Luis Miguel Arconada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Miguel Arconada

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luis Miguel Arconada Echarri Editar o valor em Wikidata
26 de xuño de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor em Wikidata - 1989 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1972-1974 Real Sociedad de Fútbol B
1974-1989 Real Sociedad de Fútbol 414(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1972-1972   España sub-18 4(0)
1976-1976   Selección de fútbol de España de afeccionados 2(0)
1977-1985   España 68(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 1984Eurocopa de Fútbol Francia 1984
1982Mundial de Fútbol España 1982
xuño de 1980Eurocopa de Fútbol Italia 1980
xuño de 1978Mundial de Fútbol Arxentina 1978
1976Xogos Olímpicos de 1976 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsGonzalo Arconada Editar o valor em Wikidata
ParentesIgnacio Echarri (tío) Editar o valor em Wikidata

FIFA: 45754 Editar o valor em Wikidata

Luis Miguel Arconada Etxarri, nado en Donostia o 26 de xuño de 1954, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro. Foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Lengokoak da súa vila natal, de onde foi fichado pola Real Sociedad no ano 1970. Despois de varias tempadas no filial é ascendido ao primeiro equipo cando contaba con 20 anos de idade.

Ao principio, outros dous grandes porteiro Pedro María Artola e Urruti pechábanlle a porta da titularidade. Así a todo, Artola foise para o F.C. Barcelona, e Arconada xa ficou coma segundo porteiro. Debuta coa real nun partido da Copa da UEFA o 22 de outubro de 1975 contra o Liverpool FC. Xa nesta tempada alcanzou a titularidade, empuxando a que Urruti fiche polo RCD Espanyol.

Carreira na Real[editar | editar a fonte]

Dende 1976 Arconada foi durante 13 anos o dono indiscutible da portería donostiarra. A pesar de ser considerado un dos mellores porteiros do país, sempre foi fiel ó seu club, no que ficou toda a súa carreira profesional. Xogou un total de 551 encontros oficiais coa Real Sociedad, 414 deles na Liga española de fútbol. Gañou con este club tódolos títulos que posúe no seu palmarés, participando nos maiores logros na historia deste club. Arconada foi o capitán da mellor xeración de futbolistas da Real xunto con Zamora, López Ufarte, Jesús María Satrústegui, Alberto Górriz, Juan Antonio Larrañaga, José Mari Bakero etc.. ás ordes de Alberto Ormaetxea e na parte final da súa carreira, de John Benjamin Toshack.

Foi subcampión de Liga no 1980 batendo a Real un récord de imbatibilidade que aínda está vixente na Liga española de fútbol. Arkonada obtivo esa temporada o seu primeiro Trofeo Zamora. Nas dúas tempadas seguintes chegaron os dous títulos de Liga da Real e a nivel persoal outros dous Trofeos Zamora. No 1983 a Real gañou a primeira Supercopa de España e na Copa de Europa de 1983-84 a Real acadou as semifinais onde foi eliminado polo futuro campión, o Hamburger SV.

En toda a súa carreira só sufriu unha mancadura de gravidade, na primeira xornada de Liga da tempada 1985-1986, que provocou que se perdese toda a competición. O seu papel no equipo desempeñouno con notable actuación un xove porteiro chamado Agustín de Carlos Elduayen. Ao ano seguinte Elduayen foise ao Atlético de Madrid e Arconada retomou a titularidade.

En 1987 a súa abraiante actuación na quenda de penaltis permitiulle á Real alzarse co título de campión da Copa do Rei, tras empatar a 2 na final co Atlético de Madrid. Ao ano seguinte, en 1988, na útima gran campaña de Arconada coa Real, o equipo obtivo o subcampionato de Liga e Copa.

A súa retirada da Real Sociedad e do fútbol chegou en 1989, sendo tamén titular do equipo na súa derradeira tempada. Neses intres estaba a piques de cumprir os 35 anos.

O seu carisma, tanto dentro coma fóra do campo, levouno a se-lo ídolo de moitos afeccionados ó fútbol, que non eran necesariamente seguidores da Real Sociedad.

Fíxose coñecida a frase da afección txuri-urdin: "Non pasa nada temos a Arconada". Tralo seu retiro, o seu posto na portería txuri-urdin ocupouno José Luis González. Tódolos porteiros que dende 1989 ocuparon a portería realista tiveron e aínda teñen que sufrir comparacións con Arconada.

Dende que se retirou Arconada permanece á marxe do mundo do fútbol, dedicado a negocios privados. Porén, nos últimos anos o seu nome xurdiu de forma recorrente como posible candidato á presidencia da Real Sociedad. Esta candidatura, así a todo, aínda non chegou a materializarse.

Ten un irmán mais novo, Gonzalo Arconada, que foi adestrador da Real Sociedad durante uns meses en 2006.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Arconada foi o porteiro habitual da Selección española entre 1977 e 1985. Tamén foi o capitán en numerosos encontros.

En total xogou 68 encontros coa selección nos que encaixou 62 goles. Aínda a día de hoxe figura entre os 10 xogadores con máis partidos disputados na selección española.

Antes de debutar coa selección absoluta, Arconada formara parte Selección Olímpica nos Xogos Olímpicos de 1976.

Coa selección española debutou o 27 de marzo de 1977 nun encontro España-Hungría. Formou parte da convocatoria do Mundial de Fútbol Arxentina 1978, aínda que non xogou nin un só minuto na Arxentina. Máis tarde foi o porteiro titular de España na Eurocopa de Fútbol 1980 en Italia, no Mundial de Fútbol España 1982 e na Eurocopa de Fútbol 1984 disputada en Francia.

O maior éxito logrado por Arconada coa Selección española foi subcampionato na Eurocopa de fútbol 1984 en Francia. Arconada realizou unha maxistral competición, aínda que é lembrado por algúns polo erro que cometeu na final contra Francia, onde o balón se lle escorreu por baixo do seu corpo tras un lanzamento de falta de Michel Platini.

Outra polémica famosa foi a negativa a vesti-las medias oficiais da selección. Uns atribúen este feito á súa condición de vasco, namentres que moitos outros consideraban que era unha superstición, xa que no seu club sempre vestía medias brancas e mantiña este costume na selección.

En 1985 a mancadura que sufriu Arconada apartouno da selección, non volvendo nunca máis a ser convocado. Esa praza ocupouna Andoni Zubizarreta.

Arconada tamén disputou algúns encontros amigables coa Selección de Euskadi.

Títulos[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga Real Sociedad España 1981
Liga Real Sociedad España 1982
Supercopa Real Sociedad España 1982
Copa do Rei Real Sociedad España 1987

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Participacións nas Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Selección Resultado
Mundial de Fútbol España 1982 España Segunda fase

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]