Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Togo
 |
|
|
A bandeira de Togo foi adoptada o 27 de abril de 1960 e foi deseñada polo Paul Ahyi e ten unhas proporcións prácticamente áureas (3:5).
A bandeira de Togo consta de cinco franxas horizontais iguais e de cor verde (parte superior e inferior) alternando co amarelo. No extremo superior esquerdo (do lado do pau) hai un cadrado vermello sobre o que aparece unha estrela branca de cinco puntas. A bandeira emprega as cores panafricanas, do mesmo xeito que a bandeira de Etiopía, aínda que o deseño da bandeira togolesa aseméllase ao da bandeira de Liberia, a cal faise eco á vez da bandeira dos Estados Unidos.
Cores e significado[editar]
As cores da bandeira de Togo teñen os seguintes significados:
- Verde: significa esperanza na agricultura.
- Amarelo: a fe no traballo, a estrela é a pureza.
- Vermello: a claridade, a fidelidade e o amor.
Bandeiras históricas[editar]
-
1957–1958
-
1958–1960
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]