Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 4
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25 |
---|
Loita contra un bot
[editar a fonte]Como podo defenderme dun bot? É certamente unha chorrada de caso, sen a mínima importancia, pero... Hai un bot que mete a ligazón ao Partido do Traballo na letopedia a partir da ficha do Partido do Traballo (Lituania). O caso é que non son o mesmo partido (un é letón e outro lituano), pero xa van de tres veces que anulo a correspondencia e non sei se renderme ou cargarme de paciencia.--Xabier Cid 11:45, 1 agosto 2006 (UTC)
- Hai un xeito pero semella demasiado traballoso. En en:User talk:Yurik/Interwiki Bot FAQ podes velo. Outra opción se o bot fai máis cambios dese tipo sería bloquealo, pero polo de agora parece que sería excesiva esa penalización. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:46, 2 agosto 2006 (UTC)
Coracias caudata
[editar a fonte]Alguén pode confirmar se hai nome galego do paxaro da foto? É un paxaro africano que en portugués se chama Rolieiro de peito lilas e en castelán Carraca lila ou Carraca de pecho lila. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:42, 2 agosto 2006 (UTC)
- Non é unha solución sinxela. O Atlas dos nomes vernáculos das aves, realizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía, recomenda o uso de rolieiro para a ave local desa familia, a Coracias garrulus. Con todo, non semella unha solución demasiado vernácula e de feito non está recollida nos principais dicionarios. Se hai esta dúbida con respecto á ave que existe en Galiza, bota contas con respecto ás que non hai... Podería ser unha boa solución rolieiro de peito lila, cando menos polo de agora.--Xabier Cid 06:48, 3 agosto 2006 (UTC)
- Pego un correo que, sobre a cuestión, me remite Miguel Conde, seguramente a persoa que máis ten traballado os nomes das aves en Galiza.
Coracias garrulus non tén nome popular galego e o portugués éme descoñecido, é moi escaso en Portugal. ROLIEIRO procede en galego do portugués ROLIEIRO, forma culta derivada do fr. ROLLIER , e nesta lingua do alemán alsaciano ROLLER, segundo Cabard e Chavet (2003), L´Étymologie des nomes d´oiseaux. O nome foi ao parecer tomado da área de Estrasburgo, pero nesa zona non cría a especie, polo que pensan que pode ser un erro, sendo nome aplicado talvez ao peto verde (Picus viridis). Son meras hipóteses. A forma transmitiuse ao fr. ROLLIER, ing. ROLLER e port. ROLIEIRO. Non tén nada que ver con rolas ou rulas. GAIO AZUL, tamén empregada en galego como voz culta, figura como variante nos dicionarios portugueses, e é similar ao catalán GAIG BLAU. Nón a recollín na lista de aves que elaborei porque BLUE JAY- Cyanocitta cristata ("Gaio azul") é un tipo de Gaio ou pega marxa que é común en América do Norte, para evitar confusións e empregar un nome exclusivo para o xén. Coracias. Carraca, voz castelá, tén orixe onomatopeica e non se empregou nas listas galegas até hoxe. --Xabier Cid 13:02, 4 agosto 2006 (UTC)
Fusionar artigos
[editar a fonte]Como se pode facer para propor fusións de artigos? Eu vin nalgures o código, pero non lembro onde. Refírome aos artigos Miguel Salgado Fernández e Míchel Salgado.--Xabier Cid 09:11, 9 agosto 2006 (UTC)
- Utilízanse os marcadores:
- {{fusión}} [[artigoQueVaiQuedar]] no artigo que vai desaparecer e
- {{fusióndesde}} [[artigoQueVaiDesaparecer]] no artigo que vai quedar
aparecendo as mensaxes predefinidas:
|
no artigo que vai desaparecer |
|
no artigo que vai quedar |
A información tela en Wikipedia:Mensaxes predefinidas Saúdos --Lmbuga Commons - Galipedia 13:18, 9 agosto 2006 (UTC)
Integrais
[editar a fonte]Se alguén sabe de integrais, por favor, revise este cambio dun usuario anónimo: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Integral&curid=20669&diff=176882&oldid=85434 . Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 22:38, 9 agosto 2006 (UTC)
- Estaba ben, porque 4*3 = 12, pero 4*3 semella máis claro e harmonico co resto da fórmula. --Sobreira (parlez) 23:53, 13 novembro 2006 (UTC)
Guillermo de Orange
[editar a fonte]Estou traducindo algúns artigos sobre a guerra de Flandes desde a wikipedia en castelán. Quizáis continúe e traduza algún sobre as personalidades que participaron nesta guerra. Para elo necesitaría saber cómo se di en galego Guillermo de Orange. Dudo entre Guillerme de Orange, Guillerme de Oranxe e Guillermo de Oranxe. ¿Alguén me pode axudar? --O TinContradíceme se te atreves 19:02, 15 agosto 2006 (UTC)
- Eu optaría por Guillerme de Orange. Xa foi utilizado ese nome no artigo Alejandro Farnesio e Ámsterdan - Amsterdam. A forma Guillermo é un castelanismo, tradución do nome orixinario (nl: Willem van Oranje).
