba o referente as traduccións. Púxenlle unha nota indicando a fonte da traducción os artigos que traducín. ¿é correcto? --Baaden 09:58, 6 febreiro 2008 (UTC)

Ola! Para aclarar que a pronuncia é Kolgüev o mellor é usar o Modelo:AFI, para poñer os fonemas. Neste artigo podes ver como hai colocalo. Para as coordenadas temos o marcador Modelo:Coordenadas. Podes ver a súa colocación por exemplo neste artigo. O mellor para avisar da orixe da tradución é indicalo no campo resumo, esa caixiña que hai enriba dos botóns de gardar a páxina, mostrar vista previa, etc. Podes poñer un texto semellante a este. Artigo traducido de [[en:Kolguyev]]. Agardo terte solucionado algunha dúbida, un saúdo. AlberteSi, digame? 14:35, 6 febreiro 2008 (UTC)

Non moito no caso da pronuncia, xa que non teño nin idea de como poñelo. Unha das peculiaridades do ruso é que como non ouviras antes a palabra pouco podes facer sobre como se pronuncia. De feito, pola transliteración da páxina inglesa seguramente pronúnciase kalgüev, e quédame a dúbida si é kalguiev, con unha pequena blandura na "e".--Baaden 01:07, 8 febreiro 2008 (UTC)

Xa metín as coordenadas. Sen embargo, o meter no resumo Artigo traducido de [[en:Kolguyev]] non se amosa na páxina por ningún lado... ou eu non o vexo. A veces non traduces todo, senón un resumo do que consideras importante, e estaría ben que quedara unha referencia á orixinal. --Baaden 13:01, 8 febreiro 2008 (UTC)

oradores para charlas sobre o galego na rede[editar a fonte]

Ola:

Son unha dinamizadora da Sociedade da Información, estou no concello de Ordes e quería convocar unhas charlas neste concello sobre a situación do galego na rede. Serían para a semana das letras galegas, é dicir entre o 12 - 15 de maio. Gustaríame, se algún administrador ou burócrata quere asistir para falar da Galipedia, como xorde, como se desenvolve, problemas, alegrías, etc... sería unha aportación maravillosa. Por outra banda avisaros de que non podemos pagaros nada, por desgracia o presuposto para isto é, polo dagora de 0,00. Espero que máis adiante nos dexen algúns cartos pero non creo.

Se algún de vos está interesado en participar neste proxecto por favor poñédevos en contacto comigo : rbc_13lua(arroba)hotmail.com. Grazas

Respondín a este chamamento, sen que sexa impedimento para que o faga calquera outro de vós. E cámbiolle a @ arriba por (arroba) para que non llo lean as arañas da web. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 20:38, 14 febreiro 2008 (UTC)

Creación de modelos[editar a fonte]

Moi boas. Querería traducir un modelo desde a Wiki inglesa, mais non sei como é o proceso. O modelo téñoo xa localizado, agora só teño que traducilo, o que non sei é "onde" crealo. Non sei se me dou explicado :). Un saúdo e grazas.--Manudosde 22:45, 9 febreiro 2008 (UTC)

Romanización do ruso[editar a fonte]

Froito da problemática que me xurdiu con Kolguev, estou a traducir a Romanización do ruso da versión inglesa. Teño para completar outra proposta de transliteración para o castelán amén da páxina en castelán. Pregunteille a miña profe de ruso e díxome que non tiña constancia da existencia dunha norma para o galego. Necesitaría axuda de quen controle un pouco deste tema, xa que non é o meu. Eu comprométome a facer o traballo suxo ;) --Baaden 09:49, 12 febreiro 2008 (UTC)

Ola, vou preguntar a alguén que saiba máis ca eu. En canto teña unha resposta doucha. Un saúdo, bo traballo. AlberteSi, digame? 15:18, 13 febreiro 2008 (UTC)
Respondo na conversa de Romanización do ruso. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 20:35, 14 febreiro 2008 (UTC)

Bon día. Xa terminei o traballo suxo. Gostaríame que lle dérades unha visual xa que o meu galego non é de escola, senón é родной язык, como diría un ruso, anque son moi novo nisto da galipedia, son vello (e fermoso) en idade. E dinde logo, se hai alguen de filoloxía que lle queira meter man... agradeceríao.

Dinlle caña pola posibilidade de que me pasara dos 30 días da tradución e que me borrárades o artigo. Queda todavía algún traballiño de pulimento coa lixa á auga. --Baaden 14:49, 7 marzo 2008 (UTC)

Obras xaponesas[editar a fonte]

Quero facer artigos relacionados coa banda deseñada xaponesa e aquí atópome cun problema que non sei como resolvedes: Como hai que mencionar as obras de autores xaponeses no interior dos artigos?, supoño que unha tradución galega non valerá ao non estar publicadas na nosa lingua, nas outras wikis hai disparidade de criterios nos artigos, parece se como cada redactor fixera o que quixera, aínda que en xeral predomina dar os títulos en inglés, isto pode ter lóxica cando esas obras teñen versións internacionais coñecidas polo título inglés pero tamén se fai mesmo con obras sen tradución ao inglés e iso xa me parece máis disparatado. Poñer só os carácteres xaponeses tamén me parece fóra do común, non saberiamos pronuncialos. O que estou facendo é poñer o título cos carácteres xaponeses, título xaponés romanizado, tradución ao galego e título internacional en inglés cando é relevante, claro que é unha fórmula que aumenta o traballo. Alguén máis tivo este problema e buscou unha solución?, xa se falou antes?. Grazas pola vosa axuda e comprensión.--Pedro K 10:46, 16 febreiro 2008 (UTC)

