Secundino Iglesias Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Secundino Iglesias Ortigueira
AlcumeSiorty
Nacemento1918
Lugar de nacementoPortas
Falecemento8 de novembro de 1982
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo
editar datos en Wikidata ]

Secundino Iglesias Ortigueira, coñecido co pseudónimo de Siorty, nado en Portas en 1918 e finado en Vigo o 8 de novembro de 1982,[1] foi un reporteiro gráfico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou en RENFE e foi fotógrafo de rúa. Comezou a súa carreira en 1952 no diario El Pueblo Gallego da man de “Hincha Perico” (José Ramón Martínez). En 1962 ingresou no Faro de Vigo, onde traballou até a súa retirada por enfermidade en 1975. Colaborou tamén con La Hoja del Lunes, Meta, Marca, El Caso e a revista Blanco y Negro.

En outubro de 1966, acompañou a Álvaro Cunqueiro e Francisco Fernández del Riego a Inglaterra, con ocasión da celebración do milenario da vitoria do duque Guillerme sobre Haroldo II, o rei saxón, na Batalla de Hastings.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En outubro de 1962 recibiu o premio Martín Codax xunto cos xornalistas Gustavo Luca de Tena e Cuco Cerecedo pola serie As Rías Baixas, publicada en El Pueblo Gallego.[2] En 1971 recibiu o primeiro premio de fotografía deportiva.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faro de Vigo, 9-11-1982, p. 18, 54.
  2. El Pueblo Gallego, 14-10-1962, p. 7.
  3. El Pueblo Gallego, 16-4-1971, p. .
  4. Faro de Vigo, 16-6-1971, p. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]