Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

galego ou castelán[editar a fonte]

pareime un pouco e vin un pequeño detalle a merece a pena consultar, é o seguinte: fixen un esbozo dos presidentes de goberno do seculo XIX ó XX que se encontra dentro do artigo de España/miscelanea/Presidentes do Governo(http://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_presidentes_de_Espa%C3%B1a) da cal figuran os nomes en castelán. Deixeino asi pois o artigo principal de Camilo José Cela (se lle respeta o nome en castelán, cousa que dende o meu ver e dacordo coa información a presentei tempo atrás na "Central de Discusión" e na que houbo xente que se amosou dacorco) debera de estar en galego, pero non o esta. Isto fixo que a lista de presidentes figuren os nomes en castelán (podo poñer-los en galego pero se volven a castelán é traballo perdido). Agora achome co artigo dos reis (máis artigos complementarios -ollo, non son biografias- e non seu se a xente se amosa dacordo en que os nomes estean en castelán ou en galego. Vin os esbozo que hai feito que hai dentro do artigo Reis de españa (http://gl.wikipedia.org/wiki/Reis_de_Espa%C3%B1a) e vexo que uns estan en galego e outros non. señores poñanmonos dacordo ¿en galego ou en castelán?. eu voto polo galego (por de nada valería se outro vese na obrigra de cambia-lo nome a castelán para adxunta-lo artigo da biografia).

En Galego: --Xelo2004 21:50, 26 Feb 2005 (UTC)

En Castelán:

un saudo --Xelo2004 21:50, 26 Feb 2005 (UTC)

  • Os reis (de España e doutros países europeos) deben estar en galego, na maioría dos libros de historia en galego os nomes de reis figuran en galego. E é unha práctica xeral na maioría das linguas traducir os nomes dos reis, papas, santos e algúns personaxes históricos moi coñecidos. Os presidentes de goberno ou república deben estar nas súas linguas ( os de España en castelán , os de Francia en francés, os de Alemaña en alemán)--Rocastelo 22:06, 26 Feb 2005 (UTC)
  • Propoño que se teña en conta o que dí na páxina Área de Normalización da Universidade de Vigo no apartado referido ao Tratamento dos nomes propios doutras linguas coas salvedades do aquí decidido sobre nome adaptado - nome orixinal como se fai na Toponimia. Saúdos. --Prevert(talk) 13:14, 28 Feb 2005 (UTC)

Solicito axuda co artigo sobre o abadexo[editar a fonte]

Fixen un artigo sobre o abadexo, eu non son de mar nin son afeccionado á pesca, e podería ter erros, se alguén que coñeza o tema o pode revisar de certo que se decataría dos posibles erros.--Rocastelo 10:46, 27 Feb 2005 (UTC)

  • estiven botandolle unha ollada o artigo, bouno refacer e en breve colgoo de novo e xa che pego o toque para que o vexas.--Xelo2004 21:47, 27 Feb 2005 (UTC)

Unión Europea[editar a fonte]

Non sei onde colocar a dúbida, así que póñoa aquí. De estar mellor noutro sitio, avisade e móvoa. A cuestión é que no cadro onde se mostran os países da Unión Europea aparece LIECHTENSTEIN, principado que non pertence á Unión. Non teño idea de como modificar isto, así que se alguén me pode axudar quedaría moi agradecido. Un amigo: User:Xaguar 1:46 9 Mar 2005

  • Xa está corrixido. Saúdos. --Prevert(talk) 03:22, 9 Mar 2005 (UTC)

Toponimia de Frisia[editar a fonte]

Alguén ten información sobre a situación lexislativa da toponimia de Frisia. É a forma frisona a única legal (como sucede en Galicia) ou parécese máis a Euscadi, coas formas frisonas e holandesas oficiais.--Rocastelo 18:13, 9 Mar 2005 (UTC)

  • Estiven votando unha ollada polas wikipedias inglesa e alemana e o único que me quedou claro é que non me quedou nada claro ;) Námbalas dúas pon que o frisón é oficial en Frisia pero non especifica nada máis. Por se che vale de algo, na wikipedia alemana di Die Mehrheit der Bewohner der Provinz Friesland spricht Westfriesisch, allerdings ist trotz zweisprachiger Schulerziehung die friesische Alphabetisierungsrate sehr gering é dicir, que a maioría dos frisóns falan o Westfriesische Sprache (a.k.a. frisón do oeste), pero que, en realidade, a cantidade de xente que o pode ler e escribir é moi baixa a pesares da educación bilingüe, co que, persoalmente, eu deduciría que ambas formas (frisonas e holandesas) son oficiais. Un saúdo --Alyssalover(talk) 12:36, 15 Mar 2005 (UTC)

GA ou GL[editar a fonte]

