Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24

Axuda nunha caixa de datos[editar a fonte]

Traducín unha imaxe na páxina testículo e coloqueina na Caixa de Anatomía da páxina e fixen algnhas modificacións, pero a caixa quedou desaxustada e moi grande e non aparece unha das imaxes. Intentei arranxalo pero non o conseguín. Se alguén entende disto e pode arranxalo sería moi de agradecer. Grazas.--Miguelferig (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 00:28 (UTC)

  • Mira ver se che vale. Púxenlle unha anchura de 300 px, pero podes darlle o valor que queiras. Saúdos e parabéns. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 00:38 (UTC)
    • Si, agora queda ben, antes quedaba enorme. Pero é raro, iso de darlle valores á largura xa o fixera eu e non daba resultado. Será que non lle puxen px? En calquera caso, xa está ben. Mil grazas.--Miguelferig (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 00:50 (UTC)
      • Caprichos da informática. Pero é que ademais de poñer px hai que engadir despois unha barra vertical. Moi intuitivo, desde logo. Encantado de serte útil. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 01:06 (UTC)

Axuda na tradución das mensaxes de Mediawiki[editar a fonte]

Boas, veño a pedir un pouco de axuda para tentar entre todos reducir as mensaxes do software Mediawiki que faltan por traducir ó galego. Actualmente hai máis de 4.000 mensaxes pendentes de traducir e van aumentando pouco a pouco. Os que queiran colaborar teñen que acceder a translatewiki.net e alí seleccionar galego como o idioma que queren traducir e logo poñerse con elo. Se alguén ten algún problema pode contactar comigo.

Este é un traballo importante para toda a comunidade, xa que así facilitamos o uso da Galipedia a máis xente xa que terán tódalas páxinas, mensaxes e ferramentas en galego. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 17:33 (UTC)

  • Polo menos vou entrar na páxina... --Agremon(contacto) 2 de febreiro de 2015 ás 19:08 (UTC)
  • Eu apúntome. Xa fixen algunha que outra edición por alá. --Chairego_apc (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 19:27 (UTC)
  • Eu tamén me apunto a axudar no que poida --Breogan2008 (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 19:30 (UTC)
  • Apúntome. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:16 (UTC)
  • Boas Elisardo, entrei e non me aclaro nada... parece que cómpre solicitar uns permisos de tradución ou así, non? --Norrin (Fálame) 3 de febreiro de 2015 ás 07:16 (UTC)
Boeno, xa non me lembro moi ben de como era o comezo, pero pola proba que fixen agora o único que me parece que hai que facer é meter o usuario e contrasinal, logo na pantalla principal darlle ó botón Traducir, logo na seguinte pantalla seleccionar o idioma ó que traducir, galego claro. E xa che aparecen as mensaxes. O mellor é premer na ligazón "Ferramenta de tradución" que está á esquerda e así aparece unha pantalla coas mensaxes agrupadas por aplicación, aí tedes que premer na ligazón de "MediaWiki" para traducir as dese software. Cando se remate de traducir ese software o que queira pode seguir coas outras aplicacións :) Os permisos de tradución danchos automaticamente ó facer algunhas traducións no teu idioma, non é outra cousa. Se hai calquera dúbida avisádeme. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 09:04 (UTC)
  • Eu tamén me porei mans á obra. --VaiPolaSombra (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 10:41 (UTC)
  • Contade comigo, se son quen de ver como facelo... Fisterraeomar (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 15:55 (UTC)

Esquecín comentar que as mensaxes que cumpre traducir son as do software Mediawiki. Para atopalas de forma doada hai que premer no botón "Traducir" da páxina principal, logo na seguinte páxina premer na ligazón "Ferramenta de tradución" que está na parte da esquerda, e finalmente na páxina que aparece premer na ligazón "Mediawiki". Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 23:02 (UTC)

Categoría:Videoxogos de disparos en primeira persona[editar a fonte]

Cometín un erro no nome (persona->persoa) ao crear a categoría, debería ser Categoría:Videoxogos de disparos en primeira persoa, algún admin pode move-la páxina ahi? Grazas! Banjo tell me 11 de febreiro de 2015 ás 07:58 (UTC)