  • Pa mín metodoloxicamente é esto o mais bóo : título cos carácteres xaponeses, título xaponés romanizado, tradución ao galego e título internacional en inglés cando é relevante. Mais tes que esperar outros comentarios porque veño de dar unha opinion, mais non conñozco ben as regras ou praticas da Galipedia co xaponés. ElviraConversa con mi 11:00, 16 febreiro 2008 (UTC)
    • E que tradución galega poñer, a do título xaponés ou a do título internacional inglés, non sempre coinciden. Concretamente eu poría a tradución do título xaponés.--Pedro K 11:03, 16 febreiro 2008 (UTC)
      • Eu tamen entendo (tratandose de xapones como doutra lingua) que as traducios ao galego, cando no existe publicacion en galego, pois faise da lingua de orixe e non do titulo internacinal inglés. Mais tes que esperar comentarios dos que saben as practicas da Galipedia. Poñome na conversa porque interesame como fagemos polo momento, e mais a tua pregunta é precisa mais vamos saber ElviraConversa con mi 11:11, 16 febreiro 2008 (UTC)
    • Ola Pedro K, paréceme bo o xeito que tes que dar os títulos. O título en galego só iría se existe esa publicación editada en galega. Polo resto creo que está ben. AlberteSi, digame? 13:40, 16 febreiro 2008 (UTC)
    • Ola, Pedro K. Creo que o normal debería ser utilizar como título do artigo o xaponés romanizado ou, de ser o caso, o nome galego cando exista. O título inglés, cando sexa amplamente coñecido, debería redireccionar ao romanizado xaponés. O uso de catro formas para un título é pouco interesante. Témolo xa nos nomes dos lugares e por máis que lle dou voltas creo que é un despropósito que deberiamos mudar axiña. --Xabier Cid 14:32, 19 febreiro 2008 (UTC)

Categorías e artigos principais[editar a fonte]

Perdoade a avalancha de dúbidas, mais esta non se me ocorreu cando fixen a proposta de subcategorizar a categoría Terra Media. Os artigos principais das subcategorías deben incluírse na propia subcategoría ou na categoría máis xeral? Poño un exemplo: A Categoría Terra Media inclúe a subcategoría Ainur; o artigo Ainur debería estar só na subcategoría Ainur? A dúbida veume ao incluír o modelo "Artigo principal" nestas subcategorías. Non sei de me dei explicado :) Grazas por adiantado. Saúdos.--Manudosde 12:14, 16 febreiro 2008 (UTC)

  • O mes pasado xa falamos deste tema (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_%28pol%C3%ADticas%29#Categorizaci.C3.B3n_dos_artigos_que_dan_nome_a_categor.C3.ADas) e Banjo dicía que a regra era que o artigo principal debería colgar da categoría principal, non da subcategoría á que lle dá nome. Nes enlace podes ver mellor a explicación e os exemplos. A realidade é que hai categorizacións para tódolos gustos, que non cumpren ese principio, polo que aproveito para lembrar que sería bo revisar esta práctica e corrixir todos eses erros de categorización incorrecta. Pedro --Lameiro (conversa) 12:37, 16 febreiro 2008 (UTC)
  • Grazas Lameiro, non sabía que xa se discutira o tema. O método que propón Banjo é o que estaba a utilizar eu por defecto, así que un traballo que me aforro :). Un saúdo.--Manudosde 13:06, 16 febreiro 2008 (UTC)
  • Supoño que na categoría que leva o seu propio nome xa pos o modelo de Artigo principal:. GallaecioE logo? 21:28, 4 xuño 2008 (UTC)

Axuda fotografías[editar a fonte]

Propoño a creación dunha sección, subpáxina ou similar para pedir axuda á hora de conseguir fotografías ou outro material para ilustra-los artigos.

Concretamente, viríame ben que alguén de Ourense (ou que pase por alí) me consiga unhas fotografías da casa natal de Xaquín Lorenzo, da súa tumba, dalgunha estatua súa, da súa casa de Facós. ¿Pode ser? Pedro --Lameiro (conversa) 18:17, 18 febreiro 2008 (UTC)

  • Symbol support vote.svg Concordo coa creación desa páxina onde pedir fotografías. NO tema das fotos de Ourense eu non vou poder axudar. AlberteSi, digame? 21:14, 18 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario Retomo este fío para ver se alguén máis se anima a opinar sobre iso que di Lameiro, xa que me parece unha moi boa idea. Eu por exemplo pediría para quen viva en Ferrol unha foto do monumento a Daniel Niebla e Amador Rey. Por iso, tendo en conta que estamos moi dispersos polo territorio galego penso que é unha boa idea. Saúdos. AlberteSi, digame? 22:58, 10 marzo 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo coa creación desa páxina. Eu tampouco che podo axudar co de Ourense, si alguén necesita algunha concreta de Vigo ou arredores, que avise. Miguel.lima 16:25, 30 marzo 2008 (UTC)
    • Como supoño que ninguén estará en contra, vou comezar con este tema. En vez de unha páxina, penso que estaría ben facelo usando unha categoría de artigos que requiren imaxes, que á súa vez pode conter categorías por tema, zona xeográfica, etc. Para axudar a facer isto, estou creando un marcador de "fotografía requerida", cando remate xa dou aviso na taberna. Miguel.lima 15:25, 27 abril 2008 (UTC)
      • Pois eu prefería unha páxina onde a xente ouidera solicitar fotografías concretas para artigos, en vez de crear categorías, xa que se poñemos o modelo ás páxinas sen imaxes teremos cantidade de páxinas con ese modelo, e penso que é pouco efectivo e estético. Que opinades? AlberteSi, digame? 15:57, 27 abril 2008 (UTC)
        • Acabo de ver a túa mensaxe. Eu xa estaba creando categorías, pero agardo a ver que vos parece. O das categorías pareceume máis cómodo para o que quere ir sacar fotos para a Galipedia, e quere saber que artigos as necesitan, de cousas que estén pola zona onde vive. Pero quizáis é menos estético. Tamén podemos meter o marcador abaixo de todo, en vez de enriba. Ou non usar o marcador, e meter a páxina directamente na categoría. Miguel.lima 17:13, 27 abril 2008 (UTC)
        • Tamén me gusta a idea do marcador, porque invita ao lector que entra a ver o que pon sobre o seu pobo, a subir as fotos que poida ter, dándolle ademáis un par de ligazóns que lle servirán de axuda. Quizáis para os que estamos máis metidos no allo sexa máis engorroso manter o sistema categorías/marcador que o da lista, pero para o usuario espóradico é máis doado, e máis visible. E si teño que escoller, prefiro facilitar as cousas ao novato, que ao que xa está "enganchado". Miguel.lima 17:19, 27 abril 2008 (UTC)

Bloqueo a Lansbricae. Finalización correcta 18/2, finalización estimada 20/2. Nova solicitude de correción.[editar a fonte]