¡Ola a todos! Procurando datos noutras wikipedias atopeime co seguinte problema: Cando fan referencia á lingua galega hai veces que escriben gl e outras ga, exemplo [[ga:wiki]] ou [[gl:wiki]] ¿cal das dúas e a correcta? gl coma no enderezo gl.wikipedia.org ou ga coma na ISO 3166-2? Graciñas--Luisinho 23:04, 14 Mar 2005 (UTC)

OK, ga->Estados e gl->Lingua--Luisinho 23:59, 14 Mar 2005 (UTC)
  • o mellor que podes facer e ver como a especifica a wiki española (que a denomina como "GL"); respalda iste motivo o mero feito de que as principais wikipedias o denominan asi: wiki inglesa; wiki francesa; wiki alemana; wiki italiana; wiki española. A sigla "GA" corresponde o Irlandés ou gaélico irladés [1] catalogado co numero 85 dentro dun listado previsible de 192 idiomas; respalta iste feito de que a wiki inglesa o recoñeza asi [2] dándolle a posición 38 das 92 que reseña na páxina ou a posición 65 [3] neste artigo complementario en canto o numero de artigos que posue analizados dun total de 199 linguas. *Aproveito aqui para reseñar algo que nun momento se dicia que non, e que este proxecto é sen ánimo de lucro; [4] non o deben de opinar asi os alemáns xa que o contido da sua wiki pasarono a un Cd's con vistas a distribuición (do cal sempre haberá quen lle saque partido das vendas). un saudo--Xelo2004(talk) 00:01, 15 Mar 2005 (UTC)

Portugal[editar a fonte]

Subín dúas imaxes para o artigo de Portugal. A bandeira e o escudo, pero pola contra non me aperecen no artigo. Se alguén pode botarlle unha ollada e dicirme que fixen mal, agradeceríallo, por que as outras dúas imaxes de Commons ás que linquei veíanse normalmente. Grazas e un saúdo. --Daniel , fálame 16:15, 26 Mar 2005 (UTC)

  • Puxen image: en maiúsculas e agora vese, comproba no teu navegador se tamén as ves.--Rocastelo 16:23, 26 Mar 2005 (UTC)

aXC, aC, aX-C, AC ???[editar a fonte]

Non teño moi claro se existe algunha norma "oficial" sobre a abreviatura de "antes de Xesús Cristo". Eu teño visto todas as que enumero na cabeceira, por iso pregunto. Eu normalmente escrito aXC, pero se alguén ten información ao respecto, pois agradécese. Un amigo: Xaguar 23:26, 4 Abr 2005 (UTC)


Saúdos --Alyssalover(fálame) 10:02, 5 Abr 2005 (UTC)

  • Coido que Xaguar non se refería ós enlaces senón a como se ven. Eu comúnmente uso a forma XXX a. de C. --Adalbertofrenesi(talk) 11:52, 5 Abr 2005 (UTC)


Lista de presidentes galegos[editar a fonte]

Fai xa uns dias que me estou documentando para facer unha lista cronolóxica dos presidentes galegos e gustaríame saber qué opinades o respecto:

¿Credes que debería incluír só os presidentes dende 1977 ou tamén ós presidentes das Xuntas Suprema, Central e Superior instauradas en 1808, 1843 e 1846 respectivamente? --Alyssalover(fálame) 11:17, 8 Abr 2005 (UTC)

Páxinas especiais[editar a fonte]

¿Cada canto tempo se renova a caché do sistema? Na páxina especial Páxinas máis buscadas, hai unha morea de artigos que xa teñen contido e siguen aparecendo en vermello.--Adalbertofrenesi(talk) 16:38, 8 Abr 2005 (UTC)

conflicto de edición[editar a fonte]

Imos ver se o explico ben:

En América do norte os ingleses teñen unha colonia que chamamos Illas Bermudas e que eles chaman Bermuda.

Pola outra banda, unha nación independente no grupo das grandes Antillas chámase Bermudas. Esta última ligazón está redirixida á colonia inglesa, e son dúas cousas distintas. ¿O expliquei ben? Pois iso, hai que cortar esa redirección. --Adalbertofrenesi(talk) 13:16, 20 Abr 2005 (UTC)

  • Non hai problema, borras a redirección e xa está. Se non vas crear a páxina do país engades o marcador {{lixo}} e logo se elimina. Por certo, no historial de Bermudas aparece isto: (actual) (última) 18:02, 8 Abr 2005 Adalbertofrenesi (Bermudas movida a Bermuda) ;-) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:30, 20 Abr 2005 (UTC)
  • Esa última nación da que falaba non existe. ocorre que me puxen a consultar outra fonte na que meten ás Illas Bermudas no grupo das Grandes Antillas, e claro, confundinme. Só existen unhas Illas Bermudas, son colonia británica e están fronte as costas norteamericanas. --Adalbertofrenesi(talk) 13:52, 20 Abr 2005 (UTC)