Creei a categoría correcta e movín as que pendían dela, queda marcada como lixo a do título incorrecto Banjo tell me 11 de febreiro de 2015 ás 08:10 (UTC)

Feito. Para outra: agora as categorías poden moverse, igual que os artigos. --. HombreDHojalata.conversa 11 de febreiro de 2015 ás 08:38 (UTC)

Axudas na tradución[editar a fonte]

A ver, por favor, necesito unha palabra que poida substituír a aprimoramento. Aparece en dous artigos: Eutanasia ("Esta euxenesia … buscaba un aprimoramento racial e unha “limpeza social”") e Fotografía ("A tecnoloxía fotográfica dixital... constitúe o último paso fundamental no aprimoramento da fotografía"). Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2015 ás 19:13 (UTC)

Melloramento racial, depuración... perfeccionamento da fotografía, refinamento...--Miguelferig (conversa) 22 de febreiro de 2015 ás 20:36 (UTC)
Grazas. Xa están feitos os cambios de acordo coas túas suxestións. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2015 ás 20:49 (UTC)

tarefa para un bot[editar a fonte]

Temos 109 ocorrencias de "norleste", 171 de "sureste" e 67 de "surleste". ¿Algún bot podería revisar e corrixir os usos erróneos? Tamén hai 360 casos de "sul", pero aquí é máis delicada a cousa porque vexo que moitos forman parte de topónimos portugueses ou brasileiros. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 20:23 (UTC)

  • Máis: 391 ocorrencias de "con a" e 115 de "con as"; 331 "con o" e 99 "con os"; e 503 "con un", 225 "con unha", 11 "cun uns" e 9 "con unhas". Un total de 1.683 formas erróneas (non todas, seguro) que hai que repasar e corrixir cando proceda. ¿Non hai un bot ccon ganas de traballar? Pedro --Lameiro (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 20:02 (UTC)
  • En canto termine a votación póñome eu con iso :) Banjo tell me 28 de febreiro de 2015 ás 20:43 (UTC)

Dogo, Doxe, Doge...[editar a fonte]

Boas! Alguén podería achegar algunha referencia ao termo en galego para o italiano Doge, agora mesmo na caixa de información da República de Venecia pon Doxe, mais no mesmo artigo na sección "Outros artigos" hai unha ligazón (inexistente) a Dogos de Venecia, mentres que no artigo de Venecia aparece Doges e Doge... Non sei se hai algún termo en galego, se é mellor poñer o italiano (Doge), ou se o mellor é poñelo sempre como Dux. Moitas grazas! Piquito (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 23:59 (UTC)

Eu tiven que traducir hai uns anos o libro Venecias, de Paul Morand, e alí aparecía doge/s en repetidas ocasións. Acabo de revisalo e vexo que engadín unha nota ao pé na páxina 35, que di "xefe do executivo veneciano. Por se unha figura xenuinamente veneciana e ao non encaixar de todo co galego duque, no sucesivo manterase o termo doge". Ollo, cómpre deixarlle a cursiva ao non ser un estranxeirismo e non estar recollido no DRAG. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 24 de marzo de 2015 ás 11:30 (UTC)

Modelo ref problemático[editar a fonte]

Explico un problema que me atopei e que non dou entendido a ver se alguén sabe algo. Atopei varias veces problemas co Modelo:Cita publicación periódica (Ou Modelo:Cita publicación). Cando se pon na forma "autor" e "coautores" non dá problemas, pero cando se pon na forma apelido 1, nome1, apelido2, nome2, apelido3, nome3 etc. os nomes dos autores non aparecen en pantalla. Por exemplo, a referencia 23 da páxina PCR en tempo real.--Miguelferig (conversa) 14 de abril de 2015 ás 20:12 (UTC)

Ola Miguelferig! Creo que xa está. O problema é que o modelo necesita os parámetros coma "autorX" no canto de "nomeX" (autor1, autor2...). Está mal explicado nas instruccións de uso do modelo, aínda que no templatedata sí aparecen ben indicados os parámetros. Fixen o cambio nesa referencia que indicas, revisa por si falta algo. Hai que revisar as instruccións para que non den lugar a este tipo de enganos, apúntoo na lista de pendentes :) Banjo tell me 14 de abril de 2015 ás 20:30 (UTC)

