Saltar ao contido

Pobo ávaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo ávaro
Retrato dunha muller ávara, por H. Mussayassul, 1939.
Poboación
Poboación total:
1 000 000
Rexións principais:
Rusia Rusia912 090[1]
Acerbaixán49 800[2]
Casaquistán15 675
Xeorxia Xeorxia1 996[3]
Ucraína Ucraína1 496[4]
Aspectos culturais
LinguaLingua ávara
Relixiónislam sunnita[5]
Grupos
relacionados
Pobos caucásicos do norte.

Os ávaros[6] (en ávaro: аварал / магIарулал, awaral / maⱨarulal; "montañeiros") son un pobo do Cáucaso, que habita principalmente no Daguestán, onde son o grupo predominante, a súa lingua é o ávaro, pertencente á familia das linguas caucásicas nororientais e a súa relixión tradicional o islam sunita. Aproximadamente os ávaros son un millón de persoas.

Localización

[editar | editar a fonte]
Territorio tradicional dos ávaros (número 2) no Daguestán.

A maior parte dos ávaros habitan territorios montañosos do oeste do Daguestán, unha minoría vive nas planicies desa república, en especial nos distritos de Buynaksky, Khasavyurtovsky e Kizilyurtovsky, en todo o territorio viven 850.011 ávaros. Noutras repúblicas de Rusia hai tamén minorías, así en Chechenia hai 4864[7], en especial nos distritos de Sharoysky e Shelkovskoy. En total en Rusia cóntanse 910.200, segundo o censo de 2010, aínda que hai que ter en conta que nos censos rusos inclúense como ávaros membros dalgunhas pequenas minorías andi-dido. En Acerbaixán son 50.891 segundo o censo de 1999[8] concentrados nas rexións de Balakan e Zaqatala. En Xeorxia hai 1996[9] segundo o censo de 2002 localizados na súa inmensa maioría no distrito de Qvareli. Non hai datos do número de ávaros en Turquía, algúns cífranos en 53.000[10]

  1. "Russian 2010 census". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2012. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  2. Ethnic composition of Azerbaijan 2009
  3. "Ethnic Groups of Georgia: Censuses 1926—2002" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  4. State statistics committee of Ukraine - National composition of population, 2001 census (en ucraíno)
  5. An Ethnohistorical Dictionary of the Russian and Soviet Empires, de James Stuart Olson, Lee Brigance Pappas, Nicholas Charles Pappas, páx 58
  6. Definición de ávaro, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  7. "Datos do censo ruso 2010". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2012.  Datos do censo ruso 2010 (en ruso)
  8. Datos do censo de Acerbaixán de 1999
  9. "Datos do censo de Xeorxia de 2002" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  10. Ataev B.M Avartsy: iazyk, Istoriia, Pismennost.-Machachkala:DSC RAS, 2005