Son o usuario:Lansbricae, que foi obxecto de bloqueo por un periodo de 7 días. ese periodo xa ten rematado o día de onte 18 de febreiro pero discrecionalmente se me aplicou un bloqueo de 9 días. Advertido o administrador que fixo o bloqueo este ten ignorado de xeito reiterado a solicitude de que correxise o bloqueo mal feito, polo que solicito aquí que se corrixa o abuso na aplicación das funcións de administrador que se está a desenvolver e se desbloquee o meu usuario. A quen teña a ben correxir este erro agradecido e se esta solicitude é ignorada polo menos que non sexa por falta de solicitalo. Despois dun ano e varios meses neste proxecto entendo a relatividade e discrecionalidade na aplicación da normativa, pero non significa que comparta o xeito de actuar. Esperando se poda resolver o erro de ter sido técnicamente mal bloqueado, e quedando a disposición do que conideredes. Lansbricae

Lansbricae, por favor, acabas de saltar o bloqueo dende a IP que lle desbloqueei a Alma para que editara dende a casa, e que ela dixo que non te ías aproveitar da ocasión para editar dende esa IP saltando o bloqueo. Bloqueeiche o día 12 ás 13:54, 12+7=19 ás 13:54, e ti adiantácheste 7 horas. O grave é facelo dende a IP que desbloqueei sen ter que facelo, ante a petición de User:Alma. Ademais de saltar o bloqueo acúsasme de abuso, ante estas cousas vou ter que aumentar o bloqueo (o habitual é que este sexa maior co anterior, mais non o vou facer). AlberteSi, digame? 13:30, 19 febreiro 2008 (UTC)

Artigo que comecei e vou traballar[editar a fonte]

Explícovos: Comecei un artigo, en concreto Guerra das Volantas e vouno completar. Daquela, que é mellor? Poñer artigo nos seus primeiros pasos ou que o estou a editar? A min tanto me ten que anden nel, simplemente quero aclarar que é unha simple introdución. Ou ¿é mellor borralo enteiro e facelo antes no meu ordenador e logo copialo. --mariquinhagz 14:58, 22 febreiro 2008 (UTC)

Boas. Penso que o mellor é que poñas o marcador de {{enuso}} ó comezo do artigo, así queda claro que vas seguir traballando nel. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:00, 22 febreiro 2008 (UTC)

O Valadouro[editar a fonte]

non sei arranxar marcadores de parroquias...

quen saiba, que faga o favor de arranxar unha cousiña no do Valadouro. Na parroquia do Valadouro, entre parénteses aparece como patroa "Santra Cruz", cun r de máis. Graciñas!! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 02:05, 23 febreiro 2008 (UTC)

votacións para borrar[editar a fonte]

quixen subir un novo artigo para as votacións para borrar (Arquipélago de Ons), pero creo que non o fixen de todo ben, malia probar de todo. Síntoo, pero se alguén o pode arranxar, mellor. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 02:20, 23 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións[editar a fonte]

Quero rematar as Eleccións municipais dos concellos de Neda, Fene, Ares e Mugardos e non podo. Só me faltan os datos das eleccións de 1979. Non sei onde atopalas.--PepedoCouto 17:04, 28 febreiro 2008 (UTC) Tamén quería saber si hai algún xeito máis rápido de pasar os datos das distintas eleccións municipais, que xa están elaboradas nos artigos de cada concello, ós artigos Eleccións municipais en Galicia.--PepedoCouto 20:17, 28 febreiro 2008 (UTC)

só se me ocorren os arquivos dos concellos ou hemerotecas físicas. :( --Xabier Cid 20:39, 28 febreiro 2008 (UTC)
polo que respecta aos gráficos na páxina xeral, creo que non. Pero tamén nos podemos repartir o choio, se queres. Dime o que debo facer e... fareino! --Xabier Cid 20:45, 28 febreiro 2008 (UTC)

remisións[editar a fonte]

¿Como se remite a unha sección determinada dun artigo? Por exemplo: ¿como podo remitir en Minerais na alimentación á sección Papel biolóxico do artigo Calcio? Pedro --Lameiro (conversa) 16:00, 8 marzo 2008 (UTC)

Axuda para Parroquias de Narón[editar a fonte]

Necesito alguén que controle debuxo co ordenador, para mellorar a Imaxe:Parroquias de Narón.png. Quería poñer os nomes das parroquias no mapa.--PepedoCouto 21:30, 8 marzo 2008 (UTC)

Mira se che vale Imaxe:Parroquias de Narón.svg. Está en formato svg, o que che permite modificala moi facilmente mediante programas como inkscape, que é libre e gratuíto. Puxen as 7 parroquias, pero non coñezo como está dividida a de Narón (son barrios?). --Xosé (✉) 01:25, 9 marzo 2008 (UTC)

Atenciónporque[editar a fonte]

¿Non había antes un modelo "Atenciónporque" que permitía explicar no mesmo aviso as causas do marcado? E se segue existindo, ¿como é? Pedro --Lameiro (conversa) 22:24, 12 marzo 2008 (UTC)

  • É co propio marcador de {{atención}}. Para explicar os motivos do marcador de atención sería pois así: {{atención|Engado marcador por tal e cual motivo}}. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:28, 12 marzo 2008 (UTC)
    • Entón será cousa da maiúscula, senón, non o entendo. Edita can de palleiro e mira o que escribín, a ver onde me equivoco. Grazas. Pedro
      • Ok, xa din co problema, o caso é que como o enderezo web que dás leva caracteres extraños como o &, pois entón non interpreta ben o tema. Logo sería así {{atención|1=Engado marcador por tal e cual motivo [http://mediorural.xunta.es/gandaria/razas/raza.php?sv=6&op=ga]}}

Río Xuvia[editar a fonte]

Subín unha imaxe do río Xuvia, pero non leva o til. Que hai que facer para cambialo? Grazas.--PepedoCouto 20:32, 13 marzo 2008 (UTC)

  • Non fai falla que o nome da imaxe vaia perfecto normativamente, hai moitos exemplos de imaxes sen nomes correctos. Se aínda así a queres mudar debes propoñer para borrar a páxina de Imaxe:Rio Xuvia, e volver cargala desta vez co nome correcto. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:30, 13 marzo 2008 (UTC)

No artigo do Río Grande de Xuvia hai un problema, este río ten un afluente, o río Castro, e este ten unha ligazón interna que o fai co río Castro, pero o que desemboca na ría de Lires. Grazas.--PepedoCouto 21:58, 13 marzo 2008 (UTC)

