Laura Ramos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1993 (31 anos) Burela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora, poetisa |
Premios | |
Laura Ramos Cuba, nada en Burela o 13 de xuño de 1993, é unha xornalista, profesora e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo e Comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en La Voz de Galicia, El Progreso, Axencia Galega de Notícias, Sermos Galiza, Adiante.gal e o Portal Galego da Língua. No verán de 2021 aprobou as oposicións para docente de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario.[1]
Sendo estudante gañou o Certame literario Xela Arias (convocado pelo IES A Sangriña, da Guarda) e o Certame literario María Soliño (convocado polo instituto de Cangas).En 2018 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo, que levaba aparellada a publicación do seu primeiro libro de poesía, A situación actual[2][3].
Foi finalista co poema "Fasme amor" na categoría mellor poema 2018 na edición aRitmar 2019.[4] Con Rascamasseiras foi Accésit do XV Certame de poesía erótica Illas Sisargas.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]- A situación actual (2018). Instituto de Estudos Miñoráns.
- Rascamasseiras (2021). A. C. Caldeirón. 48 páxs. ISBN 978-84-120762-7-1.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iglesias, Xoel (2021-08-11). "Modelo Burela : Laura Ramos: “Lembro aquela primeira vez que a professora nos leu em voz alta um poema de Manuel António”". Modelo Burela. Consultado o 2021-11-09.
- ↑ "Laura Ramos Cuba, la nueva generación poética". El Progreso de Lugo (en castelán). 26 de setembro de 2018. Consultado o 2018-12-29.
- ↑ Salgado, Daniel (21 de setembro de 2018). "Laura R. Cuba gaña o Victoriano Taibo de poesía con 'a situación actual'". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018.
- ↑ "aRi[t]mar Edición 2019". aritmar.gal. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019.
- ↑ "Charo Pita e Laura Ramos Cuba presentan as obras “O cuarto de Jane” e “Rascamasseiras” que foron premiadas no Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas". Concello de Ames. 2021-05-19. Consultado o 2021-11-09.