Política de Acerbaixán
Aparencia
|
O Acerbaixán é unha república presidencialista. A dirección de Estado e a dirección de Goberno son separadas do lexislativo. O presidente da república é elixido polo pobo para un mandato de cinco anos. Hai sufraxio universal para maiores de 18 anos.
Poderes
[editar | editar a fonte]Os tres poderes do goberno Acerbaixano son:
- Poder Executivo: composto polo Presidente da República, o seu Gabinete, un primeiro ministro e o gabinete de ministros. O presidente actual é Ilham Aliyev.
- Poder Lexislativo: componse dun Parlamento (Milli Majlis) con 125 membros, elixidos por un período de cinco anos por distritos electorais.
- Poder Xudicial: encabezado por unha Corte Constitucional, a cal é só nominalmente independente.
O Acerbaixán tornouse independente da Unión Soviética o 30 de agosto de 1991, e o seu primeiro presidente foi Ayaz Mutalibov. A actual constitución data do 12 de novembro de 1995 e modificouse en 2002.
- 59 distritos (rayonlar; sing.: rayon),
- 11 cidades (şəhərlər; sing.: şəhər),
- 1 república autónoma (muxtar respublika), que contén:
- 7 distritos
- 1 cidade
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Política de Acerbaixán |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]