Wikipedia:Wikiproxecto modelos
Wikiproxecto modelos | |
---|---|
![]() | |
Data de inicio | 16 de febreiro de 2014 |
Obxectivo | Mellora e racionalización das caixas de información |
Participantes | |
Benvido/a ao Wikiproxecto modelos
Obxectivo[editar a fonte]
Con este proxecto, procúrase inicialmente a reestruturación dos modelos de caixas de información.
Actualmente, moitas das caixas están feitas de xeito independente, cando o que se fai noutras wikis, como a inglesa, é basealas nun modelo nai, "Modelo:Infobox", o cal facilita, de ser necesario, a creación e mellora dos mesmos.
Este traballo comporta tempo e esforzo, pero pouco a pouco pódese ir sacando adiante. Non é algo urxente, pois os modelos non teñen fallas, pero é recomendable comezar a traballar niso.
Participación[editar a fonte]
Podes deixar constancia da túa participación no proxecto inserindo na túa páxina de usuario {{Usuario WP modelos}}
![]() |
Este usuario participa no Wikiproxecto modelos. |
Lista de tarefas[editar a fonte]
Mellora da Infobox[editar a fonte]
Como modelo nai que é, ten que ser un punto de atención bastante importante á hora de facer melloras. A súa creación remóntase a xaneiro de 2009, e a súa última actualización a novembro de 2011. Aquí e importante que traballe xente experta nun código que é relativamente avanzado. Teríase que revisar o equivalente inglés, pois seguramente incorporaron destacadas novidades.
Hai que discutir se se traduce ao galego e que se traduciría, para iso, empregaremos este fío na conversa.
Agrupación e especificación de modelos[editar a fonte]
Neste punto, elaboraremos unha listaxe dos modelos de caixas máis usuais, e debateremos a fusión dalgúns deles. Este traballo é necesario para o seguinte paso. Para falar, empregaremos esta sección da conversa.
Modelos actuais | Novos modelos | Categoría | Cor de cabezallo |
---|---|---|---|
Modelo:Eclesiástico | - | Cristianismo | Variable (segundo rango) |
Modelo:Santo | - | Cristianismo | Ouro |
Modelo:Advocación mariana | - | Cristianismo | Azul celeste |
Modelo:Diocese | - | Cristianismo | Marelo |
Modelo:Concilio | - | Cristianismo | Verde |
- | - | - | - |
- | - | - | - |
- | - | - | - |
- | - | - | - |
- | - | - | - |
- | - | - | - |
Traballo sobre os modelos[editar a fonte]
Unha vez debatidos os modelos máis comúns sobre os que traballaremos dende esta plataforma, procederase a actuar. Aquí definiremos como serán as novas caixas, as cores, a utilización de imaxes nos cabezallos, etc. Debaterémolo aquí.
Unha vez que se remate o traballo, marcaranse cun {{Feito}}
Modelos | Estado |
---|---|
- | - |
- | - |
Creación dunha categoría cos modelos resultantes[editar a fonte]
Outros traballos[editar a fonte]
Estamos a elaborar unha guía de parámetros para a elaboración de modelos. Participa!