Plural de club?[editar a fonte]

Ola teño unha duda lingüística. O plural actual de club é clubs ou clubes? Grazas pola vosa atención.--Rubi 12:10, 24 Abr 2005 (UTC)

  • debe de ser clubes, o termo clubs, nonme parece que estea observado na RAG, e basta con engadirlle un apostrofo e aparecennos club's; o cal é termo ingles. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 12:19, 24 Abr 2005 (UTC)
  • A forma correcta do plural é clubs, forma avalada pola RAG, que se pareza ao inglés é lóxico por ser anglicismo.--Rocastelo 16:22, 24 Abr 2005 (UTC)

¿En categoría incluiríades as armas? O AK-47 está clasificado en guerras pero penso que deberían ter a súa propria categoría. --Alyssalover(fálame) 20:08, 25 Abr 2005 (UTC)

Partido Galeguista actual[editar a fonte]

O Partido Galeguista actual dirixido por Manuel Soto debémolo incluír no artido do Partido Galeguista, ou debémolo considerar un partido diferente. Isto é consíderase o actual PG herdeiro directo do PG histórico. En pricipio non fago relación a el no artigo do PG, eles reclámanse herdeiros directos do PG, pero iso tamén o fai o PNG-PG, nós non podemos entrar nese debate, debemos ser neutrais e preguntarnos se o PG actual é un partido diferente ou non ao PG histórico, caso de consideralos partidos diferentes (o que eu propoño) que nome dar ao artigo do actual PG?.--Rocastelo 17:40, 27 Abr 2005 (UTC)

  • Eu non usaría o termo "refundación" porque este usa-se asi efectivamente no nome doutros partidos e daría a idea de que ese é o nome real, ademáis de que nen os seus membros se identificarian con esa denominación. "Refundación" neste contexto conleva ademáis a idea de radicalización dos principios políticos (exceito, talvez, no caso da "Refundación Comunista" italiana, que foi un paso ao centro). Está ben a páxina de homónimos e a referencia "histórico", que aqui tería a significación de "extinto".

Acabo de visitar a súa páxina web e de ler os estatutos. Neles (artigo 3.2) fala-se da "recuperación da legalidade" en 1978 e chama-se-lle á asemblea mantida nese ano como "da reconstitución". Creo, polo tanto, que podemos referir-nos a eles como Partido Galeguista (reconstituído). Xosé(Falarlle) 11:01, 1 maio 2005 (UTC)

  • Paréceme ben o que di Xosé --Alyssalover(fálame) 11:09, 1 maio 2005 (UTC)
  • O problema é que non é o único PG reconstituído, houbo na transición outro PG, que nome darlle a ese PG logo.--Rocastelo 12:16, 1 maio 2005 (UTC)

Estiven mirando referencias e houbo cando menos tres partidos rexistrados co nome de PG antes do actual:

  • PG rexistrado o 16 de xullo de 1979 por Avelino Pousa Antelo, cancelado o 1 de febreiro de 1985 ao se integrar en CG.
  • PG rexistrado o 2 de marzo de 1985, cancelado ao se integrar no PNG o 19 de maio de 1989.
  • PG rexistrado o 30 de xaneiro de 1991, non teño datos de cando se cancelou.

Que nome dar a eses tres partidos e o actual PG, todos eran PG reconstituídos.--Rocastelo 13:47, 1 maio 2005 (UTC)

Cambiar a lingua dun wiki unha vez creado[editar a fonte]

Espero non ensuciar pero necesito saber se se pode cambiar o idioma dun wiki unha vez que xa foi creado en outro idioma.

  • Non entendo a que te refires, na wikipedia cada lingua ten o seu enderezo específico, pódese modificar pero non cambiar a lingua desa wikipedia, a non ser que sexa unha entrada para traducir, se podes poñer o caso concreto será máis doado responder. (se é un wiki fóra da wikipedia terías que preguntar alí)--Rocastelo 16:32, 4 maio 2005 (UTC)

Para Rocastelo[editar a fonte]

Gracias por prestarme atención. O caso concreto é que queriamos facer un novo wiki en galego (que non pretende ser unha enciclopedia no seu sentido estricto), e rexistrámolo coma Galicia en eapuntes pero agora as etiquetas aparecen en castelán. O que queremos saber é se dalgunha maneira se pode facer que as etiquetas aparezan en galego ou se ven deberiámos eliminar ese wiki e rexistralo de novo en galipedia, redireccionalo ou algo así. Lamentamos a nosa ignorancia e agradeceríamos que nos desproviras dunha pequena parte dela se che fose posible. Visitei o teu enlace pero non sabía moi ben onde deixarche esta mensaxe. Sentimos un gran amor por iste novo xeito de comunicación pero tamén moito respeto, exploramolo con precaución. Gústanos esta promesa. Un bico


Moitas gracias Rocastelo. Eres un amor. Sen embargo eu son parva de todo, porque fixen o que me dixeches (ou non porque visitei as direccións que me deixaches e inteitei facer o que boamente entendín) pero o caso e que non podo editar nadiña de nada e non sei por qué nin porque non. ¿Que teño que facer para entrar coma administrador. Perdoa que sexa tan parva e tan cortiña. Agradeceríache moi moito que me axudases. Un bico.

