Kwacha zambiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kwacha zambiano
Zambian kwacha (en inglés)
Código: ZMK
Ámbito: Zambia Zambia
Símbolo: ZK
Fracción: 100 ngwee
Billetes: 20, 50, 100, 500, 1.000, 5.000, 10.000, 20.000 e 50.000 kwacha
Emisor: Bank of Zambia
Taxa de troco:
08-02-2011
1 EUR = 6542,1567 ZMK
1 USD = 4800 ZMK
Troco actual
Zambian 5 kwacha.JPG

O kwacha ou kwacha zambiano (en inglés Zambian kwacha) é a moeda oficia de Zambia e é emitida polo Bank of Zambia (Banco de Zambia). O seu código ISO 4217 é ZMK e o seu símbolo é ZK para diferencialo do kwacha do Malaui. Subdivídese en 100 ngwee.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da moeda deriva da palabra das linguas chichewa e bemba para "alborada", aludindo ao eslogan nacionalista zambiano para unha nova alborada de liberdade. A palabra ngwee significa "brillante" en chichewa.

Historia[editar | editar a fonte]

O kwacha comezou a emitirse en 1968 para substituír á libra zambiana a razón de 2 kwacha por cada libra. En Decembro do 2008. A moeda sufriu unha forte inflación. En 1968 un kwacha valía 1.2 dólares estadounidenses, mais o seu valor no 2006 con respecto ao dólar estadounidense era dun dólar por cada 4800 kwacha.

No 2003 Zambia foi o primeiro estado de África en introducir os billetes de polímero, concretamente os billetes de 500 e 1000 kwacha.

A principios do 2009 o kwacha zambiano era a oitava moeda de valor máis baixo do mundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]