Agustín Rodríguez Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín
Nome completo: Agustín Rodríguez Santiago
Alcume: '
Data de nacemento: 10 de setembro de 1959
Lugar de nacemento: Marín, Galiza
Data de falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar de falecemento: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Nacionalidade: Galicia
Club actual:
Posición: porteiro
Altura: metros
Partidos internacionais:
Goles:
Ano do debut: 1981
Club do debut: Real Madrid
Ano do retiro: 1994
Club do retiro: CD Tenerife


Agustín Rodríguez Santiago, coñecido como Agustín, nado en Marín o 10 de setembro de 1959, é un futbolista galego retirado. Xogou de porteiro no Real Madrid e no CD Tenerife.

Índice

[editar] Biografía

Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid e pasou ao primeiro equipo na tempada 80-81, estreándose na primeira división o día 4 de abril de 1981 contra a UD Salamanca por mor dunha lesión de Mariano García Remón, o porteiro titular do equipo.

Entre 1981 e 1983 xogou con regularidade, conseguindo o trofeo Zamora na tempada 82-83 ao encaixar 25 goles en 29 partidos. A pesares dese bo comezo perdeu a titularidade ante a competencia de Miguel Ángel, Ochotorena e Francisco Buyo. Voltaría a recuperar o posto de titular na segunda metade da tempada 85-86 debido á lesión de Ochotorena, chegando a xogar dous partidos da Copa da UEFA, un deles o da final contra o 1. FC Köln, no que o Real Madrid gañou 5-3.

Agustín deixou o equipo ao remate da tempada 89-90 e fichou co CD Tenerife. Durante os seus catro anos no mesmo o equipo clasificaríase por ver primeira para unha competición europea (a Copa da UEFA).

Retirouse no ano 1994 despois de xogar 131 partidos en primeira división, e tras o seu retiro foi adestrador de porteiros durante un breve período de tempo no CD Tenerife.

[editar] Clubes

Clube País Ano
Real Madrid España España 19801990
CD Tenerife España España 19901994

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas