Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24

Intraterrestres e Extraterrestre[editar a fonte]

Traslado para aqui unha pregunta que se fixo en forma de antigo baixo as seguintes Ip's [200.199.147.196] que dí o seguinte: "Gostaria de uma resposta correta sobre a existência de extraterrestre, pois este fato me tráz muita curiosidade, porque que sempre que aparece alguma coisa referênte ao mesmo ninguém pode comentar, se em barrinhas-MG. foi encontrado um ser extraterrestre e depois desapareceu, quem levou, para onde o que fizeram, sou interessado no assunto o que posso fazer para que junto a muitos outros estudantes do caso possanmos pelo menos dizer sem medo existe...". Procedo eliminar artigo previo aviso a usuario.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 01:34, 22 xaneiro 2006 (UTC)

Deporte escolar e deporte de base[editar a fonte]

Preciso todo tipo de información,documentación, propostas e opinións sobre DEPORTE ESCOLAR e DEPORTE DE BASE. Calquera información, documentación, enderezos webs,... e comentarios referidos a estos temas serán ben recibidos e será para min unha axuda inestimable.

Grazas anticipadas.

Alberte Fernández Fraga (mergullon@hotmail.com)

Dúbida sobre o LanguageGl.php[editar a fonte]

Estou montando un wiki, e gustaríame telo en galego, e posto que a wikepedia é un proxecto open source, pensei que teríades subido os arquivos coa traducción ao galego ao cvs da Wikipedia.. pero vexo que non é así. Existe algunha maneira de conseguilo??

Moitas gracias pola información, pero aínda así, estame resultando difícil poñer o LanguageGl.php como idioma por defecto xa que non teño o arquivo en cuestión. Non sei si me explico, pero a ser posible, poderíasme pasar a descarga do ficheiro LanguageGl.php que está na carpeta languages da instalación do wiki?? Un saúdo e moitas gracias.

Ola outra vez, tiña un pouco apartado o tema do LanguageGl.php e estou volvendo a probar, pero co ficheiro que me indicas non vale, xa que está procesado pola wikipedia e non segue o formato que ten os outros LanguageGl.php, necesitaría o que está na carpeta do servidor web de gl.wikipedia.org... non sei si alguén mo pode pasar.. Moitas gracias e un saúdo

  • Polo de agora non o temos nese formato. Terías que adaptar o texto do ficheiro da Galipedia ao formato preciso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:05, 27 abril 2006 (UTC)
  • E o volcado da táboa "wikitext" da base de datos da galipedia?? Sería posible que mo pasaras??.. agradeceríacho un montón, e verías que o usaría para un bo fin ;) Frco. Javier 12:52, 3 maio 2006 (UTC)
  • Sinto que non podamos axudarche, polo de agora só dispoñemos dos materiais aos que pode acceder calquera usuario deste wiki. Supoño que cando comecemos coa zona galega de Meta teremos máis material, pero para iso terá que pasar certo tempo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:14, 3 maio 2006 (UTC)
  • Graciñas de todos modos, tentaremos contactar ca xente da wikipedia.org para ver se podemos conseguir ese volcado da táboa da base de datos (calquera información neste senso sería de agradecer, como por exemplo unha dirección de correo electrónico ou así...). Gracias de todos modos e se logramos algo interesante manterémosche informado. GraciasFrco. Javier 07:44, 4 maio 2006 (UTC)

Dúbida sobre o indice[editar a fonte]

Como teño que facer para crear un índice ao comezo do artigo?? --81.36.52.1 09:18, 1 marzo 2006 (UTC)Erdosain, grazas

  • O índice creáse automaticamente cando existen certo número de cabeceiras, tamén se pode forzar que apareza o índice escribindo __TOC__ (sempre que haxa algunha cabeceira no artigo. As cabeceiras creánse escribindo un texto entre signos igual, exemplo: ==Cabeceira de primeiro nivel==, ===Cabeceira de segundo nivel===, ...). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:36, 1 marzo 2006 (UTC)

http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Parus_major_m.jpg[editar a fonte]

