Usuario:Tisment
Esta é unha páxina de usuario da Wikipedia. Isto non é un artigo enciclopédico. Se accedeu a esta páxina a través dun sitio diferente á Wikipedia, poida que estea vendo un sitio espello. Teña en conta que é posible que esta páxina non estea actualizada e o usuario ao que pertence esta páxina pode non ter ningunha afiliciación persoal con outro sitio que non sexa a Wikipedia. A versión orixinal desta páxina atópase en http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Tisment. |
Tisment.
[editar | editar a fonte]Wikipedia:Babel | |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
| |||
|
Información de interese.
[editar | editar a fonte]Ola son Tisment e son un novo wikipedista da Wikipedia en Galego (Galipedia). O meu alcume é Tisment, e estou estudando actualmente. Teño grande interese por moitas cousas e ademais gústame axudar ás persoas e a difundir o máis que poida información enciclopédica de prestixio e interese, e por iso estou aquí.
Gustos.
[editar | editar a fonte]Gústame a informática e a comida; son un lambón. Debido a esto, sobre todo gústanme as ciencias, coma as matemáticas, bioloxía e xeoloxía entre outras.
Pese a iso tamén teño interese nas linguas, entre as cales están o galego e o inglés principalmente. Eu son nativo de Galicia, mais o meu galego non é o mellor xa que na zona onde nacín non é que se fale nin o mellor galego nin se quera se fale moito... Por iso gustaríame contribuír e por iso estou aquí.
En cuestión ao inglés tamén paréceme un idioma que xa ten moita relevancia, pero que me gusta aprender para poder comunicarme con moita xente, e que ademais coma xa levo aprendendo moitos anos, xa teño certo nivel que permíteme iso.
Por último menciono o meu interese pola música. A min non me gusta a música de hoxe en día, coma o reggaeton, trap entre outras que teñen letras ou estilos bastante malos na miña opinión. Ademais, toco un instrumento, a gaita galega dende xa fai uns anos.
Traballo.
[editar | editar a fonte]Eu non creo que o número de edicións, artigos creados, traducións e/ou contribucións feitas e creadas defina a un usuario, mais gustaríame dicir que fago:
- Traducións. De momento dedícome normalmente só a isto, a traducir artigos do español ao galego. Uso o tradutor automático e logo arranxo os erros que vexa e fago a redación dos artigos que traduzco máis lexible e correcta. Pese a iso, o meu galego non é realmente moi bo pese a que sexa nativo, e por iso sempre que querades podédesme avisar dalgún erro (ou corrixilo vós mesmos) pola miña páxina de conversa.
- Estudar. Coma xa mencionei eu aínda estudo e debido a iso pode que ás veces non teña tempo ou este inactivo. Pese a iso, considero isto parte do meu traballo, xa que debo aprender para poder seguir axudando no que poida.
Contribucións.
[editar | editar a fonte]Esta é a miña lista de contribucións.
AS MIÑAS ACHEGAS NA WIKIPEDIA E COMMONS
|