Conversa usuario:Tisment
Traducións automáticas
[editar a fonte]Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.
As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. --Estevo(aei)fálame aquí 28 de outubro de 2022 ás 18:28 (UTC)
- Ola Estevoaei. Utilicei o software de tradución automática pero despois modifiquei o artigo por mi mesmo un pouco. Non é que teña o mellor galego e ademais son novo, só gustaríame axudar así que me podería indicar onde estaban os meus erros? Agardo á resposta. Tisment (conversa) 28 de outubro de 2022 ás 19:47 (UTC)
Marjo Voutilainen
[editar a fonte]Boas Tisment! Grazas pola túa axuda no proxecto, espero sexa duradeira e produtiva. Grazas tamén polas correccións que fixeches no artigo de Marjo Voutilainen, o meu teclado non vai moi aló e moitas veces cometo erros tipográficos porque capta unha pulsación máis longa do que debería e duplica as letras, con todo, o caso da "1. divisioona" que corrixiches non foi iso, xa que é o nome da competición e é correcto, do mesmo xeito que os artigos "Liiga" ou "Naisten Liiga" non teñen erros tipográficos senón que son os seus nomes orixinais (con "i" duplo). Un saúdo e grazas de novo! Piquito (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:15 (UTC)
- Grazas a ti Piquito. Eu tan só pretendo axudar, aínda ca descoñecía o de divisioona, bastante interesante a verdade. Por certo xa votei o artigo de calidade e concordo contigo. Grazas de novo e un saúdo. Tisment (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:22 (UTC)
- Boas de novo. Vin que votaches, mais lamentablemente tiven que riscar o teu voto, xa que precisas ter 150 edicións válidas para poder votar e aínda non chegas a ese número. Anímote a seguir colaborando, seguro que axiña chegas! Piquito (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:27 (UTC)
- Vaia non coñecía iso. Está ben e grazas pola aclaración. Linme un pouco as páxinas coma as de axuda pero cousas coma estas aínda pode que non as coñeza. Podo aprender co tempo (ou se podes) podes orientarme e/ou mandarme algúns artigos de axuda básicos. Grazas pola axuda de novo! Tisment (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:46 (UTC)
- Boas de novo. Vin que votaches, mais lamentablemente tiven que riscar o teu voto, xa que precisas ter 150 edicións válidas para poder votar e aínda non chegas a ese número. Anímote a seguir colaborando, seguro que axiña chegas! Piquito (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:27 (UTC)
A ver, páxinas para ler hai moitas, en Wikipedia:Axuda ten un feixe de normas, consellos e demais que, se che son sincero, eu non lin. Se tes algunha dúbida en concreto te podo axudar no que poida, o que aprendín foi por experiencia e o que me foron dicindo persoas máis experimentadas. Como consello xeral te diría que uses o sentidiño e non fagas aos demais o que non te gustaría que te fixeran a ti, que non presupoñas nada do resto de persoas que colaboran (por exemplo, non presupoñas que todo o mundo que colabora vive en Galicia ou é galego, porque non é así), se hai malos entendidos soluciónaos, se fas algo que moleste a alguén sen a intención de facelo e esa persoa faicho saber (se mo fas a min fareicho saber) explícallo para solucionar o problema, doutro xeito se enquistará, pensa que aquí todo é escrito, co que falta moita información que coas letras non se transmite pero si na entonación, os xestos da cara ou a linguaxe corporal. Iso sería un resumo, se tes dúbidas sobre algún tema concreto de edición, procesos, ou demais pregunta sen medo. Outra cousa, se queres que me entere das túas repostas o mellor é que me escribas na miña páxina de conversa ou me cites poñendo [[Usuario:Piquito]], dese xeito aparecerame un aviso e poderei saber que me contestaches a algo, isto é moi útil por exemplo nas conversas na taberna (por certo, tamén podes solicitar axuda en Wikipedia:A Taberna, aínda que nos últimos tempos está medio morta polo que puiden ver, do mesmo xeito podes contactar coas administradoras en Wikipedia:Taboleiro dos administradores, as administradoras son persoas elixidas pola comunidade que coñecen os procedementos da Galipedia). Espero non terte dado moita brasa, un saúdo, Piquito (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 09:39 (UTC)
Hola
[editar a fonte]¿Vives en Vigo?, eu sí, e son español e galego. VivaVigo (conversa) 9 de novembro de 2022 ás 15:11 (UTC)
- Non me gusta dicir onde vivo. Por certo, nas conversas de usuario non importa tanto pero ten en conta que o adverbio afirmativo "si" en galego NON leva acento; tampouco se usa o ¿ e; ademais é "Ola" e non "Hola". Dígocho para que mellores.
- Volvendo ao tema, a verdade non sei de onde ven esa resposta. Queres dicirme algo máis? Saúdos. Tisment (conversa) 11 de novembro de 2022 ás 21:50 (UTC)
- Perdón polas faltas ortográficas, é que non acostumbro escribir galego a teclado VivaVigo (conversa) 13 de novembro de 2022 ás 11:02 (UTC)