  • Moitas grazas, pero en relidade estás nun erro, foi Prevert quen che contestou, el ten máis coñecementos ca min sobre o asunto, hai uns días que non se conecta pero estou seguro que cando o faga tentará axudarvos, saúdos.--Rocastelo 16:46, 10 maio 2005 (UTC)

Estudio de Wikipedia[editar a fonte]

Hola. Estoy estudiando el comunidad de Wikipedia global, especialmente los comunidades de españa. Me gustaria entrevistar a gente de este comunidad. Si te interesa, por favor ve a: http://www.cc.gatech.edu/classes/AY2005/cs6470_spring/researchstudy/webconsent_wikipedia_study1.html (Esta en ingles, pero si no lo entiendes, te lo puedo explicar por e-mail) Gracias Mcm16 mayo 2005

Unha moza brasileira pregunta isto[editar a fonte]

Por Favor, sou brasileira preciso de informações da parroquia de o Barco, e também do Cartorio de Civil O Barco.Gostaria que alguem podesse me ajudar. Certidão de Nascimento do meu Bisavô, ele se chamava: Felipe Paradel ou Paradello. Certidão de Casamento do meu Bisavô e Bisavò:Felipe Paradel ou paradello e Maria paradello ou paradel Fernandes.Meu Bisavô Nasceu no ano de:1858, Nós só temos esses dados. O paradel ou Paradello nós não sabemos qual é o correto. Porque quando ele chegou no Brasil em 12/02/1894,na imigração colocaram o nome de Paradel e depois em outros documentos colocaram Paradello. Por favor me ajude, vou passar meu e-mail: marina.anouk@directnet.com.br Meu telefone: 11-42262423 ou 11-9379-2909 Obrigada- Gracias

  • Pola miña parte xa lle respostei, pero se alguén pode facer algunha proposta para axuda a esta causa, que non dubide en expoñelo aqui, (queda feita expresamente a invitación a moza a que veña a taberna, e vexa se hai algunha suxerencia máis). Por outra borrei o artigo O Barco de Valdeorras, pois o contido é desta seccion. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:29, 19 maio 2005 (UTC)

dudas cos enlaces[editar a fonte]

Hola a todos/as!!! son unha novata que despois dun tempo de andar a mirar o ben que o facedes :), xa vou perdendo o medo e comezei a botar unha man. A ver se me podedes axudar cun par de cousiñas (estou a traducir desde a wikipededia os artigos solicitados na portada primavera, verán, outono):

  • se no artigo en español atopo unha imaxe, ¿É aconsellable que eu tamén a poña?
  • ¿que pasos sigo para facelo?
  • se atopo un enlace a unha páxina que aínda non existe na Galipedia, fágoo directamente ou teño que presentalo como proposta para discutir (o caso concreto é Canción do verán en verán.
  • a 4º estación aínda que existe é só un esbozo ¿é mellor que a edite seguindo o modelo das outras tres

Agardando respostas --Miñoca 17:05, 26 maio 2005 (UTC)

  • Ben, unha imaxe produce un produto moito máis atractivo que moitas veces induce a ler o artigo, pero que estea noutras wikipedias non sempre indica que sexa de dominio público, para o saber temos que premer na imaxe mirar a licenza (no caso de otoño en castelán é dominio público). Para engadir hai dous xeitos, se é unha imaxe de Commons non hai máis que engadir o título da imaxe por exemplo así [[Image:títuloimaxe.jpg|thumb|texto]]. De non estar en Commons hai que a cargar na Galipedia, para iso na esquerda da pantalla aparece a caixa de ferramentas, na terceira alínea, prémese en cargar ficheiro e na páxina que nos aparece dámoslle a examinar (antes terás que cargar a imaxe no teu PC), riscar o cadro que di que o autor está de acordo, e en resumo dar a licenza. (isto pódese facer tamén despois). Xa tes a imaxe cargada na Galipedia, agora no artigo fas como se fose de Commons.

