Cultura calima
A cultura calima (entre os anos -200 e 400) é unha serie de culturas precolombianas que se desenvolveron en Valle del Cauca, Colombia.[1] As catro culturas que ocuparon sucesivamente o val e que conforman a cultura calima reciben os nomes de ilama, yotoco, sonso e malagana.[1]
O Museo Arqueolóxico Calima de Darién e o Museo do Ouro Calima conteñen importantes coleccións de obxectos da cultura calima.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
A cultura calima abrangue a diferentes grupos que vivían nesa rexión durante diferentes períodos de tempo, pero por mor ás semellanzas dos restos arqueolóxicos e ó feito de que estas persoas habitaban nas mesmas zonas, a rexión coñécese como Calima.
Localizábanse na Cordilleira occidental dos Andes, no suroeste de Colombia (actual Valle del Cauca), a unha altura de 1 500 metros de altitude[2]
A historia da cultura calima divídese en dous grandes períodos:
- Os cazadores e recolectores: A etapa inicial e máis primitiva durou preto de 6 mil anos.
- Culturas e sociedades: ilama, yotoco e sonso.
Pertencían ó grupo lingüístico caribe, relacionados cos panches e os muzos.[3]
Os termos yotoco e sonso son termos indíxenas que sobreviviron á época colonial. Ilama era o nome dun pobo de territorio sonso que en 1552 se atopaba baixo o mando dun cacique de nome “Bonba”, rei da terra.
- Fase ou cultura ilama: 1600-200/100 a. C.
- Fase ou cultura yotoco: 100 a. C.-200 d. C.
- Fase ou cultura sonso: 200 d. C.
- Debido ó achado en 1992 dun cemiterio precolombiano, algunhas fontes inclúen á cultura malagana:200 a.C. a 200 d.C.[4]
- Localización das fases ou culturas calima
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Calima Darién Archaeological Museum: 10,000 Years of History." Arquivado 17 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Colombia. (Consultado o 1 de decembro de 2011)
- ↑ "Universidad Nacional de Colombia Proyecto Calima Facultad de Artes" (PDF).
- ↑ "REVISTA GNOSIS 188 ENERO DE 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2018. Consultado o 30 de abril de 2020.
- ↑ "Calima - Enciclopedia Banco de la República".