Conversa usuario:Abraiator
Dámosche a benvida á Galipedia, Abraiator!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo.
Ola, Abraiator; o que podes facer para aumentar o artigo sobre Manuel Cordo Boullosa é ir facéndoo aos poucos, engadindo por exemplo información en cada sección. Mentres esteas a traballar no artigo recoméndoche que lle engadas o marcador {{en uso}} para evitar que outros usuarios ou usuarias che pisen o traballo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de agosto de 2023 ás 10:57 (UTC)
- Unha pregunta desde a ignorancia total: O marcador {{en uso}} ónde se coloca? Ó inicio do artigo? Abraiator (conversa) 29 de agosto de 2023 ás 13:54 (UTC)
Referencias en contribucións recentes
[editar a fonte]Ola, Abraiator. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref>
despois da información, poñendo no lugar de referencia
a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}}
ou {{Cita web}}
. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de agosto de 2023 ás 12:23 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Abraiator. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Chairego apc (conversa) 29 de agosto de 2023 ás 14:35 (UTC)
Manuel Cordo Boullosa
[editar a fonte]Ola, @Abraiator. Por favor, atende as indicacións dos marcadores de Manuel Cordo Boullosa. A maiores, debes lembrar da necesidade de referenciar o contido porque un dos elementos que concede relevancia e credibilidade á Galipedia é, precisamente, a verificabilidade como se indica en WP:V. Un saúdo e a seguir. MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 08:53 (UTC)
- Ola @MAGHOI. Son novo nisto da Wikipedia e cometo moitos erros. Creo que o contido que acabo de engadir está axeitadamente referenciado con dúas citas bibliográficas. En canto ao resto da entrada, mellorareina cando vaia podendo (pero confeso que teño moitas dúbidas...) Abraiator (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 09:02 (UTC)
- Ola, de novo. Non hai problema. Ti cando teñas dúbidas, pregunta o que precises que non molestas. As indicacións que che imos facendo non, exclusivamente, co obxectivo de mellora-la nosa enciclopedia e estamos a colaborar na medida do posible. Indicábache iso, porque estás engadindo moito contido pero o artigo non ten o formato axeitado e para todo ese texto, hai que referencialo máis para que non semelle que calquera de nós se inventa o que lle peta; o que afectaría á verificabilidade á que me refería antes. Ánimo e a seguir. MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 09:06 (UTC)
- De acordo, pois aí vai a primeira: esta entrada está basada na súa maioría nun traballo biográfico publicado polo profesor José Manuel Lopes Cordeiro da Universidade do Minho en 2009, titulado "Manuel Cordo Boullosa, 1905-2000 O magnate do petróleo". Fun quen de intercambiar unhas mensaxes co profesor e autorizoume a utilizar todo o contido do seu traballo como base para esta páxina da wikipedia. É dicir, desa referencia bibliográfica non saco un dato concreto, senón moito material - básicamente o 90% da entrada (o resto é investigación propia). Cómo podo amosar esa fonte bibliográfica? Abraiator (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 09:19 (UTC)
- Ola, de novo. Non hai problema. Ti cando teñas dúbidas, pregunta o que precises que non molestas. As indicacións que che imos facendo non, exclusivamente, co obxectivo de mellora-la nosa enciclopedia e estamos a colaborar na medida do posible. Indicábache iso, porque estás engadindo moito contido pero o artigo non ten o formato axeitado e para todo ese texto, hai que referencialo máis para que non semelle que calquera de nós se inventa o que lle peta; o que afectaría á verificabilidade á que me refería antes. Ánimo e a seguir. MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 09:06 (UTC)
- Ola.
- Non se poden empregar contidos de terceiros sen que conste unha autorización ou licenza que permita uso por calquera en calquera lugar (non vale unicamente para usar na Wikipedia) e que permita tamén obra derivada e mesmo uso comercial.
- O procedemento aplicable neste caso, para que conste esa autorización, ten a súa complexidade e ven bastante ben explicado en: es:Wikipedia:VRT.
- Todo o texto que non cumpra iso ten que ser retirado inmediatamente, pois incorre en violación de dereitos de autor. --. HombreDHojalata.conversa 13 de setembro de 2023 ás 09:44 (UTC)
- Boas.
