Eulogio Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eulogio Martínez
Eulogio Martinez en Atlético Madrid.jpg
Información persoal
Nome Eulogio Ramiro Martínez
Nacemento 11 de marzo de 1935
Lugar de nacemento Asunción
Falecemento 30 de setembro de 1984
Lugar de falecemento Barcelona
Altura 174 centímetros
Posición dianteiro, dianteira
Carreira xuvenil
Atlántida
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1953–1956 Libertad
1956–1962 Barcelona 111 (61)
1962–1964 Elche 41 (7)
1964–1965 Atlético de Madrid 2 (0)
1965–1966 Europa 10 (3)
Selección nacional
1956 Cataluña 1 (0)
Na rede
FIFA: 53725 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Eulogio Ramiro Martínez, nado en Asunción o 11 de marzo de 1935 e finado en Barcelona o 30 de setembro de 1984, foi un futbolista paraguaio, que xogaba como dianteiro. Cunha gran habilidade e instinto goleador, destacou no Club Libertad e no FC Barcelona, e foi internacional tanto coa selección paraguaia como coa española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios en Paraguai[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira deportiva no Libertad, onde formou unha das mellores dianteiras da historia do club, xunto a Hermes González, Máximo Rolón e Rogelio Bedoya. Con ese equipo gañou o campionato paraguaio de 1955, no que marcou 10 goles. A superioridade daquel Libertad a nivel local tamén se trasladou ao plano internacional con vitorias contra equipos como o Partizan de Belgrado (4-3) e unha lembrada goleada por 5-1 sobre o River Plate, que contaba cun dos mellores equipos da súa historia, con xogadores como Santiago Vernazza, Amadeo Carrizo, Félix Lostau, Omar Sívori ou Walter Prado.

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

En 1956 fichou polo FC Barcelona, onde xogou durante as seguintes seis tempadas. Na primeira delas conseguiu 9 goles en liga, pero foi na Copa do Xeneralísimo onde explotou como goleador. No partido de volta dos oitavos de final marcoulle 7 goles ao Atlético de Madrid, nun partido que acabou 8-1. Na ida dos cuartos de final fíxolle 4 goles ao Real Madrid, mentres que nas semifinais marcou outros 4 contra a Real Sociedad. Rematou a Copa como campión e con 16 goles, o rexistro máis alto da historia do competición.

O 24 de setembro de 1957 marcou o primeiro gol da historia do Camp Nou.[1] Foi o máximo goleador do equipo nas campañas 1956/57, 1957/58 e 1959/60, conseguindo 177 goles en 227 partidos.[2] Gañou 6 títulos co club catalán: dúas ligas, dúas Copas do Xeneralísimo e dúas Copas de Feiras.

Outros equipos[editar | editar a fonte]

Deixou o Barcelona en 1962, e posteriormente xogou dúas tempadas no Elche CF, unha no Atlético de Madrid e outra Europa, no que se retirou en 1965.

Seleccións nacionais[editar | editar a fonte]

Formou parte das seleccións de Paraguai e España, xogando con elas 9 e 8 partidos respectivamente. Participou con Paraguai na Copa América de 1955 e con España no Mundial de Chile de 1962, disputando o primeiro partido fronte a Checoslovaquia.[3][4]

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada instalouse en Calella, onde rexentou un bar e colaborou como adestrador no fútbol base da localidade.[5] Sufriu problemas económicos e desgrazas familiares, entre eles a perda dunha filla.[6] O 8 de de setembro de 1984 foi atropelado nunha autoestrada por un vehículo mentres cambiaba unha roda picada no seu. No accidente faleceu un amigo seu, mentres que Eulogio foi ingresado nun hospital durante semanas. Non puido superar as lesións e faleceu o 30 de setembro con só 49 anos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bosch, Xavier (21 de noviembre de 2018). "El Barça busca un 9 (Elogio de Eulogio)" (PDF). Barcelona: 8. Consultado o 21 de noviembre de 2018. 
  2. "Eulogio Martínez". fcbarcelona.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  3. "Copa América 1955". rsssf.com (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  4. "Checoslovaquia 1-0 España 1962". FIFA (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Eulogio Martínez ha muerto" (PDF). Barcelona. 1 de octubre de 1984: 10. Consultado o 22 de octubre de 2016. 
  6. Corcuera, José Ignacio (1 de xaneiro de 2013). "Eulogio Martínez: una estrella con mal fario". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (39). Consultado o 22 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]