Corrixín a ligazón. Puxen de xeito provisorio Río Castro, Río Grande de Xuvia, (río afluente, río) se cres que hai unha solución mellor pódese mudar. Tamén teremos que crear unha páxina de homónimos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:39, 14 marzo 2008 (UTC)

Bodega[editar a fonte]

No artigo da gaita hai un problema, entre os distintos tipos de gaitas, hai unha orixinaria do Languedoc chamada bodega, e esta ten unha ligazón interna que o fai con adega (homónimos). Grazas.--PepedoCouto 15:46, 16 marzo 2008 (UTC)

Mensaxe en inglés[editar a fonte]

¿Por que me aparece a seguinte mensaxe en inglés na "Categoría:Prensa": This category has the following 4 subcategories, out of 4 total. Pedro --Lameiro (conversa) 20:39, 22 marzo 2008 (UTC)

Supoño que quedaría sen traducir, creo que só os administradores poden editar as páxinas do sistema.--Arco de Rayne 20:43, 22 marzo 2008 (UTC)

Montes de Galicia[editar a fonte]

Neste artigo aparecen 4 montes, todos eles no concello de Bande e en todos entre paréntese, Pereira. Qué quere dicir esto?

  • Eu diría que é un lugar de Bande, podes comprobalo no Nomenclátor [2].--Arco de Rayne 21:02, 28 marzo 2008 (UTC)
    • Temos Gordovela (912 m), O Casal (800 m), a Pena das Cruces (1.200 m) e Ponte Pereira (780 m), todo elo na Pereira, concello de Bande. Moita concentración de montes nun mesmo lugar (nin siquera parroquia, que sería Corvelle, e que incluso non se chama Pereira senón A Pereira).
    • Na entrada Bande da Gran Enciclopedia Galega só destaca do seu relevo os montes de Baralloá (1.182 m) e Fonte Santa (1.088 m). A Pena das Cruces que no artigo se sitúa entre Lobeira e Bande, non aparece citada en ningunha das dúas entradas, nin en Bande nin en Lobeira (e se mide 1.200 m merecería unha referencia). Na mesma enciclopedia non existe entrada para ningún dos catro montes. No noso artigo Bande tampouco se mencionan.
    • Na web oficial de Bande Bande [3] fálase de “montañas que alcanzan entre os 800 e os 1.140 metros de altitude” e menciona expresamente “elevacións como as do monte Fonte Santa con 1.086 metros, ou o monte Castro con 906 metros;... o monte Congostro de 911 metros, e ... o monte Penamaior con 922 metros”.
    • En conclusión: se se supón que toda a Galipedia debería ser verificable polo lector, estes catro montes –de existir- non son verificables en absoluto, e as fontes consultadas citan outras elevacións diferentes. Eu propoño o borrado deses catro montes. Pedro --Lameiro (conversa) 11:02, 29 marzo 2008 (UTC)
    • Concordo que o que non é verificable debese borrar ElviraConversa con mi 11:38, 29 marzo 2008 (UTC)

Grazas polo traballo realizado buscando información. Estou totalmente de acordo co borrado.--PepedoCouto 15:40, 29 marzo 2008 (UTC)

Lugares de Narón[editar a fonte]

Quería facer as caixas dos lugares das parroquias de Narón, e por máis que fozo, non dou atopado o xeito. Necesito unha man xa!--PepedoCouto 16:47, 26 marzo 2008 (UTC)

Colles un modelo xa feito, por exemplo, Modelo:Lp Cenlle e daslle a editar, copias o contido e logo para crealo na caixa de búsqueda pos Modelo:Lp parroquia de Narón (segundo o nomenclátor da Xunta [4]), cambias o contido de dentro e xa estaría. Alma (fálame eiquí) 17:27, 26 marzo 2008 (UTC)

Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol[editar a fonte]

Teño unha dúbida e necesito unha respos ta fundamentada. No Nomenclator da Xunta aparece a parroquia de Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol, cando en galego, polo que eu sei, debería ser Icía ou Cecía. Cal é a razón de que apareza como Santa Cecilia?--PepedoCouto 11:57, 30 marzo 2008 (UTC)

  • Creo que esa resposta só cha pode dar a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, na páxina do Nomenclátor abaixo aparece o seu correo electrónico, podes intentar escribirlles.--Arco de Rayne 12:00, 30 marzo 2008 (UTC) Tamén é posible que Cecilia sexa unha variante correcta de Icía en galego pero é algo que descoñezo, sinto non che poder ser de máis axuda.--Arco de Rayne 12:12, 30 marzo 2008 (UTC)
    • No Dicionario dos Nomes (Xesús Ferro) dáse Cecía, Cecilio e Cecilia como variantes admitidas de Icía (e remiten a esta entrada). No Nomenclátor só hai dous lugares co nome de Santa Icía pero hai dúas parroquias co nome de Santa Cecilia: este de Ferrol e outra Santa Cecilia de Freán, no Saviñao. Pedro --Lameiro (conversa) 14:13, 30 marzo 2008 (UTC)

Polo que sei si son variantes da mesma orixe, e Ferro-Lameiro confírmamo. Pero non se confunda Icía con Itzíar/Izíar (con ou sen til), de orixe vasca, que supoño que non será o mesmo. Respecto ás advocacións, aínda que a Comisión terá certo coidado e comprensión coa Igrexa, creo que son competencia do bispado. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 20:54, 1 abril 2008 (UTC)

Por certo, o feito de usar distintas variantes dos nomes dos santos advocados non é inusual en absoluto: Clemente-Cremenzo (cf. San Clemente vs. Nomenclátor), Fiz-Fins, Olaia-Baia-Eulalia, Vitoiro-Vitor, Madanela-Madalena reflicten estes usos, nalgúns casos de distribución complementaria no ámbito xeográfico (disxunta) ou episcopal (por exemplo, creo lembrar que Madanela era máis dos bispados lugués e mindoniense). --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 09:54, 7 abril 2008 (UTC)

Guerras[editar a fonte]

Estaba pensando en facer o artigo da Guerra ruso-xaponesa e ía comezar o artigo cando ao poñer o título dubidei como poñelo, temos na Galipedia diversas formas: Guerra de Sucesión Española, Guerra Civil española e Guerra franco-prusiana e non teño nin remota idea cal é a forma máis aconsellable. Eu pensara facer o artigo como Guerra ruso-xaponesa pero o máis aconsellable sería establecer un criterio común.--Arco de Rayne 20:43, 5 abril 2008 (UTC)