Podes engadir enlaces a páxinas que aínda non existen (é un estímulo que pode facer que outra persoa cree a páxina), agora ben non ten necesariamente que ser mimético ao que aparece noutras wikipedias (de feito eu en verán non poría canción de verán de non estar creada), sobre todo na sección Ver tamén (nesa sección é mellor poñer páxinas creadas, a non ser que sexan termos moi básicos(que teña unha probabilidade moi alta de ser creada). En canto á se é un esbozo, se paga a pena traducila, en principio se non hai nada, un esbozo é mellor que nada, agora o mellor sería mirar noutras wikipedias (portuguesa, inglesa, catalana, francesa... segundo as linguas que domines ou leas) e, ou ben traducir doutra lingua ou facer unha versión propia a base doutras linguas (non necesariamente hai que facer unha tradución literal dunha wiki, pódense traducir ou versionear á vez de 2, 3 ou 100, todo depende do tempo, paciencia e linguas que coñezas). Espero que os meus comentarios che servan de algo, saúdos--Rocastelo 18:48, 26 maio 2005 (UTC)


Son novo. Como se engaden os artigos na sección correspondente?[editar a fonte]

Como pode facerse para engadir autores á lista, referencias a obras e demais? Elabourei un arquivo sobre Edgar Allan Poe poderíanse engadir as referencias cruzadas. En canto ó artigo, habitualmente teño pouco tempo. Prometo que, en poucos días, agardo ter unha entrada enciclopédica boa e interesante. Hai prantillas para este tipo de páxinas? Poden engadirse na sección autores da Categoría Literatura (e as precisas) os enlaces para as referencias cruzadas? Mais polo miudo, gustaríame colabourar activamente na sección de literatura e na de historia. --Karlggest 17:20, 27 maio 2005 (UTC)

  • Ben para engadir artigos nas categorías tes que poñer a categoría no artigo, por exemplo [[Category:Autores galegos|Arández Pérez, Fernando]] ou [[Category:Literatura|Poe, Edgar Allan]] . No de referencias cruzadas non sei se te refires ás ligazóns internas nese caso tes que poñer corchetes na palabra que queiras ligar, por exemplo [[Estados Unidos]] ou [[Estados Unidos|americano]], neste último caso o primeiro (Estados Unidos) é a ligazón e o segundo (americano) é o que se ve no artigo. Para calquera outra dúbida non teñas reparo en consultar calquera cousa, facendo (e mesmo errrando) é como se aprende, saúdos--Rocastelo 17:29, 27 maio 2005 (UTC)

Empecei a traducir o artigo que se requiría na portada pero coa acepción da mitoloxía (por ir aprendendo algo do que non sei) e, claro, coma en es. tiña a categoría mitoloxía... Agora penso, por eu sempre penso despois, que se cadra metín a pata porque, o fixen desaparecer de artigos requiridos. Alguén pode arreglalo ou algo. Con que se me exima de responsabilidade doume cun canto nos dentes.

BicosRañolas(talk) 14:55, 2 Xuñ 2005 (UTC)

  • Eximido. Non o fixeches desaparecer: ao creá-lo, o vínculo pasou de vermello (="inexistente") a azul (="existe"). Na tradución observarás que hai vínculos en vermello; son os que non existen (alguén os creará no futuro, non hai que preocupar-se) e outros en azul (que xa existen, alguén o fixo antes). O único que debes comprobar é que realmente van á acepción que corresponde (por exemplo, que se alguén está lendo algo sobre a fariña e clica en "pan" non acabe pensando que con fariña se pode cocer un deus grego... ;-D. Xosé(Contacto) 15:13, 2 Xuñ 2005 (UTC)

Como crear novas entradas?[editar a fonte]

Hai pouco que estou colaborando na wiki galega, e ás veces véxome que non deixa crear artigos tan comúns como por exemplo "orca" ou "delfín". Como se pode facer para os crear?

  • Podes facelo seguindo unha ligazón en vermello dende outro artigo. Outro método máis "complicado" é escribindo na barra de direccións do teu navegador: "gl.wikipedia.org/wiki/Nome_do_artigo" Saúdos
PD- Nas páxinas de discusión é habitual firmar para axudar a seguir unha conversación e saber con que se está a falar ;) --Alyssalover(fálame) 19:33, 19 Xuñ 2005 (UTC)

Señorita portugués nativo necesito para traducciones[editar a fonte]

Empresa de asesoria situada en el centro de Barcelona, necesita una señorita para trabajar a media jornada (Horario flexible). Precisamos portugués nativo, español medio-alto. Debe atender correspoondencia y llamadas de nuestros clientes en Portugal. Las personas interesadas ruego se pongan en contacto con nosotros a: ginte@menta.net

¿Como se crea un template?[editar a fonte]

Estou traducindo un artigo do inglés que ten un template ("taxobox") que estaría ben poder levar á Galipedia.

¿Cómo se fai?

Xavinho

Títulos de libros[editar a fonte]

Hola a tódolos wikipedistas. Andiven a esbozar o artigo de Cortázar e non sabía se traducir os títulos dos seus libros, así que de momento deixeinos en castelán. Botarlle unha ollada se vos parece que se deben traducir a galego.