En portugués, por outra banda, a solución tamén é pt:Orange, coma en castelán (es:Orange). Ámbalas dúas non parecen tradución de nl:Oranje, pois non me parece necesario o cambio de grafía. Poderían provir do francés fr:Orange, inglés en:Orange ou alemán de:Orange. Tendo todas estas linguas o mesmo vocábulo, eu optaría por ese --Lmbuga Commons - Galipedia 19:12, 15 agosto 2006 (UTC)
- Gracias pola aclaración, pero agora que o penso... en portugués, o sonido j non se di como nós co sonido x? Entón seguramente en portugués digan fonéticamente Oranxe... Bueno, para cando me apareza utilizarei a forma de Guillerme de Orange, como dis ti. Un saúdo.
Subir unha imaxe de outro sitio con licenza CC
[editar a fonte]Atopei unha imaxe en Flickr licenciada Creative Commons (Reconecemento-NonComercial-SenObraDerivada 2.0) ideal para o artigo Óscar Pereiro Sío e non estou seguro de como debo actuar para subila a Galipedia. A ligazón a imaxe Oscar Pereiro - Tour de Romandie time trial at Lausanne. --Alguén 10:58, 27 agosto 2006 (UTC)
- Moita das imaxes de Flickr poden subirse á Commons ou á Galipedia. O procedemento en Commons xa está creado. Pero a imaxe que dis non se pode subir a ningún dos sitios porque non permite as obras derivadas e o uso comercial.
- Nesta páxina de Flickr telas fotos con licenza Creative Commons clasificadas en 6 grupos. Só se poden subir ::imaxes do 1º e do 6º. S fas click no enlace que hai en cada grupo que pon See more podes facer buscas dentro do grupo.
- Polo de agora eu só subín imaxes do 6º grupo a Commons. Os datos das fotos do 6º grupo (polo de agora este sistema só é válido para Commons, pero podes subilas alí) incorpóranse engadindo a seguinte táboa:
- {{flickr|
- |title=título da foto en Flickr
- |description= Descrición da foto
- |photographer= Nome ou alcume do fotógrafo
- |photographer_location= localidade do fotógrafo
- |photographer_url= enlace á páxina en que están os datos do fotógrafo en Flickr
- |flickr_url= enlace á páxina en que está a foto
- |taken= Data con que aparece a foto en Flickr
- |reviewer= Usuario que a subiu (non se pon User:)
- }}
- {{cc-by-sa-2.0}}
- {{flickr|
- As imaxes do 1º grupo poden subirse con esa mesma táboa, pero hai que cambiar a licenza por {{cc-by-2.0}}
- Acabo de recificar, por confusión, unha das licenzas para subir as fotos, é {{cc-by-sa-2.0}} --Lmbuga Commons - Galipedia 14:17, 29 agosto 2006 (UTC)
Wikitable
[editar a fonte]Á hora de facer táboas, hay unha class na wikipedia ingles chamada wikitable. Hai algo parceido na Galipedia?--Fryant 22:25, 2 setembro 2006 (UTC)
Data de nacemento de Blanco Amor
[editar a fonte]Hai datos contraditorios con respecto á data de nacemento de Eduardo Blanco Amor, moitas das fontes indican o 14 de setembro de 1897, outras evitan poñer o día exacto e algunha cita o 8 de setembro. Esta mensaxe é para preguntar se algún dos colaboradores da Galipedia dispón de información para confirmar unha ou outra data? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:28, 14 setembro 2006 (UTC)
Concellos
[editar a fonte]Ola! Atopei na páxina da crtvg un apartado no que aparece a lista de concellos galegos. O mellor que ten é que se premes nos concellos tes información de cada un deles. Déixovos a ligazón aquí.