  • Supoño que te refires ó uso de maiúsculas. Pois certamente non hai un criterio perfectamente definido. O que eu prefiro é que a referencia ó lugar da guerra sexa en minúscula (Guerra Civil española, Guerra de Sucesión española, Guerra franco-prusiana, e polo tanto, Guerra ruso-xaponesa). AlberteSi, digame? 15:41, 6 abril 2008 (UTC)

Bots[editar a fonte]

Na Galipedia hai dous bots operados por usuarios propios, Usuario:BanjoBot e Usuario:XoseBot que por diferentes motivos actualmente están inactivos polo que sería de grande axuda ter outro máis, son de moita utilidade para mover categorías e para corrixir palabras entre outras cousas. Se algún de vós ten coñecementos para montar e operar un sería estupendo e de grande utilidade para manter a Galipedia.--Arco de Rayne 13:25, 13 abril 2008 (UTC)

O bot Usuario:Frybot do Usuario:Fryant parou as probas de bot en outubro 2007. Mais podeselle preguntar a Fryant, que estuvo activo a comenzo do mes si o pode perfecionar ??? ElviraConversa con mi 13:46, 13 abril 2008 (UTC)
Eu teño coñecementos de programación, supoño que non será moi dificil aprender a crear un deses bots, aínda que non sei como van, nin en que linguaxe de programación, nen nada. Si alguén dos que xa creou un bot me bota unha man cos primeiros pasos, eu despois podería crear un e mantelo. Miguel.lima 11:27, 16 abril 2008 (UTC)

charlas en Ordes[editar a fonte]

--Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:50, 15 abril 2008 (UTC)

Xa dera este tema por abortado e case por esquecido. Para quen queira contextualizarse todo isto comezou aquí. Contactara coa persoa que o leva por correo coa seguinte mensaxe:

Ola, rbc> Son un administrador dende hai un ano aproximadamente (cunha > frecuencia bastante variable respecto ás miñas funcións) [...]. Traballo [con alguén] de > Ordes que vai e vén tódolos días, polo que de transporte e > accesibilidade non creo que haxa problema salvo que traballamos polas > mañás (e de cartos menos, nin falla que fai). Non é que estea sobrado > de experiencia, e hai tamén outros administradores en Santiago que o > poderían facer mellor ca min, pero se non atopas a outro fala comigo.> Contáctame neste mesmo correo, aínda que non o consulto cada día.

O día despois (15 de febreiro) chegoume o seguinte:

Sería xenial se poideses participar, eres a primeira persoa que me responde dende a banda da galipedia. Ainda non me metín a fondo na organización das xornadas porque tiven moito traballo, pero encantaría poder falar contigo e intentar concretar algo. Se me mandas o teu número chamareite. Gracias por responder. [tómome a liberdade de repetir o texto do seu correo porque, aínda que é privado, non lle vexo ningún contido persoal]

e non recibira máis nada en todo este tempo, co cal non podía informar de nada en concreto porque non había nada do que informar. Pero hoxe recibín unha chamada. Era esta persoa e comentou que:

  • si se ían organizar esas xornadas
  • pertencía á Sociedade Comarcal (asumo que S. para o Desenvolvemento C. de Galicia), en cuxa sede polo que entendín sería onde terían lugar
  • asumo (suposición miña) que participaría máis xente doutros colectivos
  • o tema é sobre a "Sociedade da Información" ou algo así
  • a data prevista é o 15 de maio pola tarde
  • ninguén máis contactara
  • non dera resposta antes porque
  • estivera con outras cousas (obradoiros de non-me-lembro-xa)
  • non se puxera a traballar no tema
  • non tiña aínda a seguridade de que se levasen a cabo, e agora que xa o sabe foi que chamou
  • ante a miña renuncia a recibir calquera tipo de cartos, dixo que non había nada

Eu intervín na conversa co seguinte:

  • expliqueille que a Galipedia tén a súa propia dinámica interna, moi por riba sobre o que pasou coa Consellería de Industria (non sei se fixen ben) e que antes de aceptar gustaríame saber que opinaba a comunidade (por iso lle contei o da Wikimaratón)
  • en canto escoitei conxugar o verbo representar a Galipedia, fíxenlle ver cal é a miña posición: eu podo opinar como usuario, ben ou mal, con ou sen argumentos, pero non representar a Comunidade. Podo levar un texto escrito e ler, pero en canto fago algo de oralidade (dende entoación ata responder a preguntas), caio no subxectivo [isto non llo cheguei a dicir, pero quero que conste que é a miña opinión]
  • quedei de falar para cando teña(mos) as cousas claras e faladas, pero pretendo ser todo o transparente que sei (e que me alcanza a memoria): díxenlle que se quedabamos para falar existía a posibilidade de que viñese outro usuario [non aparentou pór problema]

Ergo:

  • gustaríame saber a vosa opinión
  • ou polo menos se hai algún impedimento para que axude a esta persoa (supoño que o venres ou se é necesario o luns poderíamos quedar para ver os temas que máis lle interesan)
  • isto non quita (xa o dixen hai dous meses) para que outra persoa tamén participe (esta persoa pasa adoito por Santiago), pero avisádeme para coordinarnos

E gravo xa para que teñades a oportunidade de lelo os que aínda estades espertos. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:50, 15 abril 2008 (UTC)