  • Alguén pode confirmar o nome galego deste paxaro Parus major. Teño referencias contradictorias, nalgúns sitios aparece como Ferreiriño común, noutras como Ferreiriño real e en Galilibros coma Ferreirolo abelleiro. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:32, 1 maio 2006 (UTC)
  • O seu nome é ferreiriño abelleiro: [1]--Miñato 12:53, 1 maio 2006 (UTC)
  • Correcto no que dí Miñato; o ferreiriño real ten cores azuis e verdosas, xunto con tintes de amarelo dende o papo ata medio das pernas. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 12:57, 1 maio 2006 (UTC)
  • Vaia! cando xa tiña localizado o nome correcto parece que vós xa responderades (eu tamén cheguei á mesma conclusión). Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:00, 1 maio 2006 (UTC)
  • Esquecíao, en Commons:Imaxe do día, as imaxes destacadas de Commons, soen aparecer moitas imaxes de animais e plantas. Se alguén quere botar unha man cos nomes galegos, non leva moito tempo e o só ten que rexistrarse e editar o template que está en xunto ao indicativo gl. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:18, 1 maio 2006 (UTC)


Petición de imaxes[editar a fonte]

Estame sendo moi difícil atopar imaxes para completar o meu artigo sobre Ith. Se alguén ten tempo de buscar imaxes sobre este personaxe, ¿sería tan amable de gardar as que atope e comunicarmo ou poñelas el mesmo no artigo? --User:Tinsiño 23:12, 13 maio 2006 (UTC)

Capturas no artigo Nintendo 64[editar a fonte]

Practicamente terminei de traducir o artigo de Nintendo 64. Gracias por ter a paciencia de non borralo :D Pero teño un par de dúbidas:

  • Hai varias imaxes subidas e non teño moi claro qué poñer de licencia.
  • Na sección Capturas, hai unha táboa case vacía totalmente. Eu voto por borrala, ou a ver se alguén pode aportar novas capturas, non sei.

Un saúdo.--Garthof 22:29, 15 maio 2006 (UTC)

Eu acho difícil que estas imagens não estejam sob o fair use, a menos que você seja a favor delas. Quanto às capturas (screen shot) não sei se alguém consiga alguma que não viole a política de imagens da Galipédia... --Slademsx 22:26, 21 maio 2006 (UTC)

Vou sacar fotos de algúns videoxogos/videoconsolas, non borras a táboa. --Dannycas 01:09, 22 maio 2006 (UTC)

Moitas gracias polas vosas respostas.--Garthof 10:04, 25 maio 2006 (UTC)

Artigo Destacado[editar a fonte]

Hola. Gustoume moito un artigo, Batalla de Pavía. ¿Cómo podo facer para marcalo para que poida ser o próximo artigo destacado da portada? --O Tin 17:27, 22 maio 2006 (UTC)


Dúbida[editar a fonte]

Como se fan os templates? Seríame de moita axuda. Grazas e saúdos.--Alberte 14:26, 23 maio 2006 (UTC)

Tradución de texto no pé de imaxe[editar a fonte]

Natto

Na Imaxe do día de Commons, aparece o seguinte texto en inglés: Added Shoyu (Japanese soy sauce), and starting to stir the natto with chopsticks. Puxen o seguinte texto en galego: Agregado de Shoyu (salsa xaponesa de soia), e os pauciños remexendo o natto. A tradución non é preciso que sexa literal, pero o texto debe ser exacto en canto a descrición da imaxe. Non me convencen as palabras agregado e pauciños. Sobre natto ao principio utilicei pisto pero logo deixeino igual porque é o nome do prato xaponés. Algunha idea para mellorar o texto? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:13, 3 xuño 2006 (UTC)

Países do mundo[editar a fonte]

Revisando os artigos de países para cambiar imaxes sen licenza por outras con ela ou de maior calidade, vin que había moitos artigos con contido moi pobre. Esta mensaxe é para solicitar colaboración na mellora destes artigos, calquera ampliación ou revisión sería moi valiosa. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:00, 5 xuño 2006 (UTC)

Nueva categoría[editar a fonte]