Gracias moitas.193.146.41.126 12:14, 2 agosto 2005 (UTC)

  • A traducción do nome das obras (tanto literarias, como ensaísticas, musicais, etc.) é unha cousa penso que obrigada. Ao igual que no artigo de Karl Marx aparece o nome "O Capital" e non "Der Kapital", cos nomes noutros idiomas, aínda que latinos e polo tanto máis similares ao noso, deben ser traducidos.--Xacobe 20:17, 2 agosto 2005 (UTC)
  • Sobre a tradución de títulos aínda non hai unha postura unánime na Galipedia, e é diferente que apareza o título no corpo do artigo que no listado de obras. Un criterio xeral que utilizamos no conxunto dos artigos é ofrecer información exacta que permita aos lectores localizar as fontes orixinais. Nos artigos dos países pode comprobarse. Outro criterio que seguimos unha parte de nós é que se manteñense os orixinais nos "...títulos de libros, artigos, películas, pezas musicais ou de teatro, cando aparecen en textos de carácter especializado e non existe traducción ó galego." (Fonte: Área de normalización lingüística da Universidade de Vigo). Nalgúns casos poden existir informacións complementarias que poidan permitir a tradución, por exemplo: O ISBN que o software MediaWiki convirte nun enlace. Nos títulos das películas, na miña opinión, facer unha tradución sen a seguridade de existir a versión galega intriduce un dato falso (porque o título en galego indica que se estreou en galego, basicamente na TVG). En resume, manter os títulos orixinais cando haxa dúbidas sobre o título galego, manter os títulos orixinais nas listas de obras acompañados dos galegos nos casos en que sexa posible, utilizar no corpo do artigo a tradución do título en obras nas que non haxa dúbidas sobre o título e a obra que menciona Xacobe é evidente. En todo caso lembrar que o título orixinal é unha información útil e importante. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:40, 3 agosto 2005 (UTC)
  • Penso que traducir o nome dos libros e correcto se se publicaron en galego, en caso contrario o mais loxico e deixalos no idioma orixinal, ou en castelan se foron publicado neste idioma para Galicia. En calquera caso traducir por traducir pode resultar engañoso, por exemplo se traducimos un titulo dunha novela que nunca se editou en castelan ou galego pode levar a error pra xente que coñece esa novela co seu titulo orixinal. --Kullman 16:57, 24 setembro 2005 (UTC)

Borrado de imaxe[editar a fonte]

Solicito o borrado de uml.jpg por non ter licenza axeitada, dándome conta tarde. Mil perdóns. Amáis gustaríame que me digades como se poden borrar imaxes, no caso de non poder, por favor, que a persoa que poida, se pode, realice o borrado da citada imaxe.

-Forza4 11:04, 6 agosto 2005 (UTC)

Petición de axuda dun usuario, software MediaWiki[editar a fonte]

  • Copio e pego aquí unha petición de axuda que deixou un usuario nunha páxina equivocada. --Prevert(talk) 15:52, 20 agosto 2005 (UTC):

"Hola, estoy haciendo una página sobre Los Cañones del Sil, soy de Madrid, y quiero hacer una enciclopedia sobre los Cañones, el problema es que falta la traduccion del postnuke y el mediawiki al galego, y me parece que traducirla al castellano, vasco y catalan, no tendria sentido, podeis conseguirme los archivos de lenguaje galego, graciñas, mi página es http://castrocaldelas.com, y mi correo info@castrocaldelas.com"

Ofrezo un material que vos podería servir.[editar a fonte]

Ola, chámome Xusto e hai uns anos vinme embarcado nun proxecto -que finalmente non saíu adiante- para elaborar un dicionario de lingua galega en papel.

Como resultado dese traballo perdido teño algúns centos de entradas en formato .doc que se cadra vos poderían servir para engadir na Wikipedia (ou no Galicionario). Trátase fundamentalmente de entradas técnicas ou semitécnicas das áreas de matemáticas, física, química e astronomía, aínda que aparecen definidas desde un punto de vista divulgativo.

O traballo de ir integrando entrada a entrada pode ser eterno, así que non sei se hai algunha fórmula de facer un baleirado automático ou semiautomático [son un analfabeto absoluto no manexo desta ferramenta].

Se vos interesa o material, falámolo. Se queredes contactar comigo por outra vía, tamén podedes facelo no enderezo snlxusto Œ lugo.usc.es (Œ este simbolo a sustiuir pola arroba; fago para evitar que os programas de busqueda de correos non atopen a direccion).