- O problema son os dereitos de autor. Se se modifica o texto orixinal ate deixalo irrecoñecible, ben, pero facelo cos 316 levará tempo. --Sobreira (parlez) 00:01, 14 novembro 2006 (UTC)
Amazon
[editar a fonte]Hola, fixen un artigo da serie de televisión Simon e Simon, traducido da wikipedia inglesa, e no apartado de abaixo onde se fala da serie en DVD, aparece unha ligazón á páxina de amazon.com onde a venden. Eu coloqueino igual, pero dubido se se pode facer. Gracias, un saúdo--Oscarpc21 10:25, 23 outubro 2006 (UTC)
- Persoalmente, sempre e cando ti consideres interesante que estea, dado que non é a túa intención propagandística, mentres a páxina non se encha de ligazóns, non lle vexo maior problema. Iso si, a presenza desa ligazón non pode servir de fundamento para que outros procuren facer publicidade. --Lmbuga Commons - Galipedia 17:42, 23 outubro 2006 (UTC)
- Penso que é preferible evitar ese tipo de enlaces salvo en casos illados. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:09, 25 outubro 2006 (UTC)
Como solicitar páxinas para traducir
[editar a fonte]Ola! Acabo de descubrir a Galipedia e eu tamén quería contribuír pero ainda non controlo ben todo isto. Estiven lendo toda a información sobre como traducir artigos para a wiki, pero non dou atopado como hai que facer para traducir un artigo que non sexa un dos que está na lista da sección de traducción. É posible traducir outra páxina, ou primeiro hai que debatilo co resto dos membros da wiki? E se é posible, como se fai? Xa sei que non debe ser difícil, pero non encontro o botonciño...
Moitas gracias!
- Es libre de crear as páxinas que desexes. Non precisas debater para creares un artigo. Agradecemos especialmente que aportes os teus coñecementos e que nos axudes a crear unha enciclopedia de calidade.
Evidentemente, podes traducir doutras wikipedias. Convén que o fagas sobre artigos que estean dentro do teu campo, para poder evitar posibles erros que presenten os orixinais.
Ollo con non traducir material con copyright (libros, outras enciclopedias, páxinas web,...). Inda que non poñan expresamente que teñen copyright, segundo a lexislación internacional teñen dereitos de autor e non poden ser traducidos literalmente, inda que si te podes basear neles.
Para comezar un novo artigo, recoméndoche primeiramente que fagas unha busca, non vaia ser que exista. Se o artigo non existe con ese nome , apareceranche unha serie de ligazóns a outros artigos semellantes. Pode existir con outro nome, fíxate para non duplicar. Nese mesmo momento verás na páxina unha ligazón que pon Pode crear a páxina. Se fas click nela, xa podes empezar a escribir.
Quizais conveña que lle botes unha ollada a Wikipedia:Como escribir un bo artigo, Wikipedia:Libro de estilo e Wikipedia:Guía de edición. --Lmbuga Commons - Galipedia 15:43, 1 novembro 2006 (UTC)
No dubides en contactar comigo cando desexes.
Moitas gracias pola información. Vou ver de traducir a entrada sobre Walter Benjamin da Wikipedia alemana. Eu estudiei traducción e socioloxía, así que creo que non terei demasiados problemas para traducir no campo da filosofía, socioloxía, políticas, etc.
Saúdos!
Franssen
Templates
[editar a fonte]Atopei un template ben chulo na wiki portuguesa (este), pero pasándoo aquí non podo contraelo tal como na portuguesa. Quería saber se hai algunha forma de facelo igualiño á portuguesa.--AlberteSi, digame? 21:23, 3 novembro 2006 (UTC)
- A min pasoume o mesmo cando intentei pegar o cabezallo de it:Template:NavigazioneAraldica. Que se lle vai facer de momento...!! --Sobreira (parlez) 23:59, 13 novembro 2006 (UTC)
Linguas indoeuropeas
[editar a fonte]Ola, son Chabi. Vou facer unha categoría de Linguas indoeuropeas e vou facer máis artigos sobre este tema. O meu galego non é moi bono e pido axuda para correxir os artigos. Gracias.
- Sabes que podes rexistrarte? Así simplificaría moitas cuestións á hora de comunicarmonos contigo e axudarte na revisión do galego deses artigos que queres facer. --Sobreira (parlez) 19:46, 30 novembro 2006 (UTC)
Localización de foto
[editar a fonte]Alguén sabe o lugar de Ourense en qe está este castelo? Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 18:53, 28 novembro 2006 (UTC)
- Na secuencia de fotografías que hai en Flickr identifícase un letreiro que pon Alberguería. Na provincia de Ourense hai: A Alberguería na parroquía de Cerreda en Nogueira de Ramuín e A Alberguería na parroquia homónima de Laza. Non sei se todas as imaxes están tomadas na mesma zona, na ringleira dez, as fotografías 1, 2 e 3 contando pola esquerda semellan corresponder ao mosterio se Santo Estevo de Ribas de Sil, dito mosteiro está en Nogueira de Ramuín. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:03, 28 novembro 2006 (UTC)
- É unha foto do castelo de Monterrei Beninho 13:31, 29 decembro 2006 (UTC)
galipedia.org
[editar a fonte]yo quisiera vender este dominio si usted sabe puede ayudar escriba a mi correo lordnias@hotmail.com
galipedia.org
gracias .