Hola, perdón por no hablar en gallego. Estoy traduciendo artículos de galipedia a la wikipedia en castellano. Como no sé gallego puedo aportar poco, pero sí que trato de incluir interwikis si el artículo no los tiene o colocar la categoría adecuada. He visto que no existe ninguna categoría de personas colgando de [[Category:Galicia]] (como [[Category:Artistas de Galicia]]). ¿Es por alguna razón concreta o puedo crearla? Gracias --Ecemaml 17:55, 6 xuño 2006 (UTC)

  • A categoría artistas é unha categoría en extinción, e outras do mesmo tipo non foron aprobadas. Case todas as categorías da rama música son provisorias mentres non se tome unha decisión definitiva ao respecto. Polo tanto, non é boa idea crear a categoría que propós. En canto ao galego tes Normativa oficial do galego e Curso de lingua galega para mellorar os teus coñecementos de galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:16, 6 xuño 2006 (UTC)
Gracias por la explicación y por el consejo. Indirecta cogida. --Ecemaml 10:50, 7 xuño 2006 (UTC)

Apodo[editar a fonte]

¿Cómo facedes para poñer un enlace co User Talk na firma? --User:Tinsiño 15:49, 10 xuño 2006 (UTC)

Nas preferencias, no campo "O seu alcume" escribes: [[User:Tinsiño]]<sup>[[User talk:Tinsiño|falar]]</sup>. A parte en negriña corresponde á páxina de discusión. Se marcas a casiña "Sinatura tal como está, sen enlace automático (raw signature)" xa funciona. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:11, 10 xuño 2006 (UTC)
  • Moitas gracias. Vou intentar ser orixinal. Saúdos. --User:Tinsiño 17:00, 10 xuño 2006 (UTC)

Referenzas[editar a fonte]

Como se fai para engadir referenzas? Copiei igual ca na portuguesa, mais non funciona. grazas.--AlberteSi, digame? 00:38, 11 xuño 2006 (UTC)

  • Podes aclarar un pouco a pregunta e a que artigo te refires. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:49, 16 xuño 2006 (UTC)

To whom who may concern[editar a fonte]

Para quen queira podo enviarlle o VOLG versión 2006 en Access, para revisar a norma dos textos producidos en galego. Todo iso se xa non teño problemas técnicos con enviar correos mediante a caixa da esquerda abaixo, que xa os tiven. --Sobreira (parlez) 08:49, 16 xullo 2006 (UTC) Tédelo en [2]. --Sobreira (parlez) 23:44, 13 novembro 2006 (UTC)

Taxonomía[editar a fonte]

Teño un problema coa taxonomía do cachalote. Usei un padrón que empreguei xa co vichelocrego pero aquí tiña que incorporar tamén un suborde. Pero semella que o padrón non existe, e non sei como podería crealo. E claro, peta.--Xabier Cid 21:41, 18 xullo 2006 (UTC)

Logos[editar a fonte]

Hai algunha maneira de utiliza-lo logo dun equipo sen infrinxi-las políticas de licenzas da Galipedia? E que tiña pensado incluí-los logos dos equipos da NBA, e non sei se será posíbel...Grazas --Fryant 00:51, 26 xullo 2006 (UTC)

Polo de agora non é posible. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:48, 26 xullo 2006 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

No artigo dedicado á ONU existe unha categoría Nacións Unidas. Como xa existe unha categoría ONU que ten algunha entrada pensei en editar esta páxina e mudarlle a categoría. Porén, cando entro na edición comprobo que non existe semellante categoría e que non a podo corrixir. Como podo facer? --Xabier Cid 02:36, 26 xullo 2006 (UTC)

  • Tamén comprobo que non podo activar a categoría ONU. Por que? Por seren maiúsculas todas? --Xabier Cid 02:46, 26 xullo 2006 (UTC)
  • Non encontro as categorías que dis. Pode ser que haxa artigos que estean categorizados en categorías que non existen (nese caso as categorías nos artigos aparecen en vermello). Non encontro a categoría ONU (Category:ONU). Se quixeses crear unha categoría deberías facer unha proposta en Wikipedia:A Taberna (propostas). O problema sería decidir cal das dúas sería máis adecuada. Eu non teño preferencia por ningunha delas, ¿cal sería mellor?