  • Eu non teño nada que obxectar, ao igual que estiven de acordo en todo o que fixo Xosé. Por min adiante.--Arco de Rayne 21:55, 15 abril 2008 (UTC)
  • Non vexo problema, xa se fixeron máis charlas (Xosé e Agremón se non lembro mal) e non houbo problema ningún. De feito esta é a primeira vez que se dan explicacións detalladas, así que noraboa. Tamén quero agradecerche a túa xenerosidade por negarte a recibir cartos e ser tan transparente. Sorte nas xornadas da Sociedade da información, agardo que che vaian ben. Sorte e un saúdo. AlberteSi, digame? 22:12, 15 abril 2008 (UTC)
  • A exposición que fas do caso semella máis ca satisfactotia. Sei que non podes representar a Galipedia, pero a min si me podes representar (é unha ironía que quizais poucos comprendan, pois alá onde vaias sentireime contigo). Se precisas axuda ou simplemente compañía (mesmo compañía calada, labor de base) coméntamo)--Lmbuga Commons - Galipedia 22:46, 15 abril 2008 (UTC)
  • Por min non hai ningún problema con esta charla, nin con outras similares que a calquera lle apeteza organizar no futuro para difundir a Galipedia. Agradezoche a información, e sobre todo que vaias a pasar o esforzo de preparar e dar esa ponencia. O que si che pediría, si preparas algún material, sería que o subises á Galipedia, por si calquera o quere reutilizar noutro lugar. Miguel.lima 11:48, 16 abril 2008 (UTC)
  • Sobre o dos cartos, a min pouco me importa que se cobre ou non. Entendo que é unha decisión persoal de cada un. Penso que o resultado para a Galipedia vai ser o mesmo. É máis, si mañá me din (un suposto para o que hai que ter bastante imaxinación) que unha persoa decide adicarse profesionalmente a tempo completo a dar charlas polos pobos difundindo a Galipedia, sería o primeiro en aplaudir. Gañariamos moitos usuarios, e non vexo porque nos había de molestar que alguén gañe cartos facendo algo positivo para o proxecto. Miguel.lima 11:48, 16 abril 2008 (UTC)
  • Polo que vexo o caso non ten nada que ver co caso Xosé, aínda que aparentemente o tema sexa o mesmo hai boa diferenza entre un caso e outro. Pola miña banda agradezoche a mensaxe cunha explicación tan minuciosa e que a exposición sexa tan clara. Como outros compañeiros tamén quero agradecerche a túa xenerosidade (un ben que abonda moi pouco) tanto con respecto á Galipedia como na axuda doutros proxectos como o do que aquí se fala. Así mesmo concordo co dito por Lmbuga con respecto ao tema da representación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:28, 16 abril 2008 (UTC)
  • Estimo, sobre todo, que haxa un clima de colaboración. E, despois do que din os que escribiron antes, non teño nada novo que dicir máis que me alegro. Un saúdo.--Agremon(contacto) 19:21, 16 abril 2008 (UTC)

Ordes[editar a fonte]

Vou poñerme en contacto xa coa persoa que leva as charlas de Ordes, despois de que ninguén amosase a súa oposición.


Partidos políticos e organizacións[editar a fonte]

Polo que seguín en varias discusións e polos títulos de artigos de partidos políticos hai unha norma non oficial que establece que os partidos estranxeiros tradúcense (agás algún caso particular) mentres que os partidos que actúan en España titúlase segundo como estea inscrito no rexistro de partidos políticos do ministerio do Interior mentres que os partidos históricos españois levan o nome que utilizaran. A miña pregunta é se debemos estender esa regra ao resto de organizacións que non sexan partidos políticos, ou non, e utilizar o seu nome orixinal sexan de onde sexan ou traducilos sexan de onde sexan, a dúbida venme polo artigo Unión de Mulleres Antifascistas titulado en galego pero no seu interior aparece unha ligazón a Mujeres Libres da CNT. E non sei se debemos igualar todo en galego ou ben mover o artigo a Unión de Mujeres Antifascistas que era o nome que empregaba a organización tamén en Galicia.--Arco de Rayne 14:41, 24 abril 2008 (UTC)

Virgo, un pequeno problemiña ..[editar a fonte]

Estiven modificando o artigo da constelación Virgo e se ides al el poderedes observar que o texto inicial esta coma unha ou dúas liñas por debaixo da tabóa de datos da constelación,¿ coma poderia facer para que estivesen a mesma altura? no modelo (cando o tiven que facer) saíronme o mesmo nível (o texto e o modelo, a mesma altura).

Tamén quería saber como pedir axuda para que che revisen un artigo, sobre todo os acentos que son un desastre.

--Xabier (fálame 22:50, 27 abril 2008 (UTC)

Ola Xabier, arranxei o tema das dúas liñas máis baixo que estaba o texto respecto ó modelo. Era un problema da posición do na páxina do modelo. Para pedir axuda cos acentos podes pór este modelo ó comezo do artigo: {{Modelo:PendenteArtigo|Motivo polo cal hai que revisar}}. Se quedas con dúbidas ti pregunta. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:58, 28 abril 2008 (UTC)

Si, a putada é que asi a páxina do modelo constelación loce un pouco menos pero as páxinas co modelo quedan perfectas; o de por o modelo de pendente artigo ... se o pos ¿entra nunha lista para facer revisións ou algo polo estilo? ou somentes é un aviso para aqueles que vexan o artigo.

--Xabier (fálame 23:34, 28 abril 2008 (UTC)

  • Ao pór o modelo "pendente artigo" a páxina onde o pos métese na categoría:Artigos tarefas pendentes, e algún outro usuario poderala ver aí e arranxará (se pode) o problema; por suposto tamén o pode solucionar alguén que vexa o aviso na páxina do propio artigo. Se non entendes algo máis, aquí estamos para axudarche... Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 15:21, 29 abril 2008 (UTC)

Categorias[editar a fonte]

Poedesme explicar coma se fan as categorias? se as podo facer, coma facer para que teña o menú despregable (o simbolo +), coma se ligan a outras categorias, ect ... --Xabier (fálame 09:39, 7 maio 2008 (UTC)

  • Para crear unha categoría chega con clicar na ligazón vermella da categoría e editala dándolle unha categoría. Por exemplo, se quixera crear a categoría:Asteroide basta con premer nela e editala poñendo a categoría á que pertence (polo tanto á categoría da cal vai ser subcategoría asteroide), neste caso sería Categoría:Obxectos astronómicos. Dáslle a gardar a páxina e voilà, categoría creada. O + aparece automaticamente, cando unha categoría contén máis dentro. Porén é preferible ser coidadoso á hora de crear categorías, xa que ás veces poden estar creadas con outro nome ou a veces hai un patrón definido para nomealas (un caso claro é o lío que temos de nomes con Categoría:Pintores galegos ou categoría:Personalidades de Galicia, ¿que empregar por norma: de Galicia ou galegos?). Outas veces tamén pode ser que a categoría non sexa conveniente, como pode ser o caso de categorizar tódalas biografías de persoeiros coa data de nacemento, data da morte ou mesmo se están vivas (como fan na inglesa), que suporía demasiado esforzo e moi pouca utilidade. Xa a maiores infórmoche que temos unha páxina onde debatir grupos de categorías, é o Wikiproxecto Categorías. Aínda hai algunhas en proceso de debate e que non foron aplicadas, como esta categorización que propuxen eu mesmo. Agardo ter sido explicativo. Se hai máis dúbidas, xa sabes. AlberteSi, digame? 14:53, 7 maio 2008 (UTC)