Grazas, Banjo, pero o que ocorre agora é que si saen os nomes pero non os apelidos. É dicir, autor1, autor2 etc. si que sae, pero apelido1, apelido2 etc. non sae.--Miguelferig (conversa) 15 de abril de 2015 ás 10:09 (UTC)

Ola de novo Miguelferig! Si que está confuso ese modelo :S... Resulta que hai que empregar "nomeX" e "apelidosX" para que se vexan ben na referencia. Quedan cambiadas de novo, revisa por se acaso. Tentarei revisar as instruccións do modelo en canto poida Banjo tell me 15 de abril de 2015 ás 10:30 (UTC)

Si, Banjo, agora funciona. Creo que o problema está en poñer "apelido" en vez de "apelidos". Ten que estar en plural para que saia. Pero en referencias derivadas do modelo inglés ou español ás veces se pon en singular e non sae.--Miguelferig (conversa) 15 de abril de 2015 ás 10:50 (UTC)

Categoría:Atención desde abril de 2015[editar a fonte]

O pasado mes superamos os récords. Temos 23 páxinas na Categoría:Atención desde abril de 2015. É a subcategoría máis nutrida da Categoría:Wikipedia:Atención.

Son artigos con problemas, que precisa dun traballo de revisión. Non vale de muito parir un artigo de calidade se no mesmo período parimos dez das catacumbas. Así nunca imos ter unha boa enciclopedia. Por favor, axudade a amañalos. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2015 ás 10:00 (UTC)

Citas Bibliográficas vs. Cita Básica[editar a fonte]

Ola compañeirxs, Botei un ollo pero non atopei resposta. Deixoo por aquí a ver se me podedes botar unha man. Estou editando o artigo do Concello de Mos e a hora de meter as citas estou tendo un verdadeiro caos. Primeiro funas metendo con "Cita bibliográfica" pero vendo o artigo de Pontedeume, un dos dous artigos sobre concellos de calidade, vin que eles o que fan é incluir unha cita básica que despois redirixe, dun clic, a bibliografía cun modelo de Cita Harvard. Entendo que para conseguir iso teño que crear a bibliografía con Modelos. Ata aí ben. A pregunta é a seguinte, cando fago a nota básica bibliográfica, que campos teño que cubrir, que é o que teño que facer, para que cando fagan clic redirixan directamente a bibliografía?

Apertas --Espantall0 (conversa) 21 de maio de 2015 ás 13:18 (UTC)

Ola ‎Espantall0!

Na sección de bibliografía usa {{cita libro}}, pon o apelido e nome do autor en |apelidos= e |nome=, o ano de publicación en |ano= i engade este parámetro: |ref=harv.

Despóis no texto, usa {{Cita Harvard}} da forma: {{Cita Harvard|apelidos|ano|pp=<núm paxina>|sp=sí}} , cambiando <núm páxina> polo número de páxina/s ás que fas referencia, e poñendo o mesmo valor en apelidos e ano que puxeches no de bibliografía.

Se necesítas máis axuda avisa e seguimos revisando ahi :) Saúdos Banjo tell me 21 de maio de 2015 ás 05:57 (UTC)

Moitas Grazas Banjo, creo que xa lle estou collendo o truco. --Espantall0 (conversa) 21 de maio de 2015 ás 13:18 (UTC)

Modelo:Medalla[editar a fonte]

Boas, fixen unha modificación no Modelo:Medalla para poder incluír a imaxe e a ligazón ós galardoados coa Medalla de Galicia. Os meus coñecementos sobre estes trebellos son básicos e non sei como facer que só se vexa un en canto lle escribes cal das dúas medalla é. Agradecería moito se alguén me puidese axudar con isto.--Chairego apc (conversa) 22 de maio de 2015 ás 12:05 (UTC)

  • Feito! Feito! - Hai que usar {{Medalla|Castelao}} ou {{Medalla|Galicia}} e xa amosa unha ou outra en cada caso. Banjo tell me 22 de maio de 2015 ás 12:17 (UTC)