Se fas click sobre (Category:ONU) verás que non existe e que hai que creala, pois aparece unha páxina de edición--Lmbuga Commons - Galipedia 02:54, 26 xullo 2006 (UTC)

  • Entre ONU e Nacións Unidas non lle vexo moito máis criterio có que seguiron os creadores dos artigos. Se eles escolleron que o principal é ONU e Nacións Unidas unha redirección, pois a min xa me parece abondo para crear a categoría en ONU. Con respecto á proposta, vouna deixar agora no seu sitio (descoñecía isto). E despois xa me dirás como a edito. ;) --Xabier Cid 03:22, 26 xullo 2006 (UTC)

Problema: Raias que atravesan táboas.[editar a fonte]

Preparei varios artigos e observo que as raias que hai debaixo dos subtítulos ou cabeceiras de segundo nivel sobrepóñense ás táboas, por exemplo nos artigos cloruro de sodio ou cloruro de potasio, cousa que non ocorre na edición inglesa ¿Como pode solucionarse? Grazas

Repito problema cos raias nas táboas[editar a fonte]

Preparei varios artigos e observo que as raias que hai debaixo dos subtítulos ou cabeceiras de segundo nivel sobrepóñense ás táboas, por exemplo nos artigos cloruro de sodio ou cloruro de potasio, cousa que non ocorre na edición inglesa ¿Como pode solucionarse? Grazas Repita esta petición de axuda pois na primeira non puxera data e sinatura. --Taboada 19:20, 27 xullo 2006 (UTC)

Unha máis de táboas.[editar a fonte]

Iniciei un artigo de botánica Herba salgueira. Na táboa que ten vai unha clasificación cientifica que me gustaría que fose en dúas columnas, así vai na en.wiki e na es.wiki, pero eu non sei como facelo. Sei facelo introducindo filas e columnas separadas con raias pero non sei facelo sin as raias de separación das celdas.

¿Podería decirme alguén como facelo?--Taboada 23:53, 27 xullo 2006 (UTC)

Non entendeo o de facelo a dúas columnas. Podes explicar mellor? De todas maneiras, o modelo que utilizamos para as clasificacións taxonomícas é ainda moi limitado; mellorará proximamente, pero se tes ideas xa vainas propoñendo. Xosé (✉) 14:21, 29 xullo 2006 (UTC)

Categoría, táboas e imaxes[editar a fonte]

Teño tres preguntiñas:

  • onde podo conseguir unha táboa semellante á de Pet Shop Boys (en español)?
  • como podo editar a categoría do artigo de ONU para eliminar a que di Nacións Unidas xa que xa está a de ONU creada? Estrañamente non dou.
    • Xa o fixen eu. O problema era que as categorías aparecían en dous lugares distintos da páxina. Por iso é importante que os elementos sigan sempre a mesma orde, cos interwikis ao final e as categorías xusto antes. Xosé (✉) 14:27, 29 xullo 2006 (UTC)
  • como podo colocar na galipedia imaxes doutras wikipedias?--Xabier Cid 14:08, 29 xullo 2006 (UTC)
    • Se a imaxe está só noutra wikipedia, non podes facelo directamente. Procura en Commons por se a atopas (ás veces teñen un nome semellante ou traducido). Se non a encontras terás que descarregar esa imaxe no teu ordenador e carregala, ben en Commons, ben na Wikipedia. Xosé (✉) 14:15, 29 xullo 2006 (UTC)

Mensaxe predefinida[editar a fonte]

Como é a mensaxe predefinida para indicar que un artigo non ten wikistilo? Na listaxe de mensaxes predefinidas non aparece... --Xabier Cid 19:38, 31 xullo 2006 (UTC)

  • Acabo de ver unha que é links internos, entre chaves, e que indica que faltan ligazóns internas... Non sei se é esa a que debo usar, e tampouco se existe unha ferramenta que permite listar todas aquelas páxinas que teñen esta característica.--Xabier Cid 23:02, 31 xullo 2006 (UTC)