Núcleos de Teixeiro[editar a fonte]

  • Atopeime na wiki en inglés tres artigos dos tres núcleos que constitúen o lugar de Teixeiro en Curtis en:La Viridiana, en:Pueblo Lavanda e en:Ciudad Carmín, loxicamente o primeiro que fixen foi movelas os seus nomes correctos en:A Viridiña, en:Lavandeira e en:Vermella pero o problema veume á hora de procurar referencias, non atopei referencias que Teixeiro estea constituído por eses tres núcleos e que leven efectivamente eses nomes, se tedes algunha referencia da que botar man.--Arco de Rayne 17:01, 21 maio 2008 (UTC)
Eu non o sei, pero ata diría que son fakes... Bastante ben elaborados, pero fakes... --Xabier Cid 18:49, 21 maio 2008 (UTC)
O nomenclátor o máis lonxe que chega é até aqui. Opino como Xabier, e máis mirando o artigo español: "A Viridiña (La Viridiana en castellano), Lavandeira (Pueblo Lavanda en castellano), Vermella (Ciudad Carmín en castellano)". Ademais di que son pedanías: "Vermella (Ciudad Carmín en castellano) es la tercera pedanía perteneciente a la población de Teixeiro". AlberteSi, digame? 19:00, 21 maio 2008 (UTC)

Segue a conversa aquí. --Xabier Cid 19:05, 21 maio 2008 (UTC)

Coordenadas de lugares[editar a fonte]

Estou a traballar na realización dos lugares de Narón e quixera porlles as coordenadas. Hai algún xeito de averiguar as coordenadas visualizando o Google maps? Precisamente buscando algúns lugares comprobei, polo que sei deles, que non sempre coinciden co verdadeiro e ademais faltan outros. Grazas pola vosa axuda.--PepedoCouto 17:59, 23 maio 2008 (UTC)

Gustariame engadir coordenadas a algún artigos pero vexo que o sistema empregado coa imaxe do globo so admite a latitude e lonxitude, ¿hai algunha maneira de usar coordenadas UTM? É dicir coordenadas en kilómetros respecto do ecuador e do meridiano 0.--Carronada 00:10, 19 marzo 2010 (UTC)

Dende o visor do Sigpac, premendo no botón de información, dánche as coordenadas UTM de calquera parcela do Catastro. Tamén en Goolzoom hai algo polo estilo. Hai outros, pero agora non os lembro, pódochos buscar se tes moito interese. De todos os xeitos supoño que terás en conta que unhas coordenadas UTM non se corresponden cun punto sobre a esfera terrestre, senón cun bo fato deles (creo que son 28, pero falo de memoria), un por cada fuso. As coordenadas en graos, minutos e segundos de latitude e lonxitude son únicas para todo punto da esfera, por iso eu creo preferible ese sistema. --Xoacas(Góstache o pemento?) 02:01, 19 marzo 2010 (UTC)

Si si, como calculalas seino a cousa é usar o modelo que hay para cordenadas, se se pode usar en UTM. ¿Estas seguro de que hai unha para cada fuso? Según o que teño entendido non é así, xa que unha di a distancia ó ecuador e outra a distancia a un meridiano determinado polo tanto non serían distintas para cada fuso. Pero agora me fas dubidar. Un saudo--Carronada 03:20, 19 marzo 2010 (UTC)

Tes ferramentas coma esta que traducen UTM en xeográficas e viceversa. De todas formas, eu emprego o marabilloso Google Earth. Procuro calquera sitio, amplío a tope e copio as coordenadas. É rapidísimo e o erro é so duns metros, normalmente desprezable para os meus intereses. Saudiños. --HombreDHojalata conversa 20:06, 19 marzo 2010 (UTC)
Moitas gracias, xa me estou a descargar o google Earth; un saudo--Carronada 20:30, 19 marzo 2010 (UTC)
¿Hai algunha maneira de copiar as coordenadas do google earth sen que sexa de forma manual?--Carronada 20:39, 19 marzo 2010 (UTC)

O do fuso é seguro. Mentres que o sistema de coordenadas xeográficas está baseado nunha proxección cilíndrica sobre un cilindro tanxente ao ecuador e de directriz coincidente co eixo da terra (cilindro vertical, para entendernos), o sistema Mercator baséase nunha proxección cilíndrica tamén, pero sobre un cilindro tanxente a un meridiano cuxo eixo pasa polo centro da esfera terrestre (cilindro deitado). Isto quere dicir que para cada meridiano a proxección UTM é diferente. Póñoche un exemplo: a Torre de Hércules, na Coruña (por poñer un exemplo comprobable), está nas coordenadas 43º 23' 9,34´´ latitude norte e 8º 24' 23,32´´ lonxitude oeste, expresadas no sistema xeográfico, que corresponden a o punto con coordenadas x=548.073,29 m, y=4.803.843,78 m do fuso 29, expresadas no sistema UTM. Isto quere dicir que ese punto está na franxa abarcada pola proxección sobre o cilindro tanxente ao meridiano 29, ou o que é o mesmo, que para a proxección correspondente ao meridiano 30 hai un punto de iguais coordenadas, no que só cambia o fuso, e que neste caso estará por aí pertiño dos Azores. Espero terche aclarado o tema. Xoacas(Góstache o pemento?) 21:13, 19 marzo 2010 (UTC)

Outra cousiña: no visor do Sigpac podes copiar (só con ctrl+v) as coordenadas e pegalas logo. Xoacas(Góstache o pemento?) 21:14, 19 marzo 2010 (UTC)

Si, tes razón co das UTM estaba eu errado, moitas gracias pola axuda.--Carronada 21:22, 19 marzo 2010 (UTC)

Modelo traducido[editar a fonte]

Hola

Traducín o modelo Cita Web fai un tempo. Había un modelo Cita web (en minúsculas) que estaba (e sigue estando) en inglés, con algunha eiva, e ademáis sen explicación de como usalo. Cando rematei o traballo, e fun a facer a redirección entroume unha dúbida: se redirixo ese antigo modelo ao novo, ¿seguirá funcionando nas páxinas que usaban o modelo e poñían os parámetros en inglés (title, etc)? ¿Como se fai nestos casos? ¿Corríxese cun bot as páxinas que usan o modelo vello? ¿Faise algún apaño no novo para que siga funcionando coa sintaxe do vello?