Saudiña

  • Estimado Xusto, a túa oferta é moi xenerosa e por suposto estaríamos moi ledos de contar coa túa colaboración tanto na Galipedia coma no Galizionario. Todo o material que axude a mellorar os proxectos wiki en galego é benvido, e tamén toda inciaitiva que contribúa a espallar o coñecemento segundo os criterios que manifesta a Wikipedia na súa portada. É importante aclarar que o material ten que ser compatible coa licenza GFDL - Licenza de documentación libre GNU, se é así só quedaría ver o xeito máis apropiado para publicalo na Galipedia (ou no Galizionario). Para finalizar, outra vez moitas grazas polo ofrecemento. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:53, 2 setembro 2005 (UTC)
  • O material non ten ningún tipo de dereitos de autor -quitados os que eu quixese reclamar- xa que é un traballo inédito e de elaboración propia. Por ese lado, non hai problema. Entón, dicídeme a quén e por qué vía podo amosarvos unha mostra do material para pensar nalgunha forma de integralo de xeito rápido e áxil.

Saúdos outra vez

Xusto

Chlorocebus aethiops[editar a fonte]

Alguén sabe como denominar en galego a estes monos que habitan no sur de África: mono verde (en castelán), vervet (inglés). Non vin ningunha referencia en galego, pero poida que exista algún catálogo galego onde aparezan, xa que é unha especie moi coñecida polas súas habelencias comunicativas--Rocastelo 17:21, 3 setembro 2005 (UTC)

  • Neste artigo en portugués aparecen como vervets. Xosé (✉) 17:58, 5 setembro 2005 (UTC)
  • O malo da palabra é que ao rematar en t non se adapta ben ao galego, a pronuncia do plural é difícil e vervetes non parece tampouco boa solución, poderiamos empregar monos vervet ou macacos vervet. Polo que vin nos dicionarios galegos só se denomina macaco ás especies do xénero macaca (aínda que os dicionarios xerais non son unha boa referencia para os nomes dos animais de fóra de Galicia, están cheos de erros). En portugués denomínase macaco ao que en galego se denomina mono, aínda que en Brasil o seu uso está restrinxido a un xénero propio do país. Polo que mentres non haxa outra referencia propoño denominalo Mono vervet, que vós parece?--Rocastelo 18:21, 5 setembro 2005 (UTC)

Necesito que alguen me explique de forma sinxela como poñer unha foto nun artigo, é como poñer o escudo dun concello. facelo de xeito que o poida entender , pois son moi torpe. un saúdo Pelos--Pelos 21:45, 11 setembro 2005 (UTC)

  • Para poñer a imaxe as explicacións que precisas están en Wikipedia:Como engadir imaxes. Se ves que non aclaran as túas dúbidas podes volver a preguntar aquí. Sobre os escudos, hai que subir o escudo á Galipedia co nome exacto que aparece na páxina do concello, se non é o nome exacto o escudo non chegará a verse na caixa de información. O nome debe conter os mesmos espazos, extensión de arquivo, maiúsculas e minúsculas do nome que se amosa en vermello na parte de riba da caixa. Para cargar a imaxe úsase o enlace do lateral esquerdo que di: Cargar un ficheiro . Se necesitas maís aclaracións volve a preguntar como dicía antes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:54, 11 setembro 2005 (UTC)

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN[editar a fonte]

Hola a todos. Estou preparando un artigo sobre a Galipedia e gustaríame preguntar algunhas cousas. Deixo o meu correo: santiago.garrido@lavoz.es. E tamén o teléfono: 981 704 210. Grazas. Un saúdo.

  • Enviada resposta polo correo electrónico. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:26, 15 setembro 2005 (UTC)

Ola. Veño de receber un correo de Prevert. Polas imaxes que subín para Arco da Vella. Tireinas da Wikipedia en francés. Mañá tentarei, se teño tempo, ver como se fai iso de marcalas. Grazas polo aviso. Saudos.

Nanotrasno

Agregar unha categoria[editar a fonte]

Agreguei o artigo "Steven Seagal" na galipedia, e unha vez feito todo o gordo atopome cun serio problema. Non son capaz de incluilo na categoria actores e actricez, da categoria Cine...

na opcion de editar da categoria que quiero modificar pon isto

-x-

Esta categoría inclúe actores e actrices de [ [:Category:Cine|Cine] ], [ [:Category:Teatro|Teatro] ] e [ [:Category:Televisión|Televisión] ].

[ [Category:Cine] ]

-x-

como teño que facer exactamente pra que me aparece Steven Seagal na S?