- Como che comenta @HombreDHojalata, o tema das licenzas e dos dereitos de autor é especialmente relevante na Galipedia e polo formato no que escribías semellaban investigacións orixinais (que tampouco se admiten). Por iso, eu recomendaríache que, primeiro, botases unha ollada ás ligazóns que aparecen na Benvida, sobre todo á guía de edición. En segundo lugar, sería ben que colocases o marcador {enuso} na cabeceira do artigo e, finalmente, que redactes de novo todo o artigo pero desta volta, facendo referencia a ese estudo, que ao estar publicado, pode aparecer na Bibliografía. De non facelo nun prazo prudente de tempo, as túas edicións poderán ser revertidas.
- Xa entendo que fastidia, pero así son as normas nas diferentes Wikipedias. Se che apetece, atende as miñas indicacións e axudarei no que poida. Ánimo. MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 10:56 (UTC)
- Ese traballo consta na bibliografía desde o primeiro momento. Agora mismo coloco o marcador de en uso. Abraiator (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 10:59 (UTC)
- O traballo do profesor Lopes Cordeiro forma parte dun volumen chamado "Empresarios Galegos Vol 2" que no seu día (2009) foi editado pola obra social de Caixa Galicia e é de fácil acceso en calquera biblioteca. No seu día, como tiña dúbidas, púxenme en contacto co autor e pedinlle autorización expresa, que amablemente me concedeu (podo enviarvos de xeito privado as mensaxes intercambiadas). Penséi que con iso xa era suficiente.
- Teño que dicir que tiven que correxir moitos datos que no artigo orixinal eran erroneos e engadín moita información que coñezo pola miña relación familiar coa persoa sobre a que versa a páxina.
- Podo considerar entón ese artigo como unha fonte bibliográfica coma outra calquera?
- Disculpade a miña ignorancia de principiante. Abraiator (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 10:58 (UTC)
- Por favor, bota un ollo aquí WP:NFP MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 11:03 (UTC)
- Estimado @MAGHOI, lin con atención o enlace que me indicas (WP:NFP) e seméllame moi difícil establecer onde está a "fina liña vermella" que separa o uso autorizado (como é este caso) do plaxio. De calquera xeito, quizáis por tradición familiar, eu confío absolutamente no valor da palabra dada, así que vou intentar volver contactar co profesor Lopes Cordeiro para pedirlle que envíe un correo a permissions-es@wikimedia.org ratificando a autorización de uso do seu material.
- A única dúbida que me resta é: se o profesor autoriza o uso do seu artigo na wikipedia galega, podo traducir ese contido directamente a - por exemplo - o castelán e utilizalo na wikipedia en español amparándome nesa autorización?
- Gracias pola túa paciencia. Abraiator (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 15:13 (UTC)
- Ola, Abraiator. Vou por orde para que se me entenda ben, aínda que o formato sexa algo "abrupto".
- - Diferenzas uso autorizado/plaxio. Eu podo coller unha idea ou un dato dun libro e no momento de realizar o artigo, se fago unha cita literal, terei que referenciar exactamente en que parte do libro está (autor, título....páxina). Porén, tamén se esa idea é maís xenérica, podo redactar esa idea coas miñas palabras e tamén indico de que lugar se extractou esas ideas. O que é o plaxio, e copialo literalmente, sen indicar nada. Así parecería que é unha idea propia e por iso, na Wikipedia, non se admiten fontes primarias. Todo, na medida do posible, debe estar o mellor referenciado posible porque iso indicaría que ese contido non é inventado (pódese verificar e polo tanto, é fiable).
- - Respecto do uso da palabra dada polo profesor. A nivel persoal pode ser válido, mais cando entramos no tema dos dereitos, ese é un outro tema. De tipo legal. Paréceme moi correcto que llo consultes e que mandes ese correo onde che poderán informar moito mellor ca min.
- - Sobre se unha vez publicado na galega, se pode traducir na castelá. Si. En principio, se somos rigorosos, e se publica na wiki de calquera das linguas, pasaría a estar liberado e se pode pasar dunha a outra. Salvo erro, tódolos textos e imaxes do conxunto que forma a Wikipedia, teñen a licenza correspondente.
- Máis nada. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 16:17 (UTC)
- Por favor, bota un ollo aquí WP:NFP MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 11:03 (UTC)
- Eu volvería á versión do 16/4/2023 [1]. Podes traballar desde aí @Abraiator:?.
- Despois un administrador (@MAGHOI:) ten que borrar as achegas con copia-pega do historial.
- Foi o que propuxen e o que se fixo na es.wiki. Véxase o rexistro [2]. --. HombreDHojalata.conversa 13 de setembro de 2023 ás 17:16 (UTC)
- Sí, supoño que podería utilizar iso como base. É posible acceder - inda que sexa de maneira temporal - á última versión gardada? Tiña bastantes datos novos e correcións que fun engadindo ó traballo do profesor Lopes Cordeiro e de seguro non vou lembrar todas as modificacións.