Lembreime disto que tiña esquecido, porque acabo de ver unha edición [5] na que un usuario borrada as citas web que acababa de traer da wiki .es, e non sabía como usar os parámetros do modelo. É un pouco confusa a situación actual cos dous marcadores. ¿Quen me bota unha man para resolvelo? Obrigado.

Saudos Miguel.lima 20:24, 26 maio 2008 (UTC)

Non se pode facer unha redirección sen mudar o nome dos campos porque deixaría de funcionar. Polo tanto hai que cambiar os nomes dos campos, creo que a solución máis sinxela é cambiar Cita web por Cita Web e cambiar os campos. Iso poderíao facer un bot dependendendo que como estean inseridos os marcadores, aínda que penso que en principio é mellor comezar facendo unah revisión manual para facerse unha idea de conxunto sobre o uso actual do marcador, comecei a facelo e nalgunhas páxinas xa vin algúns erros. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:22, 26 maio 2008 (UTC) Engadido: tamén hai unha cuestión a considerar, temos un modelo chamado 'Cite web' que redirixe a 'Cita web', iso fai que calquera cita que proceda da Wikipedia en inglés siga funcionando co texto de visualización traducido non así os nomes dos campos como sinalei antes. --Prevertgl 21:40, 26 maio 2008 (UTC)
Obrigado pola resposta. Pois parece entón que haberá que tirar dun bot e tentar estandarizar o uso deste e outros marcadores. A ver si nas vacacións de verán me poño uns días a ver como vai iso dos bots, e ver si pode sacar algo. Saúdos Miguel.lima 20:48, 11 xuño 2008 (UTC)
Polo que fun revisando hai moito que arranxar, mesmo revisar citas que proveñen de en.wp e o de facelo cun bot polo de agora non semella boa idea (debido a que hai que mudar e arranxar máis cousas que os nomes dos campos). Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:54, 11 xuño 2008 (UTC)

Imaxe de Francisco Fernández del Riego[editar a fonte]

Se alguén anda por Vigo e pode facer unha fotografía da escultura de Francisco Fernández del Riego que se ve en http://www.flickr.com/photos/_sullivan/2522513434/ sería de grande axuda para ilustrar o artigo. Segundo os datos que aparecen en Flickr a escultura está na praza Elíptica de Vigo. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:45, 27 maio 2008 (UTC)

De feito a praza elíptica chámase oficialmente Praza Francisco Fernández del Riego, e efectivamente alí hai unha escultura. Se ninguén a fixo antes é posible que en agosto ou setembro poida facela. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:14, 27 maio 2008 (UTC)
O xenial sería facerlle a foto directamente a el... :) --Xabier Cid Conversa 12:52, 27 maio 2008 (UTC)

Finalmente xa fixen a fotografía da escultura. AlberteSi, digame? 17:34, 1 agosto 2008 (UTC)

Música electrónica[editar a fonte]

Pos o tema é que me gustaría que alguén me botase unha man para crear un cadro como o que aparece na sección Política para poder agrupar os diversos xéneros de Música electrónica, do que son apaixonado. Ao mesmo tempo gustaríame completar a información sobre todos os estilos que existen. Vou facendo aos poucos, ou pódese establecer algun modelo de cooperación máis aló das simples engádegas ou colaboracións do resto de galipedistasP Que é iso dos wikiproxectos?? Shotokan

  • O dos wikiproxectos son proxectos adicados a tarefas específicas en que a xente interesada une esforzos para traballar un tema. Por exemplo, o wikiproxecto de Historia encargarase de asegurar a calidade dos artigos importantes ao respecto, e de que as categorías dos artigos sexas as axeitadas, etc. Respecto do cadro, tampouco eu teño moita idea de facer "modelos". --GallaecioE logo? 15:01, 6 xuño 2008 (UTC)

Fusión de historiais[editar a fonte]

Pido axuda para que comprobedes se a fusión de historiais de "Marco" e "Marco (homónimos)" (quedando a primeira) está ben feita ou me trabuquei nalgún punto a seguir. Se fose así, pido desculpas polo meu erro. Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 16:30, 9 xuño 2008 (UTC)

  • Revisando nos cambios recentes eu diría que está correcto :) --Banjo tell me 17:35, 9 xuño 2008 (UTC)

Camisolas de basquet[editar a fonte]

Estiven pelexando para facer unhas camisolas de basquet e incluílas no modelo {{Equipo de basquet}}. Despois de varios intentos, rendinme: ou son un patán ou non abonda con traducir, e cada sarillo é maior có anterior. Se alguén ten pacencia e se quere meter, molaba poder dispoñibilizar camisolas prós equipos galegos de basquet. --Xabier Cid Conversa 13:46, 10 xuño 2008 (UTC)

Magnum[editar a fonte]

A ver, o tema é que eu quixen crear un artigo sobre Magnum, unha axencia de fotografía moi importante e premiada (este mesmo ano foi finalista do premio Príncipe de Asturias). Peeero me topo con que MAgnum a secas está como título de outro artigo. Que podo facer para diferencialos????? --Shotokan 01:19, 14 xuño 2008 (UTC)

  • Penso que o mellor sería mover a serie para Magnum, P.I. e deixar Magnum para páxina de homónimos, ademais da axencia e a serie temos a munición para revolver, un grupo de música. Á axencia noutras wikis chámanlle Magnum Photos ou Axencia Magnum.--Arco de Rayne 08:38, 14 xuño 2008 (UTC)

Traballo para algún bot[editar a fonte]

Podería alguén cun bot modificar todas os nomes dos meses do ano que están en maiúscula pola forma correcta, en minúscula? Un exemplo: 1 de Xaneiro --> 1 de xaneiro. Desta forma poderiamos eliminar as redireccións que existen en maiúscula (existen só algunhas, non hai para os 365 [ou 366] días do ano). Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 11:54, 25 xuño 2008 (UTC)

Cando ande polo wiki poñerei a Prebot a fecelo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:29, 25 xuño 2008 (UTC)