Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 13

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24

Lingua valoa ou valona[editar a fonte]

Quería poñerme con ese artigo, o último que falta do modelo de linguas románicas, pero entroume a dúbida de como é a forma correcta, e non atopo nada. A ver se me podedes botar unha man.--Adorian (fálame) 23:23, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Valón, valoa. Confirmado no Gran Xerais, pero estaba bastante claro. Pensa que os -ona quedan limitados a aumentativos, despectivos etc. Ex.: mullerona. --Atobar (conversa comigo) 23:47, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • Grazas pola axuda, Atobar. Era o que pensaba, pero como no modelo poñía "valona" entroume a duvida.--Adorian (fálame) 07:54, 13 de xaneiro de 2011 (UTC)

sebastian vettel[editar a fonte]

Que a caguei ao editar si alguen sabe arreglaglo....pois eso —o anterior comentario sen asinar foi feito por Triñanes (conversacontribucións)

Fixen algún arranxo, non sei moi ben a que te refires con cagala ao editar... --Xas (conversa) 09:43, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

El Aleph[editar a fonte]

Ola acabo de crear esta páxina e gustaríame que me axudasen a completala. Grazas de antemán Juanca93 21:13, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)

Vou intentar un pouquiño de mellorar o artigo Elvira (conversa comigo) 12:41, 3 de abril de 2011 (UTC)

Novatadas[editar a fonte]

Ola, é que estou empezando e nin sequera sei saudar a Xas, que me dá a benvida, nin tampouco sei por que no artigo sobre Rumble Fish me escaralla os parágrafos, algo debo facer mal. Saúde a todxs! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Cordal (conversacontribucións) o 24 de marzo de 2011 ás 00:09

Respondín na túa páxina de conversa. --Xas (conversa) 00:19, 24 de marzo de 2011 (UTC)

Río Corgo ou Río do Corvo[editar a fonte]

Boas a todos. Tiña a intención de crear o artigo Río Corgo, achegar dúas ou tres fotografías e algunha ligazón referida ós arranxos recentes que o concello de Santiago de Compostela fixo no seu percorrido por Salgueiriños, como 1 e 2, e cal foi a miña sorpresa, antes de comezar vin que en Galería de imaxes de ríos de Galicia e en Ríos de Galicia se lle chama Río do Corvo. Despois diso teño a dúbida de cal é o nome correcto. Na web do concello é Río Corgo, pero en blogs e outras páxinas vexo 3 nomes distintos: "Río Corvo", "Río Corgo" ou "Río do Corvo". Eu vivo a carón del, e por eiquí a xente sempre lle chamou "Corgo". ¿Alguén me axuda?. Unha aperta. JonnyJonny 11:38, 3 de abril de 2011 (UTC)

