Celestino Pérez Recarey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCelestino Pérez Recarey
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Lérez, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: 100080374270924 Dialnet: 178787 Editar o valor em Wikidata

Celestino Pérez Recarey, nado en Lérez (Pontevedra) en 1943, é un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio en Pontevedra, e máis adiante fixo as especialidades de Matemáticas e Lingua Galega. Foi mestre na Picota, Panxón, os Xesuítas, Porto Cabeiro, Nétoma (Razo) e director do Centro de Formación e Recursos da Coruña. Moi ligado á comarca de Bergantiños, xa xubilado foi Presidente do Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia.[1]

Ten editado textos de didáctica e ensino da lingua galega e dous libros de relatos.[2] Colaborou na autoría de textos en galego na editorial Rodeira. Publicou artigos en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso e na Revista Galega de Educación.

Obras[editar | editar a fonte]

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Proxecto educativo de centro: a normalización lingüística no PEC (1993); con Rosario García Deibe e Alberte Gozález Armesto. Vigo: Xerais. ISBN 9788475077598
  • Lecer e lingua oral: unha proposta creativa para a Educación Secundaria Obrigatoria. (1996). Tambre. Oleiros. ISBN 84-88681-32-1.
  • A lingua galega: historia e actualidade : actas do I Congreso Internacional : 16-20 de setembro de 1996, Santiago de Compostela;[3] pp. 489-501. Tambre. ISBN 978-84-88681-32-4.
  • O galego actual: normas ortográficas-gramaticais da lingua galega (1996); con Consuelo María Romero Lado. Oleiros (A Coruña): Noroeste ISBN 9788492156160
  • Para dicir e facer (1996). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532869-7.
  • A escola e os recursos das comunidades locais (2004). Torres Novas (Portugal) ISBN 972-99406-0-6.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Borrajo, Genara Borrajo (2010). "Celestino Pérez Recarey: a arte de acadar consensos". Eduga: revista galega do ensino (60): 3. ISSN 2171-6595. 
  2. Varela, Xosé Manuel (2023-04-15). "Nomes propios de Celestino Pérez Recarey". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-05-14. 
  3. "Celestino Pérez Recarey - Libros - CCG". consellodacultura.gal. Consultado o 2023-05-14.