Teño alguns artigos mais esperando a solucion de este problema, asi que agradeceria unha resposta rapida.--Kullman 24 De Setembro de 2005 17:07 (UTC)

  • Para engadir Steven Seagal á categoría de actores e actrices tes que engadir ao final do artigo de Steven Seagal:

[[Category:Actores e actrices|Seagal, Steven]]--Rocastelo 16:36, 24 setembro 2005 (UTC)

  • Non sei que fago mal, pero o certo e que tras poñer isto so me sae unha liña o final do artigo, e sigo sen ver o meu artigp na lista das categorias. Dado que non teño posibilidade de facelo ben pido a algunha alma caritativa que poña a Steven Seagal na categoria de Actores e actrices, ainda que non o mereza.... E se pode borrar unha subcategoria nova que puxen por erro na categoria de Actores e actrices, ainda mellor. Seguirei tentando pero en ultimo caso virei aqui pra pedir que alguen engada os meus artigos
  • Fixéchelo ben, simplemente ás veces tarda un pouco en indexarse, podes comprobar como agora xa está na categoría.--Rocastelo 14:42, 25 setembro 2005 (UTC)

Software Tradutor Castelán - Galego[editar a fonte]

Estou traducindo páxinas da wikipedia española a galipedia. Axúdome cun corrector de textos (wordperfect 9) que con algunhas incorporacións de vocabulario tamén traduce. Grazas a iso, conseguín incorporar os días 1 e 2 deste mes máis de vinte páxinas. Con todo, o sistema que emprego é moi rudimentario, laborioso, e ten poucas posibilidades. ¿Hai algunha alternativa mellor? Estaría interesado mesmo en axudar a mellorar, se puidese, as bases de datos do programa tradutor--Lmbuga 23:42, 4 novembro 2005 (UTC)

Duda ca administracción dun arquivo[editar a fonte]

Boas a todos, estou a traballar no articulo relacionado co concello de Sarria. E resulta que o nome oficial é "Sárria", o historiador de Sarria ( Jaime Felix Lopez Arias ) asi mo indicou.

Debo mover o artigo, redirixindo dende "Sarria", debo pedir algunha clase de permiso?

  --Miguel Pereiro 14:09, 25 novembro 2005 (UTC)
  • O nome do concello é o que aparece en Toponimia oficial - Nomenclátor de Galicia neste caso Sarria, polo tanto non debe moverse do sitio no que está. O que podes facer se queres e poñer unha indicación nalgunha parte do artigo sobre Sárria, pero nunca poñer que é o nome oficial porque non o é. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:28, 25 novembro 2005 (UTC)
  • O nome oficial é Sarria. O acento non sei por que llo pon. Talvez sexa lusista: Sárria considérase palabra estrúxula (o diptongo decrecente -ia- son realmente duas sílabas) e polo tanto leva acento. Sen embargo, a normativa oficial do galego é distinta (é semellante á do castelán) e a forma é Sarria. Para calquer dúbida sobre toponimia oficial, aqui está o nomenclátor oficial. Xosé (✉) 14:32, 25 novembro 2005 (UTC)
  • Entonces farei como vos dixestes. Moitas Gracias polo voso tempo.
 --Miguel Pereiro 18:33, 25 novembro 2005 (UTC)

Dudas ...[editar a fonte]

Hola boas xentes.

Gustariame que me indicarades onde podo mirar os textos que describen as licencias das imaxes e a dos artigos que se escriben pa wikipedia. Se pode ser en galego mellor que mellor.

Tamen teño unha duda sobre a presentacción do artigo que estou a facer sobre Sárria. Xa terminei o inventario do patrimonio artistico-cultural do concello de sarria. Pero son 16 follas. Debería crear unha paxina a parte e despois enlazar?. Acepto suxerencias ( incluso as suplico ;) ) --Miguel Pereiro 08:58, 28 novembro 2005 (UTC)

  • Carai, 16 follas! Iso si que é traballo! Si, crea unha páxina e logo xa se irá repartindo como se vexa conveniente. 85.91.80.66 09:26, 28 novembro 2005 (UTC)
  • O que se fai cando o artigo é moi longo é subdividilo noutros artigos, como se fai nos artigos dos países (o comezo do novo artigo queda na páxina principal que apunta ao artigo completo). Hai que ter en conta cos nomes das novas páxinas sigan as convencións de nomes da Galipedia. Por exemplo podería haber páxinas chamadas: Historia de Sarria, Xeografía de Sarria ou outras que pola súa extensión foran precisas. O texto completo da licenza GFDL (a da wikipedia) podes atopalo en s:GNU GPL galego 1, en canto as licenzas das imaxes na Galipedia só temos marcadores para dominio público, creative commons, GFDL e outros casos especiais (en inglés o repertorio de licenzas é moitísimo máis completo). Podes ler a licenza Creative Commons en http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.1/es/legalcode.es , é a versión 2.1 pero xa andan pola 2.5 . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:39, 28 novembro 2005 (UTC)


Dous ríos iguales[editar a fonte]

Boas a todos. Estaba empezando a subir parte dos articulos que estou facendo sobre os concellos de Sarria e O Incio cando me din conta de que hai un río chamado Noceda que comparte nome con un rio de Ribadeo. Como se debe obrar nestes casos?.

--Miguel Pereiro(Cóntame) 10:21, 5 decembro 2005 (UTC)