Wikipedia:Homónimos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As páxinas de homónimos na Wikipedia son aquelas que serven para resolver posibles conflitos cando un termo resulta ambiguo. Polo xeral estes termos poden facer referencia a máis dun só tema, que pode ser o principal dun artigo ou un tema secundario cuberto nun artigo cun título distinto. Os homónimos poden aplicarse tamén a títulos que presenten unha falta inherente de precisión e poidan confundir facilmente ao lector.

Os tres propósitos principais do uso de páxinas de homónimos son:

  • O uso concreto de títulos de artigos de maneira que cada tema teña o seu propio título único.
  • Conseguir que as ligazóns internas de termos ambiguos apunten cara o artigo correcto.
  • Asegurar que o lector que procure un temo particular por medio do sistema de procura poida acadar a información sobre ese tema de forma fácil e rápida.

Cando crear páxinas de homónimos[editar a fonte]

As páxinas de homónimos créanse cando existe máis dun artigo cun mesmo termo no título, para axudar ao lector na procura dun tema concreto e na distinción do tema dun artigo en particular. Os títulos considéranse ambiguos cando pode entenderse que se refiren a dous ou máis temas diferentes e poden dar lugar a confusión ou dúbidas.

Os artigos con eses títulos homónimos levan un aviso na cabeceira co modelo {{Outros homónimos}}, que ligan a estas páxinas de homónimos. En casos particulares nos que só dous termos sexan iguais ou moi semellantes, pode ser suficiente empregando o modelo {{non confundir}} en cada un deles para ligar un ao outro.

Ambigüidades nos títulos[editar a fonte]

Aqueles títulos que sexan totalmente iguais ou moi semellantes para dous ou máis artigos distintos e que dean lugar a equivocacións ou dúbidas sobre o tema tratado en cada un deles, poden dar lugar a que sexa necesario crear unha páxina de homónimos para axudar na súa distinción. Estas igualdades e semellanzas nos títulos poden ocorrer por algunha das seguintes cuestións:

  • Homofonía:Termos non homónimos pero homófonos, que poden dar lugar a enganos ou erros ortográficos. Por exemplo, barón (un título nobiliario) e varón (persoa de sexo masculino).

Tema primario[editar a fonte]

Aínda que unha palabra, nome ou frase poida referirse a máis dun tema, é habitual que un destes temas sexa o tema primario. Nestes casos, este debe ser o artigo que conteña ese título, mentres que os artigos homónimos incluirán no título unha aclaración entre parénteses da forma "título (tema)", e unha páxina de homónimos debe crearse da forma "título (homónimos)", sendo ligada dende tódolos artigos con ese título homónimo co modelo {{Outros homónimos}}. No caso de non existir un tema primario, a páxina de homónimos terá o título simple, e cada un dos temas homónimos levará unha aclaración nos seus correspondentes títulos. A páxina de homónimos deberá incluír o modelo {{Homónimos}} ó comezo da páxina.

Non hai un criterio simple para definir se existe un tema primario, pero hai dous aspectos que se poden ter en consideración para determinalo:

  • Un tema será o primario dun termo con respecto ao uso, cando este tema sexa o máis habitualmente referido ou procurado en comparación co resto de temas homónimos.
  • Un tema será o primario dun termo con respecto ao significado a longo prazo, cando o tema teña unha notoriedade e valor educativo máis lonxevo e significativo que o resto de temas homónimos.

Determinar un tema primario[editar a fonte]

Non hai unha regra concreta para determinar se existe un tema primario para un título e definir cal é ese tema primario. As decisións neste aspecto realízanse entre tódolos editores acadando un consenso en cada caso particular.

Algunhas ferramentas que poden axudar a tomar unha decisións sobre cal é o tema primario dun termo, aínda que sen ser factores determinantes para isto, inclúen:

Resultados[editar a fonte]

Segundo as indicacións anteriormente mencionadas poden darse como resultado dous casos diferentes, nos que os múltiples artigos con títulos homónimos deberían quedar da forma seguinte:

Non existe tema primario
  • O artigo "A" é o tema primario, e menciona o artigo "A (homónimos)".
  • O artigo "A (tema 1)" menciona "A (homónimos)".
  • O artigo "A (tema 2)" menciona "A (homónimos)".
...
  • O artigo "A (tema N)" menciona "A (homónimos)".
Existe tema primario
  • O artigo "A" é unha páxina de homónimos, xa que non hai tema primario definido.
  • O artigo "A (tema 1)" menciona "A" como páxina de homónimos.
  • O artigo "A (tema 2)" menciona "A" como páxina de homónimos.
...
  • O artigo "A (tema N)" menciona "A" como páxina de homónimos.

Borrado[editar a fonte]

Malia non ser artigos de seu, as páxinas de homónimos poden propoñerse para o seu borrado para discutir se a páxina en si mesma non é necesaria e se debería eliminarse.

Categorías[editar a fonte]

As páxinas de homónimos non son artigos de seu, polo que non deben incluírse en categorías xerais de contido. As páxinas de homónimos inclúense na Categoría:Homónimos. Isto faise automaticamente ao incluír o modelo {{homónimos}} na cabeceira destas páxinas, polo que non é necesario incluír a páxina nesta categoría de forma manual.

Notas[editar a fonte]

Véxase tamén[editar a fonte]

Outras páxinas[editar a fonte]