Conversa usuario:Andresv.63

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Andresv.63!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Dodro (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 14:20 (UTC)[responder]

Boas, graciñas, poderíasme resolver 3 dúbidas? (non as dei atopado nas páxinas de info)
  1. Pon que hai que asinar as respostas, mais acho que ao darlle a responder desde a caixa de resposta xa aparece a miña sinatura. É verdade?
  2. Iso de facer un ping, non o acabo de pillar, pareceume entender que había que facer alt gr+admiració + nome. Non dou tecleado as 3 cousas xuntas, e por riba de mel filloas, o do nome non sei onde aparece.
  3. Pareceume entender que o formato para matemáticas non segue o formato das páxinas americanas, necesito saber que formatos se usan para inline e para display. Para display é uso math (como etiqueta), super cómodo pq é como escribir Latex directamente, que teño a sensación que vale e para inline estaba comezando a usar tmath que non sei se vale na galega. Unha mágoa pq parecía cómodo.
Máis nada, graciñas. Andresv.63 (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:15 (UTC)[responder]
@Dodro o de asinar xa me responderon. Graciñas. Agora só faltan o de asinar o das mates. graciñas Andresv.63 (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:26 (UTC)[responder]
@Dodro non te preocupes polas mates, díxome Maghoi que pergunte na taberna. Graciñas de novo
Andrés Andresv.63 (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:32 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Andresv.63.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de febreiro de 2024 ás 07:05 (UTC)[responder]

ok, graciñas, paréme correctísimo, vou ver se o dou conseguido. Estou a procurar o cadro resumo. Por certo, as referencias teñen fórmulas matemáticas que me dá erro coa etiqueta <math> Andresv.63 (conversa) 19 de febreiro de 2024 ás 07:49 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Andresv.63. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 23 de febreiro de 2024 ás 09:29 (UTC)[responder]

Boas, graciñas pola túa suxestión.
Non, non teño dificultade coa ortografía de feito son bastante bon.
De todos os xeitos a ferramenta que me pasaches é caralluda!!, xa a usei e correxín varias fallos que indicaba.
E como proba empírica de que non o fago mal é que na revisión dos meus 10 artigos con máis de 10.000 palabras en total só tiven 6 faltas (un 0.06%).
Aparte desas 6, e aparte das que marca de inglés ou mates como a variable "y" (algo lle pasa tamén coa palabra "común" que no lle gusta), marcoume 2, unha é "alomenos" que se usa de sempre na miña casa, pero tiven dúbidas se era correcta e botei unha ollada na RAG e pon que está permitida aínda que non é preferente, e decidín deixala, Se cadra noutra ocasión uso "polo menos" mais gusto de "alomenos" e despois marcou "del" mais aí os correctores teñen difícil o da sintaxe, ese "del" non é contracción co artigo senón co pronome.
En calquera caso, graciñas porque a ferramenta é rapidísima e vai ser unha axuda importantísima.
Aperta.
Andrés. Andresv.63 (conversa) 23 de febreiro de 2024 ás 10:51 (UTC)[responder]

Ola, @Andresv.63. Grazas polo traballo que estás a realizar no eido matemático onde estamos algo escasos de artigos. Porén, lembra que as características de formato que empregamos nos artigos da Galipedia difiren un chisco dos empregados por outras wikis como a inglesa, polo que se traducimos o artigo a macheta, pódennos aparecer erros. Repasei o formato dos teus artigos anteriores e, penso, que agora están correctos.

Unha cousiña máis. Cando queiras contestar a outro usuario dende a túa páxina de conversa, debes facer ping (é dicir; tecla "AltGr!+@nome). Isto é importante porque así, mándase un aviso ao outro usuario e recibe a túa mensaxe; se non, non recibe nada.

Xa sabes que podes contactar cos administradores ou con calquera outro usuario para calquera dúbida. Ánimo, e a darlle duro. Saúdos. MAGHOI (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 13:22 (UTC)[responder]

