Andoni Cedrún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andoni Cedrún Ibarra, nado o 5 de xuño de 1960 en Durango (Biscaia) foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta. Fillo do tamén gardameta Carmelo Cedrún.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no Cultural de Durango pronto pasou as categorías inferiores do Athletic de Bilbao, debutou co primeiro equipo con 20 anos, o 7 de decembro de 1980. Aínda que desfrutou dalgunha oportunidade no once inicial do club bilbaíno sempre estivo a sombra do porteiro titular, Andoni Zubizarreta, polo que ao cabo de tres anos marcha cedido ao Cádiz CF, en Primeira División.

En Cádiz xogaría so unha tempada xa que no ano 1984 ficha polo Real Zaragoza, onde se faría ca titularidade dende o principio. Andoni Cedrún militou no Zaragoza un total de doce tempadas consecutivas, gañando dúas Copas do Rei (1985-86 e 1993-94) e unha Recopa de Europa na tempada 1994-95.

O seu último equipo foi o CD Logroñés onde militou na tempada 1996-97.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Título Ano Club
Liga española de fútbol 1982-83 Athletic de Bilbao
Copa do Rei 1985-86 Real Zaragoza
Copa do Rei 1993-94 Real Zaragoza
Recopa de Europa 1994-95 Real Zaragoza

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]