Cores gráficas eleccións[editar a fonte]

Onde se poden ver ou conseguir as cores en decimal RGB para poñer nas gráficas para os municipios? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 26 de maio de 2015 ás 08:38 (UTC)

Xa atopei esta páxina. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 26 de maio de 2015 ás 08:40 (UTC)
Existe unha aplicación para firefox (unha delas chámase colorZilla) que amosa a cor de calquera obxecto que vexas na pantalla en diversos formatos de código de cores. Pódese gardar ese valor no portapapeis e pegalo ao editar na wikipedia, é moi útil e sinxelo de empregar. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.178.251.22 (conversacontribucións)

Fotografía para Carlos López García-Picos[editar a fonte]

A fotografía que tiña o artigo Carlos López García-Picos foi eliminada en Commons, e o artigo quedou órfo de imaxes da persoa en cuestión. Vai ser destacado na sección sobre Galicia para Setembro, estaría ben que tivese polo menos unha. Revisando pola rede non atopei ningunha baixo licenza compatible, a ver se alguén consigue atopa algunha por ahi. Banjo tell me 22 de xullo de 2015 ás 17:33 (UTC)

Banjo, creo que a non ser que alguén faga un debuxo a partir dunha foto vai ser (case) imposible conseguir unha imaxe do compositor betanceiro. Se cadra a mellor opción é eliminalo da portada de setembro, pasar para ese mes o artigo de outubro, e deixar o de Carlos López García-Picos para outra ocasión. Eu persoalmente poría o artigo na portada sen imaxe, pero nesta Wikipedia (e seguramente en moitas outras) non creo que esta práctica sexa moi aceptada para os artigos de portada e/ou calidade. Un saúdo!! Piquito (conversa) 23 de xullo de 2015 ás 12:15 (UTC)
Non vexo problema ningún en que o artigo de portada non teña imaxe, ó mellor así aparece alguén que achega unha... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xullo de 2015 ás 13:15 (UTC)
Tampouco creo que haxa problema por non ter imaxe, sempre se pode apañar, pero polo menos deixar constancia aquí a ver se alguén a consigue :) Banjo tell me 23 de xullo de 2015 ás 15:09 (UTC)
Se non hai imaxe, non hai imaxe. Non é un demérito. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xullo de 2015 ás 20:26 (UTC)

columnas[editar a fonte]

Ola! A ver se alguén me pode botar unha man; en Vuelta a España 1936#Clasificacións quero que aparezan as tres clasificacións unha ao lado da outra, e non unha enriba da outra; probei co Modelo:Columnas, pero dáme problemas polas cores que aparecen en ditas clasificacións. Que podo facer? Un saúdo, e mil grazas pola axuda. --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de xullo de 2015 ás 03:10 (UTC)

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 31 de xullo de 2015 ás 09:42 (UTC)

Avenida da Marina ou da Mariña na Coruña[editar a fonte]

Despois de estar a mellorar o artigo Paseo marítimo da Coruña, Breogan2008 substituiu "Avenida da Marina" por "Avenida da Mariña". O rueiro da Coruña inda non foi "galeguizado", o cal leva a dúas posibles interpretacións.

  1. Que "Marina" sexa un anglicismo e que teña que ver con isto, é dicir, unha zona de recreo próxima pegada ao mar.
  2. Que "Marina" en galego sexa "Mariña", como apunta Breogan2008, que ben se podería referir á Armada ou á Mariña mercante, ou ben ao relativo ao mar.

A ver se entre todos somos quen de resolver o "misterio". Un saúdo, --Pontevedra78 conversa 5 de agosto de 2015 ás 15:00 (UTC)

Os rueiros en xeral marcan "Avenida da Marina", tal e como comentas: [1] [2] [3]. Por ahi atopei isto tamén:
Avenida de La Marina: Su nombre se corresponde con un monolito donado por la Marina Española, situado en los jardines de Méndez Núñez, al final de la Avenida. [4]
Que concorda coa segunda opción que indicas, pero é o unico sitio onde atopei tal referencia. Faría falta unha fonte máis oficial para asegurar isto. Así con todo, se o nome todavía non está "galeguizado" oficialmente, debería quedar na súa forma actual oficial, que a falta doutras referencias entendo que é "Avenida da Marina". Banjo tell me 5 de agosto de 2015 ás 15:19 (UTC)

Mensaxe cada vez que entro coma usuario rexistrado[editar a fonte]

Boas, a ver se alguén me pode dicir como teño que facer para que deixe de aparecer a seguinte mensaxe que aparece cando entro na Galipedia coma usuario:

Information: You are importing User:Lupin/popups.js into your common.js or <skin>.js! This script is unmaintained. Please remove this inclusion and enable the Navigation popups Gadget in the preferences of your account instead.

Semella que teño que desactivar algo nas miñas preferencias mais non consigo saber que. Grazas, --Xosé Antonio (fálame sempre) 13 de agosto de 2015 ás 18:35 (UTC)

  • Ola Xosé Antonio, é o trebello Ventás emerxentes de navegación, comentei aquí o problema. Eventualmente haberá que sacalo da lista, en canto estea finalizada a implementación das ventás emerxentes que están agora mesmo en probas. Banjo tell me 14 de agosto de 2015 ás 06:26 (UTC)

Proposta de ampliación de artigo[editar a fonte]

Boas! Veño de traducir o artigo kitsune da Wikipedia en castelán, onde é artigo de calidade. Dito artigo é de calidade en moitas outras Wikipedias, entre elas a italiana: alguén se animaría a ampliar o que temos a partir desa Wikipedia? Eu non teño coñecementos de italiano, se me vira capaz xa o facía eu en lugar de molestar a outr@s usuari@s. Moitas grazas de antemán!! Piquito (conversa) 25 de agosto de 2015 ás 00:27 (UTC)

Eu tampouco sei italiano pero pode axudarche o tradutor http://www.opentrad.com/ que vai moi ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de agosto de 2015 ás 00:55 (UTC)
Que seccións exactamente queres traducir da páxina italiana? Non me podo comprometer moito, porque a partir da próxima semana vou ter pouco tempo libre, pero na medida do posible...--Miguelferig (conversa) 25 de agosto de 2015 ás 16:21 (UTC)

Rexistro fósil[editar a fonte]

Ola a todos. Alguén podería explicar por que agora non aparecen nos cadros de clasificación científica dos artigos referidos a taxons animais o rexistro fósil que antes si aparecía (e que figura no correspondente Taxobox)? Trátase dalgunha modificación decidida por quen ten autoridade para iso? Podería explicarse, daquela, o motivo? Podería modificarse o fossil_range do Taxobox para que volvera a aparecer? Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 11 de setembro de 2015 ás 13:52 (UTC)

  • Ola Xoio. Xa debería estar solucionado, revisa por si detectas que falte algo máis no modelo taxobox. O modelo foi modificado onte, pero faltaballe por cambiar o parámetro |fossil_range= como indicaches para manter ese dato visible. Banjo tell me 11 de setembro de 2015 ás 14:03 (UTC)
    • Ola Banjo. Moitas grazas. Solucionado o problema. --XoioÉche o que hai 11 de setembro de 2015 ás 14:14 (UTC)
      • Unha suxestión. Para facilitar a escrita dos diferentes taxa nos cadros de clasificación científica, podería incluírse algún comando (ou como se chame) para que estes nomes aparecesen en cursiva (por tratarse de nomes latinos), como ocorre, por exemplo, en genus ou en binomial, e non ter que poñer comiñas [Nome] comiñas en todos os casos? --XoioÉche o que hai 11 de setembro de 2015 ás 14:25 (UTC)
  • Unha aclaración, os taxons superiores ao xénero, aínda que estean en latín, non se escriben en cursiva. Só van en cursiva o xénero, subxénero, especie, subespecie. Iso é o que eu teño entendido en canto ás normas de nomenclatura, e o que se fai nas wikipedias (véxase Wikipedia:Libro de estilo). A única excepción son os virus, nos cales todos os taxons van en cursiva.--Miguelferig (conversa) 11 de setembro de 2015 ás 16:29 (UTC)
O modelo por defecto formatea en cursiva xénero, subxénero, especie e subespecie (a este último acabo de engadirlle a cursiva por defecto, non a tiña ata agora). Polo resto está definido como comenta Miguelferig, os taxons superiores sen cursiva. Para o título da caixa en sí tampouco engade a cursiva por defecto, haille que engadir a cursiva a man cando o nome e latino, e tampouco contempla o caso da cursiva nos virus, tamén teñen que ir postos a man. Banjo tell me 11 de setembro de 2015 ás 17:11 (UTC)
  • Vou citar agora as recomendacións que se fan no apéndice B6 do código de nomenclatura zoolóxica para que sirva de referencia sobre esta cuestión: "Os nomes científicos de taxons do grupo xénero ou especie deberían escribirse nun tipo de letra (fonte) diferente da usada no texto, ditos nomes imprímense xeralmente en cursiva, o cal non debería utilizarse para nomes de taxóns superiores..." (Orixinal: "The scientific names of genus- or species-group taxa should be printed in a type-face (font) different from that used in the text; such names are usually printed in italics, which should not be used for names of higher taxa."). International Commission on Zoological Nomenclature. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Apendices. Porén, no Código botánico adoptan na práctica o criterio de escribir todos os taxons con cursiva (ver por exemplo IAPT - Artigo 16).--Miguelferig (conversa) 11 de setembro de 2015 ás 20:51 (UTC)