Eu polo que atopei na webe do concello (aquí e aquí) parece que eles usan río Corgo ou río Corvo de forma indistinta, case aparece o mesmo número de resultados. Nesta páxina atopei o percorrido do río, que curiosamente, comeza moi perto da rúa do Corgo. Tamén nun documento do Concello do 2007, falan de visitas ó río Corvo seguindo ese percorrido... Vou preguntar ós meus familiares de Santiago a ver o que din, pero outra cousa, que é posible que o río teña os dous nomes según o sitio por onde pase... Xa vos contarei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:55, 4 de abril de 2011 (UTC)
Boas. Agora mesmo veño de facer un percorrido en bicicleta pola beira do río dende o seu nacemento (como tí dis, a 20 metros da rúa do Corgo), ata o seu remate nas augas do río Sarela, e non hai ningunha sinal co nome en ningunha ponte, parque ou xardín. O que podería facer é un artigo co nome Río Corgo (que é o nome que eu considero mais axeitado dende o meu criterio tendo como teño o río na porta da casa dende cativo), comezar o artigo mais ou menos así: O Río Corgo, tamén coñecido como Río Corvo, ... e despois facer unha redirección dende Río Corvo. ¿Pode ser unha solución?. JonnyJonny 15:36, 4 de abril de 2011 (UTC)
Tendo en conta os significados de corga (Curso de auga de pouco caudal, pequeno regato) e corgo (Represa natural ou artificial nun río, utilizada antes para curti-lo liño ou para acumular auga para a rega) semella máis lóxico o nome de río Corgo (ou quizais, río do Corgo). Se ti así o tes escoitado, razón de máis para crelo así e non seguir rompéndoche a cabesiña. O único problema que vexo é a posibilidade de que existan por aí máis ríos Corgos e que algún día sexa necesario recorrer ós homónimos. No Grove hai unha praza do Corgo que adoitaba asolagarse (e aínda hoxe, de cando en vez) cando coincidían chuvias abundantes e mareas altas. Neste pundo desemboca un regato Rasoeiro, hoxe entubado, así que non semella extraño que dea nome a regatos. Pedro --Lameiro (conversa) 17:05, 4 de abril de 2011 (UTC)
O caso é que hai outro río Corgo, que está en Portugal (que nome debería ter o artigo?, Río Corgo (Portugal)?), e tamén temos o concello de O Corgo en Lugo. ¿Cómo hai que organizar isto?, ¿cunha páxina de desambiguación ou como?. É que esa parte non a controlo moito... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:56, 5 de abril de 2011 (UTC)
Pois xa me contaron a historia deste río. O que me dixeron foi que o nome de vello é río Corgo, tal e como supoñíamos, estando así incluso nas escrituras das leiras. O que non se sabe é de ónde sae o outro nome de río Corvo, pero parece que pode ser algún erro que se foi extendendo nalgúns ámbitos. Quedan os dous nomes no artigo xa que non sei si se poderá aclarar máis a cousa. O que está pendente é como hai que poñer o río de Portugal e si hai que facer algunha páxina auxiliar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:54, 6 de abril de 2011 (UTC)
Non hai posibilidade de confusión co concello do Corgo (artigos O Corgo e Río Corgo) e a solución de engadir Portugal no futuro artigo do seu río non é mala solución. Canto á orixe do erro, eu teño constatados erros en mapas topográficos de prestixio atribuíbles a simples erros taquigráficos: *Arca da Cruz por Area da Cruz ou *Raciros por Raeiros, no Grove; *Tourada por Tomada, en Sanxenxo. E seguro que hai centos de casos. Fixádevos na proximidade do g e do v no teclado. Pedro --Lameiro (conversa) 23:21, 6 de abril de 2011 (UTC)
Graciñas Lameiro, eu supoño que será un caso parecido ós que ti comentas. Pois xa está o Río Corgo (Portugal), si alguén ten un momento que lle vote unha ollada que eu non controlo demasiado de portugués. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:53, 7 de abril de 2011 (UTC)
Movido a Río Corgo, que foi o acordado, creo, para os nomes de ríos. --Atobar (conversa comigo) 10:30, 7 de abril de 2011 (UTC)
Graciñas Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:09, 7 de abril de 2011 (UTC)

Traducións[editar a fonte]

Poderiádesme explicar como xustificar ou sinalar que un determinado artigo é unha tradución dunha Wikipedia noutra lingua? Teño entendido que hai que facelo. Precísoo para o artigo da Historia do Reino Unido, que é parcialmente unha tradución. Graciñas! :) --Cabaleiro de Espadas 11:58, 16 de abril de 2011 (UTC)

  • Cando editas, xusto ao pé do cadro de escrita e inmediatamente antes dos botóns gardar páxina ou mostrar a vista previa tes o recadro de resumo. Aí é onde cómpre que indiques traducido parcialmente de pt.wiki ou cabezallo adaptado de es.wiki ou o que sexa. Se che esquece facelo na primeira edición, sempre podes facelo na segunda, ou mesmo podes deixalo dito na páxina de conversa. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:08, 16 de abril de 2011 (UTC)
  • Hum. É dicir, non teño que deixalo escrito onda á Bibliografía ou algo así, non? Simplemente indicalo no cadro de resumo. Dígoo porque eu o vin deste xeito na Wikipedia francesa: (en) Cet article est partiellement ou en totalité issu de l’article de Wikipédia en anglais intitulé « History of the United Kingdom » (voir la liste des auteurs). Isto está na Bibliografía en primeira posición. --Cabaleiro de Espadas 12:27, 16 de abril de 2011 (UTC)
Non, Cabaleiro. Cada wikipedia decide cando se trata destas lides. En gl.wiki, o estipulado é o cadro de resumo. --Atobar (conversa comigo) 14:29, 16 de abril de 2011 (UTC)

Metín a pata[editar a fonte]

Metín a pata e creei a Categoría:Eleccións ao Parlamento Escocés coa palabra Escocés en maiúscula, cando obviamente debe ir en minúscula, e agora non sei como mover a categoría ao nome correcto. Alguén me pode axudar? --Paradanta (Cóntame) 12:05, 8 de maio de 2011 (UTC)

Non metiches a pata ! Nos artigos, temos a posibilidade de mover os nomes sen consecuencias nos historais, arriba ao lado da estrela. Pero paras categorias tes que pedirllo a un administrador olla isto e vai pedir sinxelamente. Tranquilo, temos administradores serios que non xulgan os usuarios cando non andan xogando co sistema. Saùdos Paradanta --Elvira (conversa comigo) 13:41, 8 de maio de 2011 (UTC)
Graciñas, Elvira! --Paradanta (Cóntame) 13:48, 8 de maio de 2011 (UTC)

Última versión dun artigo[editar a fonte]

--Fisterraeomar 19:48, 21 de maio de 2011 (UTC) Alguén me sabería dicir por que pode non visualizarse a última versión dun artigo cando se fai unha procura desde a portada da Galipedia? E como se fai para que a figure o galego na relación de versións dunha entrada en distintas linguas que aparece á esquerda da pantalla? Veño de facer unha última adición ao texto da Declaración de Independencia dos Estados Unidos e non sei como amañar eses dous detalles. Graciñas.

  • Se a última engádega é a sección "O borrador final e a aprobación", eu véxoa sen problema. E a lingua galega non figura nas interwikis da esquerda da pantalla porque, obviamente, xa estamos na Galipedia e non tería sentido ligar desde Galipedia co artigo en galego. Quizais non entendin ben o problema que plantexas. Pedro --Lameiro (conversa) 20:09, 21 de maio de 2011 (UTC)
  • Quizais eu tampouco entendin ben o problema que plantexas. Polo caso que che sexa ùtil : Estando na pàxina do artigo Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América, aqui vés o historial do artigo, para iso premes en Ver o historial. Logo si queres ver as diferentes versions tes que premer nas colunas da ezquerda na (última) da version que queres ver - un exemplo - as ligazòns que vas visualizar nas outras linguas estan tal como estaban marcadas nisa version, pero sempre te levaran o artigo da outra wikipedia tal como esta hoxe. O proceso de consultar as révisions son esi en todas wikipedias onde colaboro. --Elvira (conversa comigo) 02:26, 22 de maio de 2011 (UTC)

--Fisterraeomar 18:50, 22 de maio de 2011 (UTC) Grazas pola vosas respostas. Agora si poido ver a última versión. Non sei que estaba a facer mal. En canto ao outro tema, o vínculo á versión galega na columna esquerda, bótoo en falta loxicamente nas versións da entrada noutras linguas. Supoño que para que apareza un vínculo á versión galega, por exemplo, na entrada da wikipedia en inglés haberá que modificar esta última manualmente?

  • Non se poden vincular as diferentes versions dunha Wiki a outra. Cada wiki é autonoma na creaciòn e na progresion das engadiduras nos artigos. Tes que fazer os cambios e visualizalos en cada wiki. Todas wikis teñen a posibilidade de ver o historial de todas versiòns do artigo desde a creaciòn. Nas wikis inglesa e francesa o botòn (última) da galega chamanlle |diff), na portuguesa e na castelà chamanlle | ant). Eses botòns estan situados no mismo sitio. Podrìa axudarte de pòr nas preferencias do teu usuario de cada wiki a lingua que mais dominas. Eu, agàs na Galipedia, sempre poño o francés porque é a lingua que domino, eso axuda bastante. --Elvira (conversa comigo) 21:09, 22 de maio de 2011 (UTC)

Ligazón nas wikipedias noutras linguas cara os artigos da nosa:[editar a fonte]

Fisterraeomar, normalmente cando creas un artigo novo, e lle pos correctamente as ligazóns interlingüísticas, un robot vai poñer nos artigos equivalentes das outras linguas unha ligazón interlingüística ó artigo da Galipedia. Mais os bots non son tan "listos" coma os humanos, non sempre fan o traballo, non sempre o fan ben e non sempre o fan completo. Pódese, en todo caso, engadir esas ligazóns a man. Cantas máis ligazóns poñas a man máis "aprenden" os bots para facer ben o seu traballo. A continuación ligo un exemplo. Púxenlle a interwiki ó artigo "Declaração da Independência dos Estados Unidos" da wikipedia en portugués cara o noso: [1]--. HombreDHojalata.conversa 22:03, 22 de maio de 2011 (UTC)

--Fisterraeomar 14:41, 24 de maio de 2011 (UTC) Moitas grazas a todos. Todo claro.

Elaboración de fichas[editar a fonte]

¿Existe algún manual ou apartado na Axuda para elaborar Fichas? Intenteino a man con Modelo:Ficha satélite a partir de Modelo:Ficha aeronave con resultado desastroso e non parece unha tarefa trivial.--Xosema 19:36, 22 de maio de 2011 (UTC)

  • Agora non teño tempo de mirar moi polo miudo, pero nunha primeira ollada o Modelo que fixeche parece estar perfectamente ben. Con todo, calquer prolema ou dúbida que teñas estarei (eu e tódolos demais) encando de axudar.--Adorian (fálame) 22:26, 22 de maio de 2011 (UTC)
    • Gracias pola resposta. Creo que máis ou menos amañei, agora só me falta completalo e engadir campos. De todos modos se alguén pode botarlle un ollo para deixalo aínda mellor, sería de agradecer.--Xosema 15:04, 23 de maio de 2011 (UTC)

Separatismo e independentismo[editar a fonte]

Teño unha pequena dúbida, os termos separatismo e independentismo son equiparables? Eu pensaba que si, mais acabo de ver revisando o artigo do Alzamento de Pascua, que en castelán teñen entradas distintas e en francés están equiparados (ao igual que en catalán). Comezo a editar a entrada de separatismo ou fago unha redirección a independentismo?? Saúdos Piquitoconversa

  • Polo pouco que lìn de historia en galego, entendin cos termos separatismo e independentismo non son equiparables, pero non lembro concretamente porqué, cada lingua ten un lexico con acepciòns diferentes, alén dunha traduciòn. Intentei comparar os artigos das WIKIS ES e FR, pero resulta dificìl os interwikis non corresponden co lexico , o w:es:Separatismo esta en interwiki con w:fr:Indépendantisme. Non teño tempo para ler os diferentes artigos desas WIKIS para comprobar se é error de interwiki ou diferencia de sentido.
O que podo decir é que no francés de Francia,
o "séparatisme" (separatismo) supòn unha pedida de separaciòn que sexa "indépendentiste" (séparaciòn dun estado para formar outro estado), pero tamén unha separaciòn para ter autonomìa, e tamén unha separaciòn para xuntarse à outro estado. Por exemplo o BNG é "séparatiste" (separatista), é "autonomiste" (autonomista), é "nationaliste" (nacionalista) pero non é "indépendantiste" (independentista) porque non réclama a soberanìa dun estado galego.
o "indépendantisme" (independentismo) busca pola violencia (guerra, terrorismo etc) ou sen violencia à independencia, independencia fundada no nacionalismo ou noutros tipos de contextos (o colonialismo etc). Polo caso que axude a que se pense ben o que di a lingua galega sen copiar o que poden decir as linguas castelà e francesa. --Elvira (conversa comigo) 01:57, 23 de xuño de 2011 (UTC)