Graciñas!!! MAGHOI necesitaba esta info e non sabía quen podía responder.
Precisamente levo toda a mañá liado tentando meter o modelos Mvar, math e tmath decentemente que me sae das páxinas inglesas. Eu estaba usando "< math >" (etiqueta en lugar de modelo) que me permite unha escrita rápida de latex que domino. Mais para formatos inline non fica ben. Que usades logo vós? podes contarme un bocadiño? Ou onde podo ter unha guía de uso?.
(Non sei se traducirei moitas máis páxinas, quería acabar as ligazóns da primeira páxina que escribín e nada máis, non sei se seguirei, agora estou co Teorema chinés dos restos) Andresv.63 (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 13:41 (UTC)[responder]
o do pin non o dou feito alt gr e admiración están lonxe e cando dou conseguido clico co rato e vaime a túa páxina máis non vexo por ningures que apareza aviso ningún.
Graciñas Andresv.63 (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 13:43 (UTC)[responder]
Ola, de novo. Metéuseme o da tecla de admiración. O ping é AltGr+@ , e aparecen os usuarios que teñan escrito nesa sección. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:20 (UTC)[responder]
@MAGHOI estupendo! conseguido! unha cousa menos. Graciñas Andresv.63 (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:25 (UTC)[responder]
Sobre o dos modelos en matemáticas, eu diso non controlo nada; por iso che dicía que nas mates, andamos algo atrasados. Podes facer unha consulta na Taberna na sección técnica (tes a ligazón da Taberna, nos menús da parte esquerda, enriba de todo) . De tódolos xeitos, eu hei preguntar por se acaso alguén pode botar unha man. Unha mágoa se non queres/podes seguir. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:25 (UTC)[responder]
@MAGHOI pergunto na taberna logo, graaaaciñas Andresv.63 (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:31 (UTC)[responder]
Boas @Andresv.63, @MAGHOI, a verdade non estou moi metido no mundo das notacións matemáticas, pero se precisades axuda con algo específico ou coa tradución dun modelo pódolle botar un ollo.
Polo que teño visto a maioría de artigos en galego están, como dis, coa etiqueta de < math >. Se puideras poñer un exemplo máis específico dos erros que tes tamén podo intentar botar unha man.
Saúdos! O Breixo (conversa) 26 de febreiro de 2024 ás 14:21 (UTC)[responder]
@MAGHOI Ola! lin mal o que escribiras!! pensei que me dicías que non usaba os formatos matemáticos correctos pero resulta que non era iso era "formato da páxina". Así que nada logo.
Os erros que me dan son cando fago traducións e teñen algún modelo que non hai en galego, iso acontece coas fórmulas que chamamos inline que son as que van no meio dunha frase en vez de en cadro aparte (que son formato display).
Deses modelos hai pouquísimos en galego: eu xa metín 3 ou 4 (Mvar, math, tmath). Mais en galego están algo diferentes dos outros idiomas. En galego definen unha subpáxina "uso" e en outros idiomas sería "doc" e uso sería unha sección de "doc". A parte hai que definir os parámetros que usa ese modelo e en Mvar fíxeno e penso que está ben, máis hai algún detalle que non me cadra. Vamos, que teño deficiencias nese sentido, costoume moitísimo ver como se implementaban os modelos.
Saúdos
Andrés Andresv.63 (conversa) 26 de febreiro de 2024 ás 20:08 (UTC)[responder]
Efectivamente, referíame ao formato do artigo. Sobre os modelos matemáticos xa vin que estiveches fuchicando neles mais, diso, non te podo axudar porque non entendo. Pero avisei a O Breixo e, se precisas, pódeste dirixir a el.
Máis nada, a darlle duro. Saúdos. MAGHOI (conversa) 27 de febreiro de 2024 ás 08:02 (UTC)[responder]

Teorema de Albert-Brauer-Hasse-Noether[editar a fonte]

Ola, Andrés; movín Teorema de Albert–Brauer–Hasse–Noether a Teorema de Albert-Brauer-Hasse-Noether para poñer no título guións, non o símbolo de menos, pero aínda non remataras a edición no primeiro; desculpa as molestias, procedo a mover a bibliografía ao segundo. Un saúdo! Estevo(aei)fálame aquí 29 de febreiro de 2024 ás 10:24 (UTC)[responder]

@Estevoaei ah vale! misterio resolvido, graciñas, terei coidado agora cos trazos e os menos.
por certo tamén desapareceu a ligazón cos idiomas, se o podes meter.
graciñas Andresv.63 (conversa) 29 de febreiro de 2024 ás 10:39 (UTC)[responder]

Redireccións[editar a fonte]

Ola, @Andresv.63. Nas redireccións que crearas de bixectiva, inxectiva e sobrexectiva eliminei a mensaxe de crear posteriormente un artigo con outros título porque nesas páxinas non se pon máis que a redirección. De tódolos xeitos, como on interior do artigo xa colocaches ligazóns a Función bixectiva etc, cando cúmpra xa se crearán pot ti ou por outros usuarios. Un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 12 de abril de 2024 ás 16:40 (UTC)[responder]

@MAGHOI Ok, graciñas. Vin que na páxina de inglés poñía un comentario a maiores da redirección: poñía que inxectiva era un adxectivo que redireccionaba a "función inxectiva". Mais a min váleme dos dous xeitos.
Un saúdo Andresv.63 (conversa) 12 de abril de 2024 ás 17:04 (UTC)[responder]

problema bovino[editar a fonte]

Ola! Movinche o artigo a Problema bovino de Arquímedes. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 16 de abril de 2024 ás 07:13 (UTC)[responder]

@Estevoaei ok, sen problemas, graciñas
Andresv.63 (conversa) 16 de abril de 2024 ás 07:25 (UTC)[responder]