Aviso de Risco - páxina co erro ortográfico[editar a fonte]

Aquí no aviso hai un erro ortográfico ollen:

"Por favor, tome as medidas precisas para asegurarse de que a información que obtén da Wikipedia é correcta e foi verificada. Comprobe as referencias que hai ao final do artigo. Lea a páxina de conversa e máis o historial de revisións para ver ser hai conflitos pendentes sobre os contidos do artigo. Comprobe dúas veces toda a información, contrastándoa con fontes independentes".

A páxina é: https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Aviso_de_risco
"Ser" está mal colocado debería ser: "se" non "ser". Moitas grazas pola súa atención, --Gato Preto (conversa) 22 de setembro de 2015 ás 13:27 (UTC)

Tamén hai un erro en:
"Non existe acordo ou entendemento entre vostede e máis a Wikipedia". Aí o "máis" é sen acento gráfico xa que é unha conxunción, amais contrae co artigo "a", polo tanto quedaría "maila Wikipedia". --Isili0n (conversa) 22 de setembro de 2015 ás 15:52 (UTC)
Amañado, grazas polo aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2015 ás 23:20 (UTC)

clasificar imaxes[editar a fonte]

¿Onde temos clasificadas as imaxes sobre ourivería, xoiería, etc? Non sei onde clasificar as fotos do Tesouro de Caldas e outros semellantes. Pedro --Lameiro (conversa) 4 de outubro de 2015 ás 20:58 (UTC)

Supoño que en Categoría:Imaxes da Galicia prerromana e quizais crear nela unha subcategoría de "Imaxes de ourivería e xoiería prerromana" ou mesmo "Imaxes do tesouro de Caldas de Reis". --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de outubro de 2015 ás 22:32 (UTC)

Imaxe retocada que non sae[editar a fonte]

Na sección propiedades físicas e químicas (que é a 1º sección) da páxina ADN traducira hai tempo unha imaxe ao galego, pero agora quixen cambiarlle unha palabra. Só cambiei "eixe" por "esqueleto". Modifiquei a imaxe, subina a Commons premendo en modificar imaxe e o problema é que agora non aparece a versión nova na páxina (só aparece a versión vella). Pero o curioso é que se fas clic na imaxe da páxina ADN, aparece a páxina da imaxe onde si está cambiada esa palabra. Pero nesa mesma páxina de imaxe, na parte de abaixo, onde están as versións sucesivas, aparecen as miñas dúas versións, pero a do 17 de outubro aparece coa palabra eixe (como na versión vella). E máis raro aínda, esa imaxe estaba tamén na páxina direccionalidade (bioloxía molecular), a cal si que cambiou (aparece a palabra "esqueleto"). Non sei que é o que fixen mal. Alguén ten idea de que pode ser?--Miguelferig (conversa) 17 de outubro de 2015 ás 18:00 (UTC)

