Jordi Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordi Alba
Información persoal
Nome Jordi Alba Ramos
Nacemento 21 de marzo de 1989 (35 anos)
Lugar de nacemento L'Hospitalet de Llobregat
Altura 1,70 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual FC Barcelona
Número 18
Carreira xuvenil
1998–2005 Barcelona
2005–2007 Cornellà
2007 Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2008 Valencia B 18 (5)
2008–2012 Valencia 74 (5)
2008–2009Gimnàstic (cedido) 35 (4)
2012– Barcelona 63 (3)
Selección nacional
2006 España sub-19 6 (1)
2009 España sub-20 9 (0)
2008–2011 España sub-21 4 (0)
2011– España 33 (5)
Na rede
https://www.jordialba.com/
IMDB: nm5308520 Facebook: jordialbaofficial Twitter: JordiAlba Instagram: jordialbaoficial FIFA: 306954 UEFA: 250000036 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de febreiro de 2015.
Selección: actualizado a 28 de decembro de 2014.editar datos en Wikidata ]

Jordi Alba Ramos, nado en l'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 21 de marzo de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral por banda esquerda e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona da Primeira División de España.

Tamén xoga coa selección de fútbol de España, coa que gañou, sendo un dos xogadores revelación, a Eurocopa de 2012, o terceiro título do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Tras estar sete anos nas categorías inferiores do FC Barcelona, en 2005 Alba deixa La Masia para recalar nas filas da UE Cornellà. Na segunda tempada é fichado polo Valencia CF por apenas 6.000 €, equipo no que tan só nunha tempada pasou a xogar do Xuvenil A a consolidarse no Valencia CF Mestalla, sendo unha peza clave no ascenso deste a Segunda División B, chegando a ser convocado polo primeiro equipo valencianista e pola selección española sub-19. Posteriormente é cedido ao Gimnàstic de Tarragona,[2] conseguindo facerse coa titularidade tras uns inicios dubidosos (24 partidos como titular), o que lle vale para ser chamado coa selección española sub-21.

Valencia CF[editar | editar a fonte]

Jordi Alba na súa etapa no Valencia.

Tras a súa gran campaña en Tarragona, regresa ao Valencia CF para facer a pretemporada. Logra convencer a Unai Emery e convértese en xogador do primeiro persoal, debutando oficialmente en Liga o 13 de setembro de 2009 na vitoria por 4-2 contra o Real Valladolid.[3] Logo foi titular en dous partidos consecutivos da fase de grupos da UEFA Europa League contra Lille OSC e SK Slavia Prague, que acabaron en empate a un. Debido as lesións permanentes dos defensas do Valencia, Alba xogou gran parte desa tempada como lateral esquerdo, dando grandes resultados. Xogando nesa posición chegaría o seu primeiro gol o 11 de abril de 2010, na derrota 3-2 contra o RCD Mallorca.

Na tempada 2010-11, aínda con Unai Emery como adestrador, Alba foi utilizado case exclusivamente no sector defensivo, loitando pola titularidade co francés Jérémy Mathieu. Xogou un total de 27 partidos de liga, cos que o equipo acabou por segundo ano consecutivo no terceiro posto, obtendo a clasificación para a Liga de Campións.

Na seguinte tempada, Emery comezou a utilizar aos dous xogadores, Alba e Mathieu, de forma simultánea polo costado esquerdo, unha estratexia que probara a tempada anterior. Isto resultou ser unha táctica eficaz xa que ofrecen apoio mutuo no ataque e as áreas de defensa. O xogador califica ao adestrador como un home clave na súa transición exitosa a un papel máis defensivo.[4]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, durante o trascurso da Eurocopa na que Jordi Alba participa, o Valencia e o Barcelona chegaron a un principio de acordo para o traspaso do xogador a cambio de catorce millóns de euros, polas seguintes cinco tempadas.[5] A mañá do 5 de xullo, pasou satisfactoriamente o recoñecemento médico e asinou o seu contrato, efectuándose a súa presentación esa mesma tarde. A súa cláusula de rescisión ascendeu á cifra de 90 000 000 euros.[6]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Jordi Alba celebrando o seu gol na final da Eurocopa 2012.

Jordi Alba foi 5 veces internacional coa selección española sub-21. O 30 de setembro de 2011 foi convocado por primeira vez para un partido da selección absoluta, coa que debutou o 11 de outubro de 2011 xogando en Alacant ante Escocia na fase de clasificación da Eurocopa 2012.[7] En 2012 seguiu sendo convocado coa selección e disputou a citada Eurocopa como lateral esquerdo titular. Marcou o segundo gol na final, que gañou España por 4-0 a Italia.[8]

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 Exipto Exipto Oitavos de final

Participacións en Eurocopas[editar | editar a fonte]

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa 2012 Polonia Polonia
Ucraína Ucraína
Campión

Participacións en Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos Sede Resultado
Xogos Olímpicos de 2012 Inglaterra Londres -

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Actualizado o 14 de maio de 2012.

Club Tempada Categoría Liga Copa Europa Total
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
España Gimnàstic 2008–09 Segunda División 35 4 1 0 - - 36 4
España Valencia 2009–10 Primeira División 15 1 2 0 9 0 26 1
2010–11 26 4 4 0 3 0 33 5
2011–12 32 5 8 0 10 1 50 5
Total 73 10 14 0 22 1 108 11
España Barcelona 2012–13 Primeira División 0 0 0 0 0 0 0 0
Total carreira 108 10 15 0 22 1 145 15

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo País Ano
Eurocopa Selección española Polonia e Ucraína 2012

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Mellor lateral esquerdo do mundo, segundo Goal.com[9] 2012
Mellor lateral da Eurocopa 2012
Xogador revelación da Eurocopa, segundo MARCA[10] 2012
Incluído no Equipo Ideal da Eurocopa pola UEFA[11] 2012

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]