Saltar ao contido

Pobo pijao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo pijao
Imaxe
Estatua dun indíxena pijao en Ibagué.
 Instancia de
Colombia51 635
Códigos e identificadores
Freebase/m/025strg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os pijaos (tamén coñecidos como piajaos, pixaos ou pinaos) son un pobo indíxena que habita no departamento de Tolima, en Colombia. Na era precolombiana poboaron a Cordilleira dos Andes entre os nevados de Huila, de Quindío e de Tolima; no alto val do río Magdalena e no Valle del Cauca. Os pijaos non chegaron a formar un estado centralizado, manténdose como pobos federados.

Mapa das civilizacións precolombianas. Os panches e os pijaos están agrupados como Tolima.
Artigo principal: Lingua pijao.

A lingua pijao está moi mal documentada, e só se coñece un feixe de palabras. A lingua está extinta dende a década de 1950.[1] Gran parte da información sobre ela procede de frei Pedro Simón e outros cronistas españois[2] e de "listas de vocabulario" recollidas en 1943 no concello de Ortega por Alicia e Gerardo Reichel-Dolmatoff, así como por Roberto Pineda Giraldo e Milcíades Chaves.[3] Segundo Simón, os panches falaban a mesma lingua que os pijaos.[2]

A lingua pijao foi incluída dentro da familia lingüística caribe por Paul Rivet,[2][4] porén, o exame do escaso vocabulario coñecido permite rexeitar que a lingua dos pijaos fora caribe.[5] A evidencia lingüística non permite até o momento estabelecer parentescos filoxenéticos, pois é insuficiente.[6] A lingua pijao permanece sen clasificar[7] ou é caracterizada como lingua illada.[8]

  1. «Pijao», informe no sitio web Ethnologue. Consultado o 1 de novembro de 2010.
  2. 1 2 3 Rivet, Paul (1943) "La influencia karib en Colombia"; RIEN 1/1: 55-93; 283-295.
  3. Durbin y Seijas, 1973b
  4. Rivet, Paul; & Loukotka, Cestmír. (1950) "Langues d'Amêrique du sud et des Antilles"; A. Meillet & M. Cohen (Eds.) Les langues du monde: 1099-1160. París: Champion.
  5. Durbin & Seijas, 1973, pp. 47-51
  6. Adolfo Constenla Umaña, 1991, páx. 62
  7. Adelaar, 2004, p. 53
  8. «Pijao», en Fabre, Alain (2005): Diccionario etnolingüístico y guía bibliográfica de los pueblos indígenas sudamericanos.]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]