Axuda:Como limpar a caché. Eu véxoa ben tanto en Commons coma no artigo Miguelferig, proba a limpar a caché no navegador estando nas páxinas nas que aínda non ves o cambio :) Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 18:08 (UTC)
Si, era iso, agora xa funciona. Grazas.--Miguelferig (conversa) 17 de outubro de 2015 ás 18:15 (UTC)

Non sei cómo borrar unha entrada duplicada que creei por erro.[editar a fonte]

A entrada titúlase von Baer, Karl Ernst. Xa hai outra. Debería borrarse. Gracias. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Paulo carballo (conversacontribucións)

Paulo carballo, non atopo o artigo que dis que hai que borrar, podes poñer aquí unha ligazón a el? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2015 ás 22:54 (UTC)
Xa o borrei eu Elisardojm :) Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 22:55 (UTC)
Ah, vale Banjo , para outra vez pon aquí que xa está resolto :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2015 ás 23:02 (UTC)

Axuda con tradución[editar a fonte]

Ola a tod@s.

Hai tempo que tiña pensado colaborar na Galipedia pero hoxe decidinme. Comecei facendo unha tradución dunha páxina da Wikipedia española Economía na Hispania romana, polo que pediría a alguén con máis experiencia que lle botara unha ollada para saber se o procedemento sería así, ou habería que facerlle algo máis (continuar con algunhas palabras que ligan...).

Grazas e espero noticias.

Perdón. Comezamos ben. Queríaa pór na sección de Axuda pero errei.--maghoi (conversa) 1 de novembro de 2015 ás 19:44 (UTC)

  • Deixei unha resposta na páxina de conversa do usuario. Banjo tell me 1 de novembro de 2015 ás 20:02 (UTC)

Subir ficheiros[editar a fonte]

Acabo de rexistrarme como usuario e quería subir alguhas imaxes pero non me aparece en Ferramentas a ligazón para "subir un ficheiro". Como teño que facer? --Revolante (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 18:13 (UTC)

Contestado na páxina de conversa do usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2015 ás 22:57 (UTC)

A ligazón roxa xa non aparece ao facer procuras[editar a fonte]

Boas.

Acabo de notar que ao buscar algo na caixa de Procurar e non existir artigo para o que se busca xa non aparece a ligazón roxa coa posibilidade de crear o artigo. ¿Qué pasou? Era algo bastante práctico.

Un saúdo, --Xosema (conversa) 9 de decembro de 2015 ás 23:01 (UTC)

Acabo de probalo e a min sáeme a ligazón bermella. Proba a limpar o caché. Seguro que se soluciona o tema. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de decembro de 2015 ás 23:16 (UTC)
Curioso, agora me sae a min tamén... Gracias de todos modos. Un saúdo. --Xosema (conversa) 9 de decembro de 2015 ás 23:59 (UTC)

Eleccións xerais 2015[editar a fonte]

Estiven a actualizar os datos das Eleccións xerais de España de 2015 e tiven algúns erros. Aínda que non rematou o escrutinio do Senado, no Congreso xa chegou ao 99% polo que decidín actualizar a páxina dende a web oficial (non sei se fixen o correcto); máis adiante escribirei de novo os datos definitivos.
O caso é que tiven algúns problemas editando o resultado de Podemos e Cidadáns. Ao non ter resultados previos, aparece División por cero. Alguén me pode botar unha man para solucionalo?
Ademais, Podemos está constituído por Podemos, En Marea, Coalició Compromís e En Comú Podem. Para indicar correctamente os resultados de cada un, aparece: |partido1_coalición3 =
|partido2_coalición3 =
|partido3_coalición3 =

Non son capaz de indicar correctamente os resultados de cada partido co seu nome dentro da coalición, se me botades unha man sería estupendo, que aínda non teño moita práctica editando... Moitas grazas e saúdos! --Supino in albis (conversa) 21 de decembro de 2015 ás 01:04 (UTC)

Quitei o 0 dos votos anteriores e xa non sae o texto de división por cero. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2015 ás 10:52 (UTC)
Feito! Feito!Xa está amañado tamén o tema das coalicións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2015 ás 11:18 (UTC)