- Gracias. Abraiator (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 17:53 (UTC)
- Listo. Xa teño unha copia do texto. Agora engadirei o que era directamente e indubidavelmente de producción propia e posteriormente, se o profesor Lopes Cordeiro concede unha licencia aberta do seu texto, incorporarei o resto.
- Gracias de novo. Abraiator (conversa) 13 de setembro de 2023 ás 18:20 (UTC)
- Xa eliminei todo o texto que non era de "producción propia". Gracias pola vosa axuda. Abraiator (conversa) 15 de setembro de 2023 ás 08:25 (UTC)
- Non sei como é o protocolo. Elimino eu o marcador de posible infracción de dereitos de autor ou facédelo vos? Abraiator (conversa) 15 de setembro de 2023 ás 08:28 (UTC)
- Ola, de novo. Unha vez corrixido, pódelo facer ti mesmo. PAra iso, tes que entrar na pantalla de edición (premendo no menu "Editar a fonte"); unha vez aí, no cadradiño de edición na parte superior verás que hai unha liña que comeza por "copyvio"; tes que marcar e eliminar todo o que estea entre as dúas chaves anteriores e as dúas chaves do final dese marcador, chaves incluídas. A seguir, gardas, e verás que desapareceu. Se tes problemas, xa o miro despois. Saúdos. MAGHOI (conversa) 15 de setembro de 2023 ás 08:42 (UTC)
- Feito. Gracias. Abraiator (conversa) 15 de setembro de 2023 ás 08:44 (UTC)
- Ola, de novo. Unha vez corrixido, pódelo facer ti mesmo. PAra iso, tes que entrar na pantalla de edición (premendo no menu "Editar a fonte"); unha vez aí, no cadradiño de edición na parte superior verás que hai unha liña que comeza por "copyvio"; tes que marcar e eliminar todo o que estea entre as dúas chaves anteriores e as dúas chaves do final dese marcador, chaves incluídas. A seguir, gardas, e verás que desapareceu. Se tes problemas, xa o miro despois. Saúdos. MAGHOI (conversa) 15 de setembro de 2023 ás 08:42 (UTC)
- Non sei como é o protocolo. Elimino eu o marcador de posible infracción de dereitos de autor ou facédelo vos? Abraiator (conversa) 15 de setembro de 2023 ás 08:28 (UTC)
- Xa eliminei todo o texto que non era de "producción propia". Gracias pola vosa axuda. Abraiator (conversa) 15 de setembro de 2023 ás 08:25 (UTC)
dereitos de autoría das imaxes
[editar a fonte]Ola, Abraiator. Varias das imaxes que subiches a Commons deben borrarse por ter dereitos de autoría. Por exemplo, a obra de Carlos Maside está protexida por copyright ata o 31 de decembro de 2038 (o 1 de xaneiro de 2039 pasará a dominio público). As fotos nas que aparecen os propios irmáns Hernández poderían considerarse no dominio público ao ser de autoría descoñecida, pero as fotos das esculturas e pezas entendo que son de Javier Baladrón Alonso, e por defecto os contidos de Blogger (onde se aloxa o blog "Arte Valladolid") ten tamén copyright. Un saúdo! Estevo(aei)fálame aquí 11 de novembro de 2023 ás 10:16 (UTC)
- Hola Estevo. As fotos do blog "Arte Valladolid" foron proporcionadas polo neto dos Irmáns Hernández, o pintor vigués Eloy Hernández Rollán, e foron feitas para o catálogo da exposición que fixeron en Castrelos en 2006. Tamén é propietario do orixinal da caricatura de Carlos Maside. Teño o pracer de conocelo ben, e autorizoume a utilizalas. Utilicei as do blog para non pasar o traballo de escanealas, non sei se iso constitúe unha infracción. Abraiator (conversa) 11 de novembro de 2023 ás 10:45 (UTC)
- Ola! Dunha banda, ser propietario dun orixinal non che concede dereitos sobre a obra; se eu tivese un orixinal de Dalí ou Picasso, non podería subilo a Commons porque a imaxe ten copyright. Doutra banda, sería bo que indicases na autoría o nome de Eloy Hernández, aínda que o ideal sería que subise el mesmo as imaxes (en teoría debería enviar un mail a Commons confirmando que cede os dereitos). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de novembro de 2023 